Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DA REUNIÓN DO 4 DE DECEMBRO
NO PROCESO DE LEGALIZACIÓN DE CASA ESCOLA

Reunidos o mesmo día no que se publicaba o último informe Pisa, acordamos seguir esta proposta de orde do día:

1-Relato do camiño andado ata lograr o curso do mes de outubro: De CasA á Escola: Animar a ler é cousa de tod@s.

2-Aprobación dunha coordinadora para a legalización do colectivo coa finalidade de consolidar os Encontros CASA ESCOLA como reformulación da filosofía municipal de Animación á lectura, implicando a Cultura e Xuventude , ademais de Educación (inclúe reformular Lectorín).

3-Definición dos fines da asociación e outros asuntos de interese para a redacción dos estatutos, así como escoller unha directiva que formalice os papeleos precisos ante a Administración.

4-Promover novas iniciativas:
- Informar sobre o blog.
- Campaña de listados de libros para Nadal.
- Informar sobre un posible acto arredor da tradición oral e os xogo populares promovidos pola asociación de gaiteiros galegos e Brinquedia.
- Chamar ao Trasno das Letras ( ver o cartel da charla do curso pasado, a primeira actividade realizada a iniciativa do colectivo) e os contacontos para aulas de Primaria e Secundaria
- Estudar a creación dun Club ou lonxa de lectura para adultos Casa Escola.


Tras un prazo de 15 días de reflexión e aportacións de modificacións aos estutatos e fins que podedes consultar neste mesmo blog, serán formalizados ante a Administración pola Directiva,que foi escollida por unanimidade e que é a que segue:
Presidencia: Héctor Silveiro;
Vicepresidencia: Viqui Seijas;
Secretaría: Mela Estévez;
Tesoureiría: María J. Conde;
Vocalías(que atendendo ao número de centros de ensino presentes, sexan a través de docentes ou nais ou pais)son: Laura Real, Carolina Mendes e Jessica Romero.
Comentarios (2) - Categoría: NOVAS - Publicado o 07-12-2007 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Calatayud: Unha reflexión para o debate sobre a educación.
PARA UNHA ESCOLA DE NAIS/PAIS VIRTUAL

Este xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, coas súa ssentencias exemplares está sendo un referente para debates en Escolas de Pais e Mestres sobre os dereitos e deberes na Educación, sobre a comunicación necesaria entre todos os que teñen algo que dicir sobre a educación. É unha voz consciente da perda do norte da nosa sociedade e a necesidade de abordar con urxencia o debate sobre a educación dun xeito colectivo e innovador ante os índices de fracaso escolar.

Nese debate e na procura de alternativas recomendamos aos interesados no tema ver os seguintes videos:

PRIMEIRA PARTE



SEGUNDA PARTE


Para ver outros vídeos podes introducir o nome de Emilio Calatayud nun buscador que de seguro atoparás varios vídeos con diversas intervencións deste xuíz en charlas ou programas recentes de TV.



Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 05-12-2007 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Algúns libros das maletas de Federico

Nas maletas de Federico levaba unha chea de libros recomendables que seguindo os criterios que o propio Federico marcou no curso de outubro serían os que seguen:

Para lerlle nós aos nosos fill@s:

? BOAS NOITES (LIBRO DE TEA)
? COLECCIÓN DO BERCE Á LÚA
? A QUE SABE A LÚA?
? A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER?.
? ONDE VIVEN OS MONSTROS
? PAPÁ, POR FAVOR, CONSÍGUEME A LÚA!
? A EIRUGA LARPEIRA
? VAMOS A CAZAR UN OSO (Ekaré)
? LA SELVA (Planeta)
? A CENAR (Montena)
? LIBROS DEL CHIQUITÍN (Juventud)
? OH! (Kalandraka)

Para lerlles nós ou para que empecen a ler sos os nosos fill@s:
? CONTOS DE RATIÑOS( Kalandraka)
? SOPA DE RATOS
? OS TRES BANDIDOS
? FREDERICK
? NADARÍN
? PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO
? UN PESADELO NO MEU ARMARIO
? O COELLIÑO BRANCO
? CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
? A CEBRA CAMILA
? A MERLIÑA
? PANCHO
? SACAPENAS
? QUERES XOGAR COMIGO?
? AVÓS
? A BANDA DE VILACENDOI
? A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA
? LAGRIMAS DE COCODRILO (Faktoriak)
? EL GRILLO SILENCIOSO (Kókinos)
? ADIVINA CUANTO TE QUIERO (Kókinos)

Para ler a partir dos 9 anos:

