Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DE NOVO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Despois do verán, tras da pausa do estío para enriquecernos con lecturas diversas e dispersas, pois o tempo da calor invita a distraer a mente en variadas lecturas , imos realizar un encontro coas lecturas do verán sobre a mesa. Como sempre no Auditorio e cara as 20 horas.
As lecturas que comentamos, entre outras porque algunha quedará no tinteiro, foron:
-La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel
- La soledad de los números primos , de Paolo Giordano
-O muiñeiro oubeador de Arto Pasilina
-Spam de Francisco Castro
- El dios de las pequeñas cosas de Arundhati Roy
-Porque somos como somos de Eduart Punset
-Playstation de Cristina Peri Rossi
-Contos de Truman Capote
-Xuntos e máis nada, de Anna Gavalda

-La ladrona de libros de Markus Zusak
-1984 Geoge Orwell
- Paracuellos (Cómic) de Carlos Giménez
- Mujeres de ojos grandes de Angeles Mastretta
-Pirata de María Reimondez
- Utopías piratas, de Peter Lambor Wilson
-Habitación 202 de Concha Blanco



Finalmente emerxeu un libro de poemas dun poeta portugués co curios título " O accidente" que nos levou a falar da obra dunha autora que forma parte do Club de Lectura, que temos entre nós e que foi escollida para ser obxecto da próxima lectura do noso club. Trátase de Susana Sánchez Aríns unha autora local que vén de gañar o premio de poesía Xosé María Pérez Parallé, titulado [De] construçom do cal deixamos aquí unha reseña do Faro das Culturas


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 17-09-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
900 nen@s de Vilagarcía comezan coa Odisea
Unha proposta audiovisual en galego arredor da ODISEA de Homero será unha das primeiras actividades das que aprenderán e disfrutarán os rapaces e rapazas dos centros educativos de Vilagarcía entre 9 e 12 anos, unha iniciativa moi loable que esperamos non quede na simple visualización senon que os docentes saiban aproveitar para tirar desta primeira actividade outras diversas que se propoñen realizar a partir dela.
Lembremos que dos 3200 nen@s que conforman a Comunidade Escolar de Vilagarcía serán uns 900 os que participarán desta actividade de Educación e Cultura do Concello.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 11-09-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
Este xoves 10 de setembro ás 20 horas e no auditorio de Vilagarcía terá lugar unha reunión convocada pola plataformagalegapolagratuidade.es dirixida ás ANPAS do Salnés coa intención de informar sobre a campaña que se está a realizar para esixir o mantemento do sistema de préstamo dos libros de texto para primaria e secundaria e denunciar o sistema de pago que se está implantando pola actual Xunta de Galicia.
Unha fórmula de protesta vai ser que os <b>alumn@ non leven os libros ás aulas . Por outra banda son xa moitos os colexios cuxas direccións rexeitan realizar o traballo de tramitar as solicitudes de axuda
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 10-09-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
OS ACADÉMICOS PETAN NA MESA
Cando está a piques de comezar o novo curso escolar a Academia Galega declara a atrvés do seu Presidente o seu desacordo coas medidas que sobre a lingua está tomando o actual goberno da Xunta. Podedes comprobalo en varios xornais. Por exemplo no Xornal de Galicia ou tamén no diario o País
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 07-09-2009 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA GRAN RESPOSTA EN FAVOR DO GALEGO

Centenares de docentes, nais e pais, tamén nen@s e rapaces e rapazas estiveron en Cambados reclamando o dereito a aprender en galego.
era unha concentración apoiada palas Anpas do Salnés, os departamentos de Normalización lingüística, a mesma Coordinadora de ENDL dos IES do Salnés,os sindicatos do Ensino CCOO, CIG, SGTE, UXT e as asociacións de ensinantes CANDEA, ASPG, Nova Escola Galega ademais, claro está do nos Colectivo CASAESCOLA.
Foi un acto emotivo no que tomaron a palabra diversos nen@s e rapaces para ben recitar ou ler textos de Rosalía, Cabanillas, Manuel María ou se Séchu Sende. Tamén foi un relato deste autor o escollido para ser lido por Viqui Seixas, mestra da Escardia e da directiva de CASAESCOLA. Este foi o texto
na Voz de Galicia
no FARO DE VIGO
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS - Publicado o 25-06-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
TOD@S Á CONCENTRACIÓN EN CAMBADOS
Vén de convocarse unha concentración patrao próximo día 25 de xuño ás 20,30 horas no paseo da Calzada en Cambados da que CASAESCOLA participa pois é unha convocatoria feita a raíz da iniciativa do noso Colectivo de convocar un acto informativo do pasado día 15 de xuño dirixido á Comunidade Escolar de Vilagarcía á que se engadiron de xeito natural centros como a Pastora de Cambados ( no acto estiveron tanto docentes como a ANPA) cunha problemática intimamente relacionada co tema da consulta sobre as linguas, como é o feito de que se pretenda suprimir o Plan experimental do galego, que leva xa varios anos en funcionamento.

