Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha carta de despedida de Begoña Caamaño |
|
A escritora Begoña Caamaño vén de falecer despois dunha loita coa enfermidade. lembrarémola como unha eterna Penélope tecedeira de historias, disposta a navegar, ela tamén, ou mesmo a formar parte da Maga Morgana da Celtia eterna, se cadra en Esmelle, disposta a vivir unha vida distinta.
Fomos en Casaescola conscientes desta loita coa morte e co silencio obrigado, pois foi imposible realizar un Encontro coa autora, como lle solicitaramos ignorantes do seu padecer, e ao que ela mesma accedera, pero que un repentino e indesexable empeoramento na súa fráxil saúde impediu lamentablemente para sempre. A morte levouse con ela seguramente un bo feixe de boas historias que contar, tanto como o son as que deixou xenerosa e alegre para todos nós.
Gardamos dela gratos momentos da lectura dos seus libros, palabras e historias que dificilmente esqueceremos mentras vivamos pois chegaron ben fondo aos nosos corazóns. Tamén o fixeron os distintos correos electrónicos que ela nos enviou privadamente desculpándose por non poder acudir ao Encontro previsto e que gardamos en privado para os nosos adentros con todo o cariño que rezuman.
Quixeramos, despedirnos dela coas súas palabras, coas palabras que dirixidas a súa amiga e cantante Uxía Senlle acaban de facerse públicas e que vos invitamos a ler no seguinte enlace do Sermos Galiza.
Un Alalá das Mariñas para Begoña
|
|
|
|
O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN de Berta Dávila |
|
Foi recomendado por Anxos Sumai e despois de pasado o vrán e lido demos en reunirmonos o pasado outubro para charlar sobre este libro que nos pareceu a todos sorprendente, fresco e recomendable, pois é un libro ben escrito, boa literatura. A orixinalidade da trama e a aparente sinxeleza da forma, as poucas páxinas do libro sorprendéronnos a todos, pero resultan esenciais para o a coherencia da novela. O xogo coa personalidade de Emma Olsen é outra das claves. Coñecer a esta autora tamén resulta sorprendente. O xogo constante co lector ou lectora do texto é unha dos grandes logros de Berta. Berta, unha autora moi nova, así resulta brillante e semella ter máis experiencia que a que a súa curta idade denuncia. Loable a descuberta dos Premios Repsol.
Podedes indagar na rede outros comentarios sobre o libro |
|
|
|
ENCONTRO COA AUTORA ANXOS SUMAI |
|
Pendente de redacción unha especie de crónica do encontro (desculpade, pero en cuestión de días estará na rede). |
|
|
|
|
|