? AH!
? A HISTORIA DE ERIKA
? 27 HISTORIAS PARA TOMAR A SOPA
? 28 HISTORIAS PARA RIR
? 29 HISTORIAS DISPARATADAS
? MIRAR A PINTURA (Faktoriak)
? PALABRAS DE CARAMELO (Anaya)
? LA AVENTURA FORMIDABLE DEL HOMBRECILLO INDOMABLE (Anaya)
? AFRICA PEQUEÑO CHAKA (Edelvives)


Para ler e recitar aos grandes poetas:

? MI PRIMER LIBRO DE POEMAS (Anaya)
? VERSOS VEGETALES (Anaya)
? POESÍA ESPAÑOLA PARA NIÑOS (Alfaguara)
? EL REINO AL REVÉS (Alfaguara)
? Poemas de R. Alberti , Lorca o Miguel Hernández (Nueva colección Alba y Mayo de Ediciones La Torre).
? OS SOÑOS NA GAIOLA (Xerais)
? OS NOSOS VERSOS (Xerais)
? POLA RÚA DOS VERSOS (Tambre)
? AS CATRO ESTACIÓNS (Galaxia)


Este é un libro ideal para poder lerlle o adulto un capítulo cada día aos nen@s a partir de 6 anos e para ler eles sós a partir dos 9 anos:

AS AVENTURAS DE PINOCHO (Kalandraka)




NOTA:
Insistimos na importancia de que ningún neno ou nena na carta aos Reis Magos deixe de pedir un libro para a súa biblioteca de aula ou para a súa biblioteca particular.


Tamén podemos deixar aquí a bibliografía esencial do curso de outubro sobre animación á lectura que citou Federico Martín Nebras.

BIBLIOGRAFÍA:

E. Fortun. Pues señor Ed. Olarieta
G. Rodari. Gramática da fantasía Ed. Kalandraka
A. Pelegrín. La aventura de oir Ed. Cincel
A. Pelegrín. Cada cual que atienda a su juego Ed. Cincel
F. Martín. Recrear la escuela Ed. Alameda
V. Propp. Morfología del cuento Ed. Fundamentos
V. Propp. Las raíces históricas del cuento Ed. Fundamentos
D. Pennac . Como unha novela Ed. Xerais
S.C. Bryant. El arte de contar cuentos Ed. Hogar del libro
B.Bettelhein. Psicoanálisis de los cuentos de hadas Ed Crítica
B. Bettelhein. Aprender a leer Ed. Crítica
P. Martín. Que cousa é cousa? Ed. Galaxia
E. Cirlot. Diccionario de símbolos Ed. Labor
A.R. Almodóvar. Cuentos al amor de la lumbre( I, II) Ed. Anaya
Dedín dedín de pequenequín Ed. Do Castro
Lerias e enredos para os máis pequenos Ed. Galaxia
Adiviñanceiro popular galego Ed. Xerais
Comentarios (1) - Categoría: Maleta de Libros - Publicado o 05-12-2007 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Na procura duns fins que definan o Colectivo CasaEscola
Tras da reunión do día 4 de decembro comeza a conta atrás para legalizarnos como asociación e esta é a proposta inicial de fins que definen ao Colectivo CASAESCOLA:

a) Facilitar a comunicación entre os distintos membros da Comunidade Educativa, especialmente os docentes e as familias na procura dunha mellora da educación.

b) Formar e traballar na animación á lectura promovendo o uso da palabra e da literatura como vehículo fundamental da nosa formulación como seres humanos.

c) Propiciar encontros entre os membros da Comunidade Educativa arredor de diversos temas para promover unha comunicación fluída e enriquecedora.

d) Concienciar a Comunidade Escolar de que a Educación non remata nas aulas.

e) Fomentar e recuperar espazos e tempos da comunicación da adult@-nen@, especialmente a través do canto, do conto e do xogo.

f) Propiciar a creación e a comunicación como dous elementos intimamente unidos ligados esencialmente á mecánica da socialización.

g) Reflexionar sobre a práctica educativa e a aplicación dun ideario renovador no Ensino.

h) Crear unha nova mentalidade ante o feito educativo máis dinámica, humana e crítica.

i) Promover o coñecemento, a dignidade e o fomento da nosa cultura e da nosa lingua como un dos camiños para sermos universais.

