O pasado día 11 de decembro celebramos a primeira das sesións do CLUB DE LECTURA CASAESCOLA INFANTIL e foi un rotundo éxito tanto nos contidos como no público asistente, tando de familias e docentes, como de nen@s. Unha marabillosa sesión na que ademais dos autores e do ilustrador, houbo algún pai que contou un pequeno conto sorpresa e tamén contamos "cunha pequena banda de músicos" que intentou emular a xa famosa do conto "A Banda de Vilacendoi".
Para rematar despois das lecturas dos contos traballados nas aulas e/ou nas casas, na presentación e consellos sobre os álbumes de literatura infantil por parte dos autores, dos efectos que aprendemos a usar nos debuxos dos personaxes que Xulio Gayoso realizou "in situ, da música da nosa pequena banda rematamos co gran éxito de Chema Heras que viña tan a conto nestas datas próximas a Nadal: Cando Martiño tiña ganas de mexar na noite de Reis".
Un pasiño máis neste primeiro trimestre do curso que no tocante a Animación á lectura pensamos que non puido ser máis completo, lembrando os II Encontros CASAESCOLA do mes de outubro pasado, complementaria tamén da realizada no mes de novembro da mao de Kalandraka Editora e a Secreatría Xeral de política Lingüística da Xunta. Iniciativas que dende o noso Colectivo queremos teñan carácter continuado para facer efectivo ese pulo á lectura entre os máis cativ@s.
O pasado venres 12 dedecembro realizamos outra sesión do CLUB DE LECTURA CASAESCOLA de ADULTOS e tivemos a fortuna de coñecer e compartir co autor de FESTINA LENTE unha enriquecedor e denso intercambio de palabras sobre a súa obra, charla tan amena como extensa, distendida e gratificante.
Soubemos da motivación do libro, que, quen consultara o blog de Marcos Calveiro xa tiña algunha referencia, pero o que non sabiamos era das vivencias máis persoais que o levaron a desenvolver unha novela que tiña moitas máis páxinas que as que ao final acabaron editándose cando despois de "peregrinar" por varias convocatorias de concursos literarios dentro e fóra das nosas fronteiras, foi finalmente galardoada e editada de inmediato, claro está cos recortes precisos. Falounos tamén da súa estrutura, de como hai partes e personxes que se poderían ter desenvolvido máis e de porque se presentaron como se fixo.
Un asunto que saíu foi a riqueza do léxico empregada, un labor de traballo árduo e consciente de Marcos por realizar unha obra artesán digna de tal nome. o gusto polas palabras, o seus significados, as etimoloxías e, como non, o uso da lingua, ese latín dos canteiros que se denomina tamén Verbo dos Arxinas que é un dos recursos máis chamativos da novela. ( Para quen desexe saber algo máis do tema facilitamos abaixo algún enlace.
Un encontro no que non faltaron ás chamadas á memoria e as lembranzas de Vilagarcía que Marcos coñeceu antes de iren a Vigo a vivir. Tamén deixou indicado unha nova proposta de lectura, deste gran lector de literatura galega, pois acostuma ler todo o que sae editado en galego. Recomendou unha obra e teatro do Premio Nacional de Textos Dramáticos na súa útima edición.
A proposta do mes de decembro para o CLUB DE LECTURA CASAESCOLA ADULT@S é de novo un autor próximo a Vilagarcía, un autor que acaba de estar en Culturgal na Coruña, facendo unha presentación do que é o seu primeiro traballo para a literatura de adultos (antes experimentou coa xuvenil).
A lectura titúlase FESTINA LENTE unha frase latina que vén significando nun sentido paradóxico "corre amodo". É unha proposta que nos vai levar a unha Galicia baixo-medieval, a unha Compostela sorprendente da man dunencadernador e do seu aprendiz, que vai ser o protagonista ao herdar o negocio do seu mestre na rúa d`Armada.
