Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CEA de Herman Koch
O próximo encontro do club de lectura será para comentar unha novela; "La Cena", do autor Herman Koch todo un best seller no 2009 que levouno a recibir o premio do Público.
Unha novela que parece modesta porque trátase dunha comida entre matrimonios amigos, pero segundo vai descorrendo a historia, vai acadando maior intensidade e tratará asuntos máis polémicos....

A sesión determínase para o venres 4 de abril a partir das 20.00 na cervexería Hibernia.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-03-2014 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
A MEMORIA DA CHOIVA de Pedro Feijoo
Unha novidade recentemente chegada ás librarías decidimos entrarlle a esta novela de misterio...Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras...

Unha reportaxe na tvg e a sesión para comentala fixouse o venres 28 de febreiro a partir das 20.00 no "Hibernia"
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-03-2014 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
CIRCE OU O PRACER DO AZUL de Begoña Caamaño.
A próxima reunión celebrarase o venres 24 de xaneiro a partirantes de acabar o ano, deixamos como proposta para o mes e o ano entrante unha nova lectura: Circe ou o pracer do azul, obra de Begoña Caamaño, que nos acerca a os mitos clásicos cunha visión cercana e actual.
Trátase dun libro que non deixa impasible a quen o le. Unha certeira reinterpretación do mito dende unha óptica feminina e profunda.

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-03-2014 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
RELATOS DO INESPERADO de Roald Dahl
Relatos do inesperado é un libro de contos do escritor británico Roald Dahl, un dos libros máis coñecidos da súa obra para un público adulto, porque seguro que un público máis novo lembra del títulos como "Matilda" ou "Charlie ou a fábrica de chocolate".
Os 16 relatos deste libro do inesperado din que marcan liñas do que é o resto da súa obra. A intriga, o humor negro e un desenlace que ao lector lle fai dar un chimpo de satisfacción, son os principais elementos que adornan a narrativa deste autor e, en particular, as destes contos que pretenden, ao igual que no seus contos para nenos, establecer unha fábula moral na maioría dos casos.
Existen algunos temas recorrentes como as apostas disparatadas (Gastrónomos, Hombre del Sur, Apuestas), o burlador burlado (Placer de clérigo, La señora Bixby y el abrigo del coronel), a muller submisa que de súpeto derrama de maneira explosiva todo o resentimento acumulado contra o seu marido (Cordero asado, La subida al cielo), a vinganza do home humillado (Nunc Dimittis, Lady Turton).
O día de reunión para comentar a obra será o venres 13 de decembro, na cervexería "Hibernia" como ven sendo habitual, a partir das 20.00.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-03-2014 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0