Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REUNIÓN PARA CONSTITUÍR LEGALMENTE O COLECTIVO CASA-ESCOLA


Xa está convocada para todos os interesad@s nos cursos de Animación á Lectura (como o celebrado no mes de outubro pasado) unha reunión na que se pretenden poñer en marcha diversas iniciativas relacionadas co tema e especialmente constituír legalmente o colectivo CASA ESCOLA coa finalidade, entre outras cousas, de poder organizar novos encontros entre docentes e nais e pais, unha das solicitudes que foi unanimemente compartida polo centenar amplo de asistentes ao curso.

A reunión será o próximo martes día 4 de decembro no Seminario 2 do Auditorio de Vilagarcía a partir das 8 da tarde.
Un saúdo Héctor M. Silveiro Fdez, coordinador provisional do Colectivo CASA ESCOLA de Vilagarcía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2007 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DO CURSO: DA CASA Á ESCOLA, ANIMAR A LER É COUSA DE TOd@S

CURSO DE FORMACIÓN
Título:
DA CASA Á ESCOLA, ANIMAR A LER É COUSA DE TOD@S
Este curso que organiza Escola Viva e conta coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Vilagarcía é unha iniciativa que a proposta do Colectivo ?Casa-Escola? ( un grupo de mestres e de nais e pais de nen@s escolarizados en Vilagarcía propuxeron ao Consello Escolar Municipal). Esta proposta xa se presentara con motivo da chegada aos centros escolares de Infantil e Primaria de toda Vilagarcía do TRASNO DAS LETRAS GALEGAS unha actividade que foi completada no mes de maio do curso pasado cunha charla que levaba o mesmo título que o curso que agora presentamos.
Este curso como todas as actividades anteriores e as que se teñen pensado para o futuro teñen como denominador común a procura do traballo conxunto e coordinado da CASA coa ESCOLA, é dicir, das familias cos mestres/as nunha campaña de animación á lectura. Trátase pois dunha iniciativa nova no conxunto de actividades de promoción desta ferramenta fundamental na formación dos nosos rapaces e que precisan para o seu éxito da participación de cantos máis profesionais da ensinanza e máis familias mellor.
Para a realización do curso que para facilitar a asistencia e non facelo moi denso está deseñado cunha duración total de 10 horas, contamos ademais coa presenza de coñecidos expertos na materia de animar a ler, como é o caso da coordinadora do curso Manuela Rodríguez, mestra e asesora da prestixiosa editorial Kalandraka, de Manuel Solla Barragáns, contacontos e recoñecido director teatral, e especialmente o relator Federico Martín Nebras, escritor, contacontos e coordinador de cursos de animación á lectura en toda España.
Puxemos en marcha este curso coa esperanza de que sexa acollido coa ilusión que poñemos os organizadores nesta experiencia que seguro enriquecerá a Comunidade Educativa do noso concello.

COORDINADORA DO CURSO: MANUELA RODRÍGUEZ LORENZO, mestra de Educación Primaria, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil e asesora do Departamento de Literatura Infantil da Editorial KALANDRAKA.
RELATOR: FEDERICO MARTÍN NEBRAS, escritor, contacontos e animador á lectura.Colabora e coordina Seminarios de literatura infantil e xuvenil en toda EspañaParticipa como ponente en numerosos Congresos internacionais de literatura.Imparte cursos e charlas en España, Italia, Colombia, México?
RELATOR: MANUEL SOLLA BARRAGÁNS, experto e recoñecido director teatral, contacontos e relator en múltiples actividades de animación á lectura.
DÍAS DE CANTAR, CONTAR E XOGAR
A memoria:
- A primeira poesía?os cantos
- Dos cantos nacen os contos
1- O conto tradicional:
- Contos de onte, contos de sempre
- Os contos como espazo de encantamento
2- Xogar e Contar.
OBXECTIVOS:
? Valorar a memoria colectiva como ben común.
? Recuperar os momentos máxicos do tempo de contar e cantar.
? Cantar e contar para animar a ler.
CONTIDOS:
Días de cantar:
- O que se lle canta aos infantes.
- De onde veñen os cantos.
- O corpo do infante, espazo de escritura.
- Nanas e cantos corporais.
- Os xogos e as cancións.
Días de contar:
- Os contos marabillosos
- Cando naceron?
- Como son?
- Que contan os contos?
- Decálogo de cómo contalos.
Días de xogar e contar.

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 24-11-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mestres e pais aprenderán a contar contos a través do curso sobre animación á lectura
?Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s? ;. Este é o título do curso que se desenvolverá do 22 ó 27 de outubro no Auditorio co obxectivo de ensinarlles a profesores, pais e nais as técnicas máis axeitadas para contar contos e a fomentar o hábito da lectura entre a poboación infantil, tanto na escola como na propia casa. A Concellería de Educación colabora nesta interesante iniciativa organizada polo colectivo Escola Viva.
A actividade contará coa participación de expertos na materia de animar á lectura. De feito, entre as persoas que impartirán o curso atópanse Manuela Rodríguez, mestra e asesora da editorial Kalandraka que ademais coordina a actividade; Manuel Solla Barragáns, contacontos e recoñecido director teatral; e Federico Martín Nebras, escritor, contacontos e coordinador de cursos de animación á lectura en toda España.

O curso ten unha duración de 10 horas e é gratuíto. As clases impartiranse no Auditorio, os días 22 e 23 de 19:00 a 21:30 horas e o día 27, sábado, de 10:00 a 14:00 horas. As inscricións poden realizarse xa nas dependencias de Escola Viva, en FETE-UGT de Vilagarcía, ou na Concellería de Educación. O número de prazas específicas para docentes en activo, con preferencia dos que traballen en Vilagarcía, é de 50. Aparte poderán anotarse pais e nais.

Monitores para os nenos
Para facilitar a participación de pais e nais, a organización disporá dun servizo de monitores para o coidado e entretemento dos fillos durante as horas do curso. Co obxectivo de prever o número de monitores que será preciso contratar, a Concellería advirte da necesidade de que as inscricións de fagan coa maior brevidade posible e que se indiquen nelas o número de nenos que traerán.

A realización desta actividade partiu da asociación ?Casa-Escola?, un grupo de mestres, nais e pais de nenos escolarizados en Vilagarcía, que plantexaron a idea a través do Consello Escolar Municipal. O departamento que dirixe Susana Camiño valorou positivamente a iniciativa e decidiu implicarse nela posto que encaixa coa estratexia que está seguindo a concellería de Educación con actividades como o Trasno das Letras que se levou a cabo o curso pasado nos centros de Infantil e Primaria e que persegue promocionar á lectura dende as idades máis novas como ferramenta fundamental que é para a formación dos rapaces.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2007 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0