Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A biblioteca dixital mundial á nosa disposición!
Trátase dunha iniciativa moi interesante e curiosa á que podemos acceder en sete idiomas grazas á internet. Nela están os tesouros culturais das máis coñecidas bibliotecas do planeta. É por iso que vos invitamos a que entredes. Aquí está a dirección: www.wdl..org
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 21-01-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores libros galegos do 2009
Podedes botarlle unha ollada a esta selección de títulos e temas, de estilos e autores que destacaron ao longo do ano 2009 segundo diversos críticos literarios e que aparece na páxina do Consello da Cultura Galega: Culturagalega.org
Congratulámonos de que estea entre elas a da nosa compañeira e vilagarciá de nacemenento Susana Sanchéz Aríns coa súa obra [de]construçom.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 15-01-2010 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS DE NADAL TERCEIRO e SEGUNDO CICLO

O grupo de traballo das Bibliotecas Escolares de Vilagarcía remíntennos estas RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL:

TERCEIRO CICLO

?GENEALOGÍA DE UNA BRUJA?
Perez, Sébastien
Lacombe, Benjamin
Ed: Edelvives

Caixa regalo que contén dous libros belamente ilustrados. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o don de acabar as frases que din os demais, descubre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade.
A caixa tamén contén o libro que atopa Lisbeth: unha orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicións ao longo da historia.


?LAS BRUJAS?
Roald Dahl
Ed: Alfaguara

As bruxas de todo o mundo, baixo a aparencia de señoras correntes, están celebrando a súa convención anual. Decidiron aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico.


?HISTORIA DE GALICIA?
Pepe Carreiro
Ed: A Nosa Terra


Para coñecer os acontecementos máis importantes da nosa historia, dunha forma amena e cunhas ilustracións moi divertidas.

?OS MEGATOXOS? 3 títulos:
1. Os megatoxos e o aprendiz de druída.
2. Os megatoxos e espada esmeralda.
3. Os megatoxos e os templarios da luz.
Anxo Fariña.
Ed: A Nosa Terra

Unha novela xuvenil con moita acción e intriga escrita e ilustrada por Anxo Fariña.

?LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO?
Lucy & Stephen Hawkings
Ed: Montena

Aventuras de George, o estudante de bacharelato machacado pola panda de ?matonciños? ignorantes, e Annie, a filla de Eric, científico que posúe o máis potente ordenador do mundo ─chamado Cosmos─ teñen o privilexio de saír ao espazo exterior e coñecer a través dunha fantasía moi científica, como é ese lugar tantas veces visitado pola mente deste gran sabio que é Stephen Hawking.

?QUERIDO HIJO:
ESTÁS DESPEDIDO?
Jordi Sierra i Fabra
Ed: Alfaguara

Pode unha nai despedir o seu fillo? Pois iso foi o que lle ocorreu a Miguel por desordenado, por traveso e por desobediente. Transcorrido o prazo de trinta días que lle deron, ten que deixar a súa casa.


?EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA?
Jordi Sierra i Fabra
Ed: Anaya

A profesora de Lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos no se esforcen na clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria noticia: antes de rematar o día, asesinará a un deles, se no consiguen detela antes.

?AIRE SONORO?
Antonio García Teijeiro
Ed: Ir Indo Edicións

Os instrumentos da orquestra interpretan a súa melodía: o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a harpa, a guitarra; a trompeta, o trombón, o saxo, a frauta, o oboe, a tuba, a gaita ou o timbal. Todos eles participan (nalgúns casos, como o piano, en varias partituras-poema) nesta sinfonía na que os olores e as cores combinan sinestesicamente co ritmo deste aire con son a xeito de canto coral.


?EL VIAJE DE DOBLE P?
Fernando Lalana
Ed: Bambú

Doble P é un extraterrestre que vive moi aburrido no seu asteroide Jijo. O seu planeta favorito é a Terra. Así que un bo día decide lanzarse ao espazo e dirixirse cara alí, xa que a súa curiosidade polos humanos lle atrae moitísimo. ¿Poderá facerse amigo de eles?. ¿Serán amigos realmente divertidos?. Cando aterre no noso planeta atopará unha sorpresa maiúscula....

SEGUNDO CICLO


?MODALES?
Aliki.
Ed: Juventud.

Mediante ilustracións os nen@s teñen que adiviñar as formas correctas de comportarse na casa, en sociedade e cos seus amigos.

?29 HISTORIAS DISPARATADAS?
Úrsula Wölfel
Ed: Kalandraka

Unha das virtudes literarias de Úrsula Wölfel é o sentido do humor co que aborda as pequenas historias cotiás, nas que os personaxes - animais e persoas - son protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes.

?NO CORAZÓN DO BOSQUE?
Agustín Fernández Paz
Ed: Xerais

Aquela sería unha excursión inesquecible para Raquel: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, as bravas augas do río, o vello mosteiro... e, sobre todo, o descubrimento dun estraño personaxe no interior da súa mochila.

?SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECETAS DE cocoCIÑA?
José Antonio Ramirez Lozano.
Ed: Kalandraka

Aquí está o mellor fogón! Cociña das palabras que se come polos ollos sen culler nin garfo.

?CANDO O REI POR AQUÍ PASOU?
Palmira G. Boullosa
Ed: Xerais


Recolleita dun rico material de lírica infantil composto por arrolos, fórmulas de xogo, adiviñas, fórmulas para botar a sortes ou saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda, mentiras, maios e formuliñas para falar cos animais.

?FAUNA EN PELIGRO? (2 títulos):
-La tortuga.
-La salamandra
Ed: Combel


Unha colección amena e chea de sorpresas para concienciar aos máis pequenos da necesidade de protexer as especies de animais en perigo de extinción do noso entorno.

?TAN SÓ CON LERES
UN LIBRO? CD música.
Grupo ?Mamá Cabra?.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil formado por sete músicos.
O seu repertorio de cancións baseáse en poemas de autores como Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández, Concha Blanco, Antonio G. Teijeiro?aínda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptan do noso flocklore.

?ADIVIÑAS DE
ANIMAIS?
Gloria Sánchez
Ed: Alfaguara

Conxunto de 25 adiviñas en verso breve e áxil con forte sabor popular. Os protagonistas son animais diversos (dende o mosquito á balea, dende o can á bolboreta...), grandes e pequenos, bos e malos, de terra, mariños e aves... Todos eles forman parte da cultura tradicional ou móvense no territorio común da infancia.


?ELIGE EL VERDE?
Jessie Eckel
Ed: Combel

A reciclaxe, o quentamento global do planeta e o coidado do noso entorno son cuestións de actualidade que tamén interesan aos nenos e nenas. Este título as pon o seu alcance para que poidan coñecelas e poñer o seu graíño de area para lograr un mundo máis verde.


GRUPO DE TRABALLO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE VILAGARCÍA:
CEIP Arealonga
CEIP A Lomba
EEI Vagalume
CEIP Vilaxoán
CEIP Rubiáns
CEIP A Escardia.

Comentarios (0) - Categoría: Maleta de Libros - Publicado o 20-12-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMANDACIÓNS PARA NADAL PRIMEIRO CICLO
O grupo de Traballo das Bibliotecas Escolares de Vilagarcía RECOMENDAS ESTAS LECTURAS PARA NADAL

PRIMEIRO CICLO

?O APALPADOR?
Xoán G.
Ed: Biblos

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

?UN CUÍÑO INDEPENDENTE?
José Luis Cortés
Ed: SM

O cuíño gordiño de César Pompeio está farto de recibir tantos azoutes. Por iso, un día o cuíño marcha e o neno queda sen el. E claro, xa podes imaxinar que estar sen traseiro vai orixinar situacións un pouco complicadas. ¡Que mal o vai pasar César Pompeio!

?MARCELA EN NAVIDAD?
Ana García Castellano
Ed: Anaya

Marcela conta as súas festas navideñas, un bo marco
para que a pequena viva moitas aventuras diferentes. Está formado por catro historias, que inclúen o belén viviente da escola, a cea de Noiteboa, unha pequena aventura en Nadal e a carta aos Reis Magos.


?LA VACA GORDITA?
David Paloma
Ed: Combel

Como todos a chamaban gordiña creuno e empezou a facer dieta ata que tivo un aspecto deporable para unha vaca. Menos mal que se deu conta da súa insensatez e volveu comer.
?INÉS DEL REVÉS?
Anita Jeram
Ed: Kókinos

Inés é terca, desobediente e posúe un sólido espírito de contradición coma calquera nen@. Por iso fai todo ó revés. Afortunadamente a súa nai imaxinativa e cariñosa sabe como poñer as cousas do dereito.

?EL REGALO PERFECTO?
Gillian Shields
Ed: Kókinos

¿Ser un oso de peluche perfecto, elegante, con caixa de música no peito é mellor que ser un oso desgastado e deslucido polos xogos e abrazos de unha nena cariñosa? ¿É mellor a admiración ou o amor?
O osiño deste conto descubrirá a resposta.

?O MEU PEQUENO
ANIMALARIO?( 4 títulos):
-A montaña e o bosque.
-Mares, ríos e lagos.
-As crías dos animais salvaxes.
-Os animais da granxa.
BAÍA EDICIÓNS

Esta nova colección de Baía Edicións para público Infantil-Xuvenil (a partir de 4 anos), caracterízase por ser unha "obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais, con xogos pedagóxicos para nenas e nenos".

?EL ARCA DE NOÉ?
Editorial Combel

Libro despregable con ilustracións de cores vivas e cheas de detalles. ¡Nunca se vira un barco tan colosal!

?O GRÚFALO?
Julia Donaldson
Ed: Macmillan

Mentres o rato pasea polo bosque atópase coa raposa, o bufo e á serpe. Todos quérenno comer. O rato dirálles que está esperando a un grúfalo. ¿E que é un grúfalo? Un ser monstroso ao que todos temen... ¿Pero de verdade existe o grúfalo ou é unha invención do rato?