A convocatoria é ben ampla colectivos de docentes, ANPAS e sindicatos da comarca apoian esta concentración coa que se espera dar realizar unha última contestación tanto a mal intencionada e acientífica enquisa e á política contraria ao galego que parece querer implantar a Consellería de Educación
carta dunha estudante
un SI ao galego no ensino
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 23-06-2009 06:17
# Ligazón permanente a este artigo
Lingüística e Nacionalismo
Están circulando pola rede algunhas conferencias do catedrático madrileño Juan Carlos Moreno Cabrera sobre a cuestión das linguas no Estado Español resulta bastante interesante nestes momentos.

Unha moi interesante foi a que realizou sobre os prexuízos lingüísticos que trata esencialmente sobre estes tres prexuízos:
- Para entenderse hai que falar a mesma lingua.
- O galego non serve para comunicarse fóra de Galicia.
- Toda promoción dunha lingua que non sexa "común" vai en detrimento do entendemento.

Neste outra que circula por Youtube sobre Lingüístia e Nacionalismo xira arredor dos seguintes temas:

- O avolengo documental do español.
- As virtudes do castelán primitivo.
- A conversión do castelán en español.
- A dialectalización do castelán moderno.
- O español como lingua común.
- O español global

Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS DE INTERESE - Publicado o 20-06-2009 07:19
# Ligazón permanente a este artigo
Unha aclaración gráfica na enquisa

Espalla este gráfico, envíao aos teus coñecidospara aclarar ben a enquisa de Educación.
COACCIÓNS E LEGALIDADE
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 17-06-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
CONTUNDENTE REXEITAMENTO ÁS ENQUISAS
Tras a realización do acto informativo que CASAESCOLA realizaou onte sobre as enquisas enviadas pola Consellería de Educación aos centros de ensino, puidemos constatar un total rexeitamento por parte dunha gran parte dos docentes que alí estaban representados, como tamén por das ANPAS. De feito tanto os Directores dos centros de Primaria e Secundaria de Vilagracía teñen pensado realizar unha xuntanza no dia de hoxe e pola súa parte as ANPAS pensan facer outro tanto ante o que se califica unanimemente dunha consulta tramposa.
Os membros dos Equipos de Normalización dos centros do Castro Alobre ou do Bouza Brei, así como os tres sindicatos do ensino representados, CIG, CC.OO. e UXT mesmo algúns directores presentes denunciaron a falta de garantías democráticas que este proceso presenta, tanto no enunciado das cuestións como no tratamento posterior dos datos. Tamén se evidenciou o seu carácter partidario e que está creando un conflito onde non o había. Trátase, segundo se concluía no debate, dunha medida que xustifique ante a opinión pública a derrogación do Decreto actual, decisión que parece que xa se ten tomada de antemán e motivo polo cal estas enquisas non presentan rigor ningún, son como se dixo "un paripé".
Mentres que a Consellería nos medios de comunicación segue anunciando que o proceso se está desenvolvendo sen problemas, onte unha asemblea de directores de toda Galicia se xuntaban en Santiago ou centros como os de Educación Especial de Vilagarcía, por poñer un exemplo aínda non recibiran a Enquisa, non terá pensado a Consellería enviar a consulta aos pais deste centro?.
nota dos directores de Vilagarcía
no FARO DE VIGO
Claustros de Profesores tamén
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 16-06-2009 06:33
# Ligazón permanente a este artigo
CONFUSAS ENQUISAS SOBRE O GALEGO
O Colectivo CASAESCOLA quere manifestar publicamente a súa preocupación polo que aparentemente aparece presentarse como un exercicio de liberdade e de procura da opinión das nais e dos pais por parte da Consellería de Educación da actual Xunta de Galicia. As enquisas sobre a utilización das linguas no ensino que se están enviando ás casas en realidade ocultan unha interesada e touticeira operación de confusión polas ?eivas? que presenta. A consulta carece de rigor ao propoñer opcións de resposta enganosas e ambiguas aos pais e nais que na súa maioría son descoñecedores da distribución de materias que cursan os seus fill@s. Prevalece pois a propaganda mediática e as intencións máis políticas e partidarias que educativas. Denunciamos a escasa fiabilidade da mesma pola falta de rigor e de criterios elementais de sociolingüística e porque ademais se prohiben dende a administración educativa, a través de cartas ben explícitas enviadas a todos os centros de ensino, debates ou achegas de informacións aos pais e nais que exercerán unha opinión cuxos resultados ? serán tidos en conta á hora de deseñar as futuras políticas lingüísticas no ámbito da educación non universitaria de Galicia?.

