Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN AUTOR ITALIANO PARA O CLUB DE ADULTOS
Todo comeza cun misterio: como aprender a vivir no medio dunha guerra. Como descubrir a amizade e o amor mentres as bombas matan e acaban coa dignidade da xente.
A Pensión Eva é un libro de Andrea Camilleri ( Porto Empedocle, Sicilia 1925) un dos grandes escritores italianos de hoxe, conta nesta novela una historia que se inicia co espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa deflagación do amor, máis forte que a norte.
Esta é a próxima novela escollida para proseguir co Club de Lectura de Adultos CASAESCOLA que terá lugar o próximo día 3 de novembro no Auditorio de Vilagarcía ás 20 horas da tarde.

Unha nova ocasión para poner en práctica este xeito de gozar da lectura que é compartir a túa visión da lectura realizada con outras persoas do teu entorno. Un pracer dobre o da lectura na intimidade e a da compartida. A pensión Eva din que deixa un arrecendo de tenrura mesturada con crueldade cando se le, iso é o que imos comprobar dentro duns días todos os asociados e amigos da lectura de Vilagarcía que o desexen.

Lembramos a existencia dalgúns exemplares para préstamo aos asociados na Biblioteca Municipal ou ben solicitando un exemplar para compra en calquera das librarías de Vilagarcía. É un libro editado por Galaxia na súa colección Biblioteca Compostela de narrativa Europe
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 08-10-2008 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
ANXOS SUMAI DE VILAGARCÍA A BARCELONA
Anxos Sumai estaba hoxe en Barcelona, ao pouco de estar en Vilagarcía inaugurando o Club de Lectura Casaescola para adultos foi invitada a participar na gran feira do Liber da capital mediterránea onde pronunciara´entre outras unha conferecia na Universidad de Barcelona baixo o título "Dentro do acuario".

Namentres aquí seguimos preparando un novo encontro de lectores para o próximo día 3 de novembro para adultos e para nenos e pais será no mes de decembro. Nos próximos días colgaremos máis información.
reseña en prensa
nun bloc catalá
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-10-2008 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0