Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Clausúrase Cantar e contar: ler na nosa lingua
Un simple aviso apara os que pasen polo blog de CASAESCOLA, o próximo mércores día 26 haberá unha sesión de contacontos para as familias na biblioteca municipal ás 18,30 da tarde con motivo da clausura que Kalandraka editoria ten previsto realizar da campaña que leva todo este mes de novembro estivo levando a cabo cos centros de Vilagarcía. Máis de 1300 nenos e nenas participaron e beneficiáronse desta marabillosa iniciativa. Podedes curiosear nalgunhas das actividades realizadas como o obradoiro de escrita no enlace proporcionado máis abaixo. Non faltedes!
Curioseando III
Curioseando II
Curioseando I
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 25-11-2008 07:03
# Ligazón permanente a este artigo
KALANDRAKA PRESENTOU A CAMPAÑA EN VILAGARCÍA

CANTAR E CONTAR: LER NA NOSA LINGUA
A editorial Kalandraka presentou onte a Campaña que co patrocinio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta e a colaboración do Concello de Vilagarcía se vai levar a cabo ao longo do presente mes de novembro para arredor de 800 nen@s da nosa vila.
A presentación para educadores, que contou tamén coa presenza dunha representación do Colectivo Casaescola, tentou explicar como se ían desenvolver o calendario de Contacontos e Obradoiros nos distintos centros, ademais de poñer exemplos prácticos do tipo de contos e fórmulas escollidas para contar e cantar. Manuela, Paco e Ana tamén fixeron unha proposta de traballo coa lingua que podería resultar un interesante traballo de interese para a recuperación da tradición oral no conxunto da Comunidade Escolar de Vilagarcía, a denominada o "Libro da memoria".
Hoxe xa comezan as sesións de contacontos que irán rotando polos distintos centros que se anotaron para participar da campaña.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 11-11-2008 06:11
# Ligazón permanente a este artigo
CANTAR E CONTAR; LER NA NOSA LINGUA EN VILAGARCíA

CASAESCOLA COLABORA COA INICIATIVA
Chega a Vilagarcía esta iniciativa que propuxo a Editorial KALANDRAKA e conta co patrocinio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e por suposto o apoio de infraestrutura do noso Concello.
Grazas a existencia de iniciativas de animación á lectura como as do Colectivo CASAESCOLA, como reza na proposta realizada no seu día,Vilagarcía foi un dos sete municipios de Galicia escollidos para realizar esta campaña tan especial. Desde logo Casaescola está moi agradecida por ter pensado na nosa vila para desenvolver este proxecto que se complementa tan ben coas nosas propostas relacionadas con aspectos que nos interesan, lingua e a lectura.
Trátase dunha campaña que define moi ben o seu título xenérico e que inclúe a longo de case un mes de actividades como son exposicións , contacontos, música, obradoiros de escritura, espazo de lectura, unha serie de charlas, ademais dunha festa de clausura das que poderán gozar a nosa Comunidade Escolar de Infantil e Primaria.

O interesante calendario que se aveciña é o seguinte:

LUNS 10 de novembro: ás 18h. Presentación e visita guiada para mestres e educadores.

MARTES 11 de novembro: Comezan as sesións de contacontos de 10 h a 11,30 h.

Do mércores 12 ata o mercores 26 de novembro todos os dáis da semana haberá sesións de contacontos de 10 a 11,30 da mañá agás os venres 14 e 21 e tamén o luns 24 nos que se realizarán os Obradoiros de escrita.

E a clausura será un Contacontos para as familias o MÉRCORES 26 de novembro ás 18,30h.

Hai que dicir que as sesións de contacontos vai dirixida a nen@s de 4 a 8 anos en grupos de 50 que se distribuirán os distintos centros de Vilagarcía. Os Obradoiros de escrita serán para grupos de 25 nen@s de 9 a 11 anos.

Así que xa sabedes durante este mes " Cantar, contar e ler na nosa lingua".

PARA SABER MÄIS SOBRE ESTA CAMPAÑA
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 06-11-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0