Analizando as enquisas enviadas aos centros e reiterando os chamamentos e denuncias realizadas xa entre outros por todos os Sindicatos da Ensinanza e a Coordinadora de Equipos de Normalización dos propios centros, comprobamos que efectivamente presentan preguntas ambiguas e imprecisas. Por exemplo, cando un pai/nai queira manifestar que desexa que o seu fill@ reciba o 50% das materias en galego, deberá escoller unha opción que na enquisa aparece como ?todas en galego?(enunciado que, como é evidente, pode ser interpretado de xeito ben distinto por aquelas persoas que non coñezan a fondo a distribución actual das materias impartidas nos centros, que lamentablemente é a maioría da poboación).

Por outra parte, é sabido que o conxunto da sociedade, como recollen numerosos estudos de sociolingüística, está aínda moi condicionado polos prexuízos históricos que moitos galeg@s presentan cara a que é a lingua propia de Galicia. Por iso lamentamos que, para unha vez que se di consultar ás familias, se leve a cabo unha consulta tan irregular, precipitada e sen ningún valor científico, onde a información brilla pola súa ausencia e prohibindo o debate nos centros, necesario ante un tema complexo e de evidente transcendencia para o futuro do galego. Ten ademais esta consulta outras carencias democráticas como a de negar a opción a que nunha familia haxa dúas opinións diversas (volvemos a tempos pasados onde só era válida a opinión do cabeza de familia) e mesmo o carácter secreto non está plenamente garantido. Parece que esta consulta carente de rigor na distribución e no procesamento dos datos está supeditada ao interese político e partidario de xustificar un cambio na política lingüística que está alimentando a confusión, o conflito e a crispación arredor da lingua que nos une a todos os galegos.

CASAESCOLA como colectivo que intenta promover a comunicación entre os docentes e as familias sabemos que neste momento hai centros na nosa localidade onde debido a prohibición da inspección educativa impediuse unha achega de información ás familias por parte dos docentes ou ANPAS, creando unha vez máis unha maior distancia entre as casas e as escolas.

Este é o motivo de que o noso colectivo invite ao todos os pais e nais de Vilagarcía a participar nun acto informativo sobre estes cuestionarios que unha boa parte da Comunidade Escolar xa recibiu este venres e outra seguramente recibirá o próximo luns. O acto terá lugar o próximo luns día 15 ás 20 horas na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía. No mesmo participarán membros de distintos Equipos de Normalización dos centros de ensino do municipio.

Dende CASAESCOLA desexamos que se escoite ao conxunto da Comunidade Educativa, mesmo aos docentes e aos sindicatos ensino cando reclaman que o que realmente se debería facer chegar á sociedade (no seu conxunto, non só os pais ou as nais) unha proposta de implicación á hora de garantir na educación a competencia lingüística nos dous idiomas oficiais en Galicia, ademais da incorporación máis decidida de linguas como o inglés ou o portugués.


Vilagarcía de Arousa 11 de xuño de 2009
no Faro de Vigo
na Voz de Galicia
Opinión dos ANPAS de GALICIA
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS - Publicado o 13-06-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [14]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0