Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUBE DE LECTURA CON RUBEN RUIBAL |
|
Neste mes de febreiro o club de lectura de adultos, segue co mesmo libro co mes anterior, "Limpeza de sangue", así esperamos dar máis tempo na súa lectura para aqueles que non atoparon o libro ou non puideron lelo..
O noso seguinte encontro é o venres 27 de febreiro ás 20.00 h. na sala 2 do 2º andar, e contaremos coa presencia de Rubén Ruibal, autor do libro proposto.
?Limpeza de sangue (o sangue fai ruído)? de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuizoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.
[Presentación editorial]
|
|
|
|
|
|