Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Emilio Calatayud, o xuíz das sentencias educativas estivo en Galicia |
|
Emilio Calatayud estivo en Galicia, en concreto en Pontevedra e tamén na Illa de Arousa. Ofrecemos unha breve semblanza do seu paso por terras atlánticas onde descubrimos novas facetas deste gran comunicador. Anécdotas, experiencias moitas veces referidas en clave irónica, especialmente para provocar unha reflexión posterior ao humor sobre aspectos que a lexislación aínda non ten resoltos, pero tampouco a administración educativa. Puxo moita atención nos deberes que os pais e as nais temos. Soubo tamén situar ao auditorio na pel dun rapaz internado, na pel dunha nai dun rapaz delincuente, algo sempre difícil de transmitir. Deixou un abano amplo de preguntas e de propostas de mellora nos campos da xustiza e da educación con maiúsculas, é dicir, esa na que todos estamos implicados como cidadáns que somos.
Unha charla cos rapaces do Instituto e outra cos pais
Como tamén é habitual no proceder deste xuíz meticuloso e cordial, na Illa de Arousa na tarde do venres 1 de febreiro comezou dando una charla para os mozos e mozas do Instituto da Arousa para, logo dunha breve pausa, dar outra aos pais e nais que, como no caso dos rapaces, abarrotaban o salón de plenos do Concello. Alí estaban autoridades educativas e municipais interesadas tamén no que este xuíz viña a falar, unha sesión maratoniana para Emilio Calatayud que dun xeito afable e próximo falou coa claridade meridiana que o caracteriza ao longo de algo máis de catro horas. Esperamos poder contar con algún documento sonoro que recolla algúns momentos da súa intervención a resposta do Instituto da Illa quen foi o promotor desta vida a Galicia, terra por certo da nai do xuíz.
Polo de agora aquí queda esta pequena reseña. Podes saber máis desta estancia no enlace de máis abaixo.
|
|
|
|
|
|