Se queres engadir, suprimir ou modificar algo pulsa un pouco máis abaixo en comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: Quen somos? - Publicado o 05-12-2007 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Unha valoración do curso de outubro
O cartel do cursoEn palabras dos que fixeron o curso: "Excelente?? ?unha experiencia inesquecible?? ?queremos máis?? Un curso que levaba máis de seis anos esperando esta oportunidade de darlle á animación á lectura un pulo dende un colectivo en teoría concienciado, o dos mestres, e outro colectivo de sempre descoidado, o das nais e pais dispostos a poñer en común a tarefa de educar. Do curso saíron os primeiros sorprendidos e ilusionados co seu labor de docentes e os segundos tamén ilusionados e necesitados de máis experiencias como esta. Soubo a pouco dicían todos.

Inauguramos o curso coa presenza da Concelleira de Educación, Susana Camiño, á que agradecemos a sensibilidade que amosou co tema desde o principio da súa xestión, que como sabedes foi nesta lexislatura cando se puxo ao fronte da Concellería que anteriormente dirixía Victoria Hierro e que fora quen colocara unha primeira pedra deste proxecto ao rematar a lexislatura pasada coa celebración do Trasno das Letras en todos os centros de Infantil e Primaria de Vilagarcía e presentar o proxecto Casa Escola coa charla de Manuela Rodríguez Lorenzo, mestra e asesora da prestixiosa editorial Kalandraka no mes de maio pasado. O curso contou cunha cobertura organizativa que permitía, como é lóxico, unha homologación administrativa grazas a disposición de Escola Viva da UXT. O seu presidente, Raúl Gómez, estivo tamén presente na inauguración do curso.
Acudiron como a todos os cursos aquelas persoas da docencia necesitadas de puntos e axiña se deron de conta que este curso ía ser diferente, pouca teoría e moita práctica, aprender a cantar, contar e xogar, e tamén algo moi importante saber qué, cándo e por qué se canta, se conta ou se xoga.

A importancia de cantar
O primeiro dos relatores, Federico Martín Nebras, durante o luns e o martes en sesións ininterrompidas de máis de tres horas. Primeiramente fixo un compendio da importancia de cantar nos primeiros momentos da vida dunha persoa, apostando pola da tradición oral como fonte esencial de alimento dos infantes, falou para o entorno dos pais e das nais fundamentalmente, ata chegar á fronteira dos tres anos.

?de contar?
Na sesión do día seguinte falou xa mais para os mestres sen descoidar o labor da casa como os dous polos nos que se apoia a educación lectora dun neno, pero centrouse nos profesionais da educación como motores responsables nesta etapa transcendental co conto como ferramenta. Nunha xornada densa en contidos, pero que a todo o mundo lle pareceu curta polo amena, comezara de todo os xeitos cun mito entre grego e mesopotámico con Narciso e Eco como protagonistas.

Outra vez? outra vez? pedían o máis centenar de mestres, bibliotecarias, as nais e os pais que alí estaban? e podemos dicir que xa estamos traballando efectivamente no curso do ano que vén, pero como tamén se dixo ao concluír esta sesión non imos deixar pasar tanto tempo, queremos máis e realizaremos máis actividades no presente curso, pero antes temos que facer o colectivo Casa Escola sexa algo máis que un pequeno de grupo de pais, nais e mestres interesados, xuntarémonos todos os interesados que podemos afirmar que son moitos e consolidaremos o proxecto en base ás necesidades e premisas que no curso se estableceron: animar á ler é cousa de tod@s.

?e xogar
Quedaba o terceiro dos pes, o de xogar para a xornada do sábado. Dividímonos o centenar de persoas asistentes en dous grupos para posibilitar o xogo e, baixo a dirección de Manuel Solla Barragáns, aprendemos a xogar e o por qué dos xogos. Foi tamén unha posta en común de experiencias sobre a existencia e a convivencia a través do xogo moi enriquecedoras, moi prácticas, lonxe da teoría. E tamén foi moi emotivo o final da xornada coa valoración dos participantes, mesmo dos que viñan en busca dos puntos do curso porque están preparando oposicións e lonxe de ser un curso máis foi unha sorpresa, un xeito de desconectar por unhas horas do diario, duro e monótono traballo do estudo na casa e aprender moito sen tomar ningún apunte. Mestres con anos de docencia que lles serviu de reflexión gratificante sobre o seu labor, nais desesperadas que atoparon un camiño co que comunicarse cos fillos, pais que volveron a ser nenos e a valorar o que os nenos precisan. Mestres, pais e nais que se sentiron próximos, dispostos para darse a man, como no xogo da roda, necesitados e satisfeitos da relación mutua neste duro labor de educar.

Ilusionados saímos os que estivemos esperando varios anos a que este proxecto se puxera a andar porque cremos que desta, e grazas a vós, vai.

Nota: Animádevos a comentar neste blog de Casa Escola a vosa experiencia no curso.

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 03-12-2007 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0