?A CASA DE HABÍA UNHA VEZ?. Poesía.
Ana Mª Fernández
Ed: Xerais.

Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas.

?SETE CASAS, SETE BRUXAS E UN OVO?.
Gloria Sánchez.
Ed: SM

Sete bruxas espantosas, que viven aniñadas nunha árbore seca, enfróntanse por un príncipe e desde aquela non só non se falan, senón que ademais procuran facerse todas as maldades de que son capaces.

?GRISELA?
Anke de Vries.
Ed: Faktoría K de Libros

Un día Grisela sentiuse moi triste,
tan triste coma a súa pel gris.
« Teño que facer algo », pensou.
Colleu un bote de pintura vermella e dixo:
-Se me pinto dunha cor alegre,
seguro que me poño contenta...
Relato sinxelo sobre a importancia de ser un mesmo.


GRUPO DE TRABALLO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE VILAGARCÍA:
CEIP Arealonga
CEIP A Lomba
EEI Vagalume
CEIP Vilaxoán
CEIP Rubiáns
CEIP A Escardia.






Comentarios (0) - Categoría: Maleta de Libros - Publicado o 20-12-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA NADAL PARA INFANTIL
O grupo de traballo das Bibliotecas Escolares de Vilagarcía remíntennos estas RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL:

INFANTIL

?A ARAÑA E MAIS EU?
Fran Alonso - Autor
Manuel G. Vicente - Fotografía
Ed: kalandraka


Un día alegre, de súpeto, unha araña gorda e fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo. A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.
Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura.


?OS SETE CABRITOS?
Xosé Ballesteros - Adapt.
Ana Míguez - Ilustradora
Sofía F. Rodríguez ? Ilustradora
Ed: Kalandraka

Conto dos Irmáns Grimm.
Grazas á plastilina, os animais, o bosque e ata as augas do río cobran vida. Un conto eterno para os máis cativos.

?INVENTANDO NÚMEROS?
Gianni Rodari - Escritor
Alessandro Sanna ? Ilustrador
Ed: Kalandraka

Cando inventamos, ata os números poden recibir nomes novos e así chegan as asociacións máis graciosas ou disparatadas. Este libro é unha excelente maneira de pasar o rato entre ocurrencias, bon humor e unha boa dosis de axilidade mental.

?ADIVINA CUANTO TE QUIERO?
Sam McBratney
Ilustraciones: Anita Jeram
Editorial KÓKINOS

Ás veces cando queres a alguén moito, moito, moito intentas describir o tamaño dos teus sentimentos, pero como nos mostra esta marabillosa historia o amor non é algo fácil de medir.


?LA CEBRA RAYAS JUEGA AL ESCONDITE?
Diane y Cristyan Fox
Ed: Macmillan

? Libro de cartón con elementos de tacto en cada páxina e solapas que desvelan sorpresas.
? É un libro xogo que sirve para desenvolver a observación e dar a coñecer as características de distintos animais.
? Os textos van rimados.
? Humor / valores.


?RIMAS?
Ilustracións de Pitón
Ed. Everest

Selección de rimas e recitados da literatura tradicional infantil. O espazo da noite e o tempo de durmir, os meses e as estacións, os animais máis familiares e os xogos de palabras, centran estes versos repetidos durante xeracións coa musicalidade e a sinxeleza das primeiras idades.


?MI PRIMER LAROUSSE DE LOS ¿POR QUÉ??
www.larousse.com

Mi primer Larousse de los ¿Por qué?: más de 300 preguntas agrupadas temáticamente y totalmente ilustradas.


?TEÑO GANAS DE...?
Manuela Olten
Ed: Kalandraka

Naturalidade e frescura infantil
para abordar o como e o onde
dunha acción orgánica que se manifesta
de distinta maneira en nenos e nenas.
Dos cueiros ao inodoro,
pasando por consellos de hixiene
útiles para a vida cotiá.

-PEQUECHOS das praderías e das sabanas.
-PEQUECHOS do deserto.
-PEQUECHOS das montañas.
-PEQUECHOS das terras polares.
-PEQUECHOS da selva.
-PEQUECHOS dos ríos e dos lagos.

Ed: Faktoría K de Libros

Unha colección moi amena -de linguaxe precisa, sinxela e comprensible- para coñecer os animais máis sorprendentes de cada ecosistema. Libros activos, para unha ampla franxa de idade e con fotografías cheas de expresividade que cativarán a curiosidade dos máis pequenos.


?RIMAS CON LETRA?. Poesía.
Gloria Sánchez
Ed: Xerais

As letras do abecedario xogan en verso no mundo das cousas familiares, desde os animais (o caracol, a galiña, a vaca, o loro, etc.) aos elementos da natureza (a neve, a nube, o mar...).
A utilización constante de recursos fónicos, a musicalidade do ritmo, aproxima os textos ás cancións infantís tradicionais. Ademais, a presencia das adiviñas e a estructura repetitiva converten o libro mesmo nunha lúdica ferramenta de aprendizaxe para primeiros lectores, que facilita o recurso constante ó diálogo. Deste xeito, os textos acadan a súa auténtica dimensión creadