Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOBRE ADOLESCENCIA CON CARMEN LOUREIRO
Inauguramos os III ENCONTROS CASAESCOLA coa primeira das charlas previstas, unha boa presenza de público maioritariamente formado por nais e pais con adolescentes e preadolescentes na casa. Carmen Loureiro como educadora experimentada nos diversos procesos de crecemento dos rapaces e rapazas, (leva xa 30 anos exercendo), colaboradora da Rede Noria, un proxecto de posta en común neste tipo de experiencias do ensino, invitounos a coñecer mellor aos adolescentes, saber que hai que preparar esta etapa antes de chegar a ela e que pais, nais e educador@s somos responsables do mundo no que os adolescentes teñen que desenvolverse con ese plus de perigosidade que conleva esta etapa para @s nos@s moz@s.
Analizou a problemática adolescencia coa complexidade que o tema precisa, poñendo en evidencia a etapa de carencias polas que pasan e partindo de cales son as claves nas que calquera de nós se move pola vida e como esas mesmas premisas (de estado de saúde, seguridade, amor, pertenza,de estima e auto-realización) para un/unha adolescente presentan unha inestabilidade semellante a da nécora que está a cambiar o cacho. De aí que sexan tamén presa fácil para os ?congros? que saben desta situación de debilidade que @s moz@s viven. De aí a importancia de que os pais/nais e docentes esteamos ben atent@s a evitar que ese contexto no que viven, que foi creado por nós, provoque o seu naufraxio. A adolescencia dos nos@s fill@s é un reto polo que temos que pasar tanto eles coma nós. Unha etapa na que non podemos deixalos ?orfos? deixándoos sen os límites que @s adult@s debemos saber situar.
Tanto @s adolescentes coma nós pasamos por un momento de dó; el@s pola infancia que perderon, nós pol@ nen@ que medrou sen posibilidade de retorno. Unha boa técnica que Carmen recomendou aplicar sistematicamente é a dos dereitos e deberes, cada dereito que se exerce debe acompañarse do recoñecemento do seu deber. Pasamos da sociedade sen dereitos na que todo eran deberes, a do franquismo, aos anos nos que os dereitos son esenciais, pero debemos saber que todo dereito implica un deber. Non se trata de pensar que calquera tempo pasado foi mellor, non. Cómpre saber que hai unha porcentaxe de nais/pais ausentes do seu labor como educadores. Non se trata de seren autoritarios nin indiferentes, senón de procurar un punto medio no que saibamos poñer límites, exercendo como adult@s que somos, o que Carmen denominou ?autoritativos?, é dicir, coa capacidade para ser cálidos na relación con el@s e saber actuar ante os conflitos ineludibles e evitables que van xurdir. Traballar co denominado semáforo na resolución dos problemas, é dicir, deterse para non actuar en quente cando nin eles nin nós podemos abordar a discordancia con garantías e sen paixón, esperar ao momento laranxa apto para falar e finalmente coa color verde avanzar nun compromiso e resolución teórico que debe ser efectivo máis adiante na práctica do día a día. Lembremos que necesitan negar o modelo que nós fomos para eles. Saber acompañar no sentimento aos adolescentes nese loito, nese momento de tristeza polo que están pasando porque se están buscando a si mesm@s. Procurar que comprendan a empatía, a colocarse no lugar dos demais é pois moi importante, tanto como que se traballe con eles o respecto á diversidade e o dereito a discrepancia. Carmen deunos entre outros este bo consello para o trato diario: botarlle un pouco de suavizante aos seus ?modais? ( ou dito doutro xeito ás habilidades sociais d@s nos@s adolescentes, tamén de nós mesm@s).
No remate Carmen que gustou de usar citas e textos de especialistas sorprendeunos cun moi emotivo texto dun rapaz latinoamericano que nunha carta-poema a súa nai recoñecía todos e cada un dos valores cos que se foi educando no día a día ?cando crías que eu non miraba?.
Finalmente abriuse un debate a preguntas do público antes de concluír cunha reflexión en voz alta: ?a educación é un deber colectivo da tribo?.

?O pesimista queixase do vento,
o optimista espera que cambie,
o realista axusta as velas?

Con esta cita Carmen Loureiro rematou e recolleu un forte e cariñoso aplauso dos asistentes agradecid@s polo enriquecemento das súas consellas, pola claridade, contundencia e precisión das súas palabras,porque despois da súa charla entendemos e queremos máis aos nos@s adolescentes e pola cautivadora, coherente e suxerente montaxe coa que acompañou a súa disertación. Non será a derradeira ocasión que Casaescola conte coa súa colaboración.

É moi interesante a entrevista que lle fixo o FARO DE VIGO

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 01-12-2009 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCAR PARA MEDRAR lema dos III ENCONTROS
Este é o lema escollido con esta intención naceron os ENCONTROS CASAESCOLA procurar o achegamento entre a casa e a escola, entre as familias e os docentes para poder compartir cada comezo de curso experiencias que logo ao longo do mesmo vaian tendo a súa posta en práctica ou sexan iniciativas ou pautas para a mellora da educación entendida esta como algo compartido por mestr@s e nais/pais. "Educar para medrar" tratará da adolescencia, dos rapaces que se atopan nos derradeiros anos da Educación Primaria e daqueles que comezan a súa vida escolar.Casaaescola utiliza ademais como unha das súas ferramentas ou fíos condutores aos libros e a lectura como elementos substanciais do proceso do crecemento persoal e colectivo dos nos@s nen@s, aqueles que serán algún día cidadáns do futuro.
Poderás coñecer algo máis da nosa proposta para esta terceira edición dos encontros aquí nesta entrevista da VOZ DE GALICIA ao o noso voceiro.
reseña FARO de VIGO
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 26-11-2009 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
APRAZADO SINE DIE O ENCONTRO CON DOMINGO VILLAR
Lamentablemente vémonos na obriga de aprazar sine die o Encontro co escritor Domingo Villar por problemas familiares. Estaba previsto para mañá como unha sesión aberta aos lector@s deste magnífico autor , ademais ía servir como acto de inauguración dos III Encontros CASAESCOLA. Estade atentos e esperamos que saibades desculpar este inesperado e xustificado aprazamento.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 25-11-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO AUTOR CON DOMINGO VILLAR
Os III Encontros CASAESCOLA queren inaugurarse cunha sesión especial do CLUB DE LECTURA o próximo día 26 de novembro ás 20 horas no salón de actos do IES Castro Alobre de Vilagarcía. É unha sesión especial dos nosos Encontros con autor@s porque a ninguén se lle escapa que Domingo Villar é un dos escritores que dentro do panorama actual está sendo dos máis lidos nestes momentos, ten ademais grande éxito que se traduce en obras vertidas a outras linguas e milleiros de exemplares vendidos como é o caso de " OLLOS de AUGA". Algo semellante ocorre coa súa obra máis recente "A PRAIA DOS AFOGADOS" é ademais unha das lecturas recomendadas este curso nos Institutos de Secundaria en Vilagarcía. Este achegamento ao mundo literario de Domingo Villar a través deste Encontro quere non só ser unha experiencia enriquecedora para os lector@s adult@s senón tamén unha oportunidade para os rapaces de bacharelato de Vilagarcía de coñecer ao autor e compartir con el as impresións e suxestións da súa escrita. Trátase pois dun acto aberto non só aos socios e amigos habituais do noso Colectivo e do seu Club de Lectura, é unha invitación sincera e disposta a compracer a quen lle guste ou interese coñecer o mundo literario de Domingo Villar.
Sería recomendable escoitar Promenade namentres lemos algúns dos capítulos finais da súa obra "A praia dos afogados" ou quizás debería soar "a Canción de Solveig"
comentos na prensa
Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 22-11-2009 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
III ENCONTROS CASAESCOLA: Educar para medrar
"Educar para medrar" é o lema destes III ENCONTROS CASAESCOLA que confirman a boa marcha do noso proxecto. Desta volta ademais de contar co apoio da Concellaría de Educación, inestinable e prestixiosa colaboración de Kalandraka Editora, temos que anunciar unha colaboración moi especial, como é a do Colectivo de Anpas dos centros públicos de Vilagarcía que dende que lles informamos da posibilidade de sumarse a estes Encontros puxeron gran interese en engadir o seu potencial á hora de convocar aos pais e nais da Comunidade Escolar do Concello. Indicamos cal é o programa de actos deste ano:

III Encontros do Colectivo Casaescola:
EDUCAR PARA MEDRAR

Días 26* e 30 de novembro e 1 e 2 de decembro
no Auditorio de Vilagarcía

26 de novembro ENCONTRO CO AUTOR: Domingo Villar, unha actividade do CLUB DE LECTURA ADULTOS ?CASAESCOLA?.

*Lugar e Hora: 20 horas. Salón de actos IES CASTRO ALOBRE.

30 de novembro A PROBLEMÁTICA ADOLESCENCIA, por Carmen Loureiro
Lugar e Hora: 19,30 horas. Sala de conferencias do AUDITORIO DE VILAGARCÍA

1 de decembro A POESÍA NECESARIA, por Antonio García Teijeiro
Lugar e Hora: 19,30 horas. Sala de conferencias do AUDITORIO DE VILAGARCÍA

2 de decembro AS PRIMEIRAS LECTURAS (de 0 a 3 anos), por Ana Abelenda
Lugar e Hora: 19 horas. Sala de conferencias do AUDITORIO DE VILAGARCÍA

NOTA: Co mesmo horario os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro haberá no mesmo edificio do Auditorio un servizo de monitores para o coidado dos fill@s para facilitar a asistencia de nais e pais ao curso.
Comentarios (1) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 19-11-2009 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
DESENVOLVENDO O NOSO PROXECTO
Tras da celebración da Asemblea Xeral imos preparando o camiño dos III Encontros CASAESCOLA unha das actividades que son parte substancial do noso calendario, pero despois dos debates pensamos que está madura unha iniciativa, unha nova actividade ou grupo de actividades a incorporar na que están ademais interesados tamén outros colectivos próximos a nós como son o que constitúen as ANPAS dos centros de Vilagarcía de Arousa ou mesmo o recentemente constituído Ateneo Mar de Arousa. É por iso que saímos moi satisfeitos da Asemblea e dispostos a poñer en marcha e sen pausa estas ideas. Na próxima seman esperamos ter novas xa deste asunto. Estade atent@s!.
Namentres tanto aquí queda algunha reseña na prensa sempre atenta a todo que se move. Na Voz de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 13-11-2009 07:39
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA XERAL DE CASAESCOLA
De novo o noso Proxecto que é unha iniciativa aberta e participativa, ofrece esta oportunidade de debater e contribuír a desenvolvelo a partir desta Asemblea Xeral convocada para o próximo xoves día 12 de novembro ás 20 horas no Auditorio de Vilagarcía (no seminario 2. Unha Asemblea na que ademais de render contas a Directiva espera ampliarse e fornecer a súa composición de cara a asentar o calendario de actividades que se veñen realizando e mesmo incluír novas propostas de acción no terreo da Educación, da Animación á lectura e a comunicación entre os distintos entes da sociedade implicados no seu progreso. Sabedes que é un proxecto local, pero a berto tamén a compartir e aplicar experiencias doutros lugares no noso contexto, pero sobre todo interesados en anovar o eido educativo e promover un amplo número de actos de promoción da lectura como fonte de enriquecemento persoal e colectivo.