Hoxe venres 12 de decembro teremos oportunidade de compartir logo co autor esta nova lectura e animámovos a asistir e a compartir connosco esta feliz iniciativa que terá lugar como é habitual no Auditorio de Vilagarcía ás 20 horas.
Para quen queira saber máis sobre este autor existe entre outras propostas na rede un blog que podes consultar nos enlaces de máis abaixo.
Xa está polas rúas o cartel que anuncia a presencia en Vilagarcía de Chema Heras e Xulio Gayoso, ( para saber máis sobre eles podedes consultar nos elaces de máis abaixo) autores dalgúns dos textos sobre os que xirará a primeira sesión deste Club de Lectura Infantil que inauguramos. Non faltedes!
É todo un reto isto de crear un CLUB DE LECTURA INFANTIL CASAESCOLA. Tivo varios precedentes exitosos na recta final do curso pasado coa presentación de diversos libros (Pelo gato 24 e Para cantar e bailar)que nos animaron a crear unha experiencia de lectura que implica a nen@s, ás casas e as escolas por igual. Libros que son propostos ao conxunto dos centros de ensino de Vilagarcía e que mesmo chegarán ás casas para finalmente compartir cos autores e ilustradores un encontro onde todos os seus lectores: educadores, familias e especialmente os cativ@s serán participes deste intercambio de pareceres cos autores sobre as obras lidas. Será o próximo día 11 de decembro ás 18,30 na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía.
Nas seguintes entradas poderedes saber algo sobre as lecturas propostas que son:
- A Banda de Vilacendoi, cuxo autor e ilustrador é Xulio Gayoso.
-Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, de Chema Heras.
Ambos autores compartirar esta sesión connosco e propuxeron ademais un par de contos complemento ás lecturas anteriores:
- Frederick, de Leo Lionni
- Quen fala?, de Taro Gomi
Unha primeira proposta con autores que residen na comarca e que teñen libros moi indicados para esta experiencia. Son libros recomendados para un público infantil de 4 a 8 anos.
Unha fermosa creación, unha alegoría mitolóxica cargada de ironías, apenas catro minutos moi ben aproveitados e dignos de ser disfrutados. É o primeiro premio do Festival Internacionla e Animación de Berlín 2008.
Título orixinal: The Animator, L'Animateur, Der Trickzeichner, Banjo Frogs
Director: Nick Hilligos
País: Australia
Ano: 1999
Reparto: Animación
Duración: 3,42 min.
Guión: Nick Hilligos
Música: Jhon Garden
Fotografía: Nick Hilligos
Xénero: Fantasía, Curtometraxe, Animación
Productora/Distribuidora: Earthly Delights
O pasado día foi clausurada a Campaña Cantar e contar: Ler na nosa lingua cun éxito de afluencia de pais e nais , de mestres e mestras, pero sobre todo de nenos e nenas de Vilagarcía que nos baixos da biblioteca Municipal déronlle vida a contos e cantos en galego como remate dunhas sesións que recibiron nos centros arredor de 1300 rapaces, sesións nas que coñeceron contos como o dos "Chivos chivóns", que foi un dos máis aplaudidos, se cadra pola bo facer da parella de contacontos de Kalandraka que foron a alma destas sesións. Un éxito de convocatoria , a pesar de que podería realizar de xeito máis eficaz de poder utilizar a sala de exposicións do Auditorio, como nun principio se tiña pensado e que por desgraza estivo ocupada con outra exposición no tempo que durou esta marabillosa campaña niciativa da editorial e da Secretaría Xeral de Política Lingüística que esperamos teñan a ben realizar unha nova edición para o curso que vén para poder ir de xeito sitemático incidindo na importancia da educación dos nosos cativos na cuestión dos cantos , dos contos e da lingua, da nosa lingua. CASAESCOLA ofrécese a apoiar e axudar a facer posible este tipo de iniciativas que resultan tan eficaces e positivas na animación á lectura e a formación integral dos nosos nen@s.