A todos os interesad@s asociad@s ou amig@s, coñecid@s ou non , invitámos a debater o noso Proxecto con nós.
Esta Asemblea é pois un momento de reflexión previo a os que serán os III ENCONTROS CASAESCOLA que proximamente anunciaremos.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 09-11-2009 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
SUSANA COMPARTIU ESCRITURA CON NóS

Onte nunha nunha nova xornada do CLUB DE LECTURA Susana Sánchez Aríns, unha compañeira coa que levamos compartindo lecturas, foi quen nos falou do seu libro [de]construçom , un fermosímo libro de poesía capaz de sorprender, de ilusionar, de estremecer e de obrigar a ver os obxectos, os sentimentos e os soños cos que nos dispoñemos a construír a casa que desexamos ou a vida que precisamos, a observar o universo dende as estancias doutro xeito. E na procura dos materiais mesmo a uralita vólvese unha oportunidade para a lembranza, o compromiso social ou a solidariedade. Axiña comprendemos que as persoas somos como as casas e que deben ser vistas por dentro.
Susana narrou a peripecia da súa creación que ten moito de xogo, que agocha moito traballo e que en boa parte está relacionada co feito real e non literario de que está rehabilitando unha casa. Das conversas coa arquitecta -recoñecía onte- naceron varios poemas e os libros de arquitectura que consultou, como o coñecido ensaio de Pedro del Llano, inspiraron tamén os seus versos. Susana descubriu poemas que lle levaron moito traballo como o titulado "na cozinha" ou que está moi orgullosa doutros inzados de plurisignificación como "arte da carpintaria". De feito, comentou que ela, repasa cada unha das acepcións das palabras que utiliza por ver se encaixan coa precisión que busca.
Houbo momentos na presentación emotivos e cargados de sensualidade como cando no comezo se presentou unha pequena montaxe de fotos, música e versos de "[de]construçom", que era unha pequena sorpresa agasallo para a nosa compañeira doutra amiga do Club; mais tamén foi Susana capaz de sorprendermos novamente a tod@s cun xogo para @s presentes, unha especie de exame -bromeu ela co seu natural humor- propoñéndonos recompoñer poemas do seu libro que aparecían fragmentados e que repartiu a cada un de nós, para que logo en parellas fortuitas fosemos localizando nunha improvisada palestra a foto ou ilustración que mellor lle acaía a cada composición. Logo do traballo convertemos o experimento en exposición improvisada como podedes apreciar ou intuir nas fotos que acompañan a estas liñas.
Comentarios (13) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 06-11-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
[DE]CONSTRUÇOM de Susasa Sánchez Aríns
Lembrar que xa temos data o 5 de novembro, xoves no Auditorio de Vilagarcía, temos como próximo libro de lectura (De)construçom de Susana Sánchez Aríns, natural de Vilagarcía e que obtivo con este libro o premio de poesía Pérea Pallarés este ano. Imos presentalo ademais en Vilagarcía coincidindo coa próxima xuntanza do CLUB DE LECTURA. Xa podedes ir procurando logo un exemplar nas librarías.




Será pois unha novidade neste curso, que empezamos dando entrada a poesía. Lembramos aquí tamén alguhnhas das referencias das que falamos no Club de Lectura pasado:

"Playstation" de Cristina Peri Rossi
"Poesía completa" de Silvia Plat
e especialmente de "O acidente" de Jorge Gomes, escrito en portugués, pero de fácil lectura, do que Manuel González mandanos un link:
http://www.wook.pt/ficha/o-acidente/a/id/195158

Para rematar imaxes doutra presentación deste libro de Susana en Braga, como vedes é un libro recente pero que xa ten viaxado un pouquiño:


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 02-10-2009 06:01
# Ligazón permanente a este artigo
SEN LIBROS NAS AULAS ATA O 30 DE SETEMBRO
A Asemblea de nais e pais do CEIP A Escardia secunda a proposta da Plataforma galega pola Gratuidade dos libros de texto.
Pola contra as declaracións do Conselleiro de Educación son ben distintas afirmando que o inicio de curso foi moi tranquilo.

A ANPA da Escardia to,ou esta resolución tras ser informadas o conxunto das ANPAS do Concello por unha representación da plataforma pola Gratuidade e nos demais centros de Vilagarcía están xa anunciadas asembleas de nais e pais que tamén debatirán este asunto. En todos os centros estánse a recoller sinaturas para esixir a volta atrás e o mantemento do sistema de préstamo.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 20-09-2009 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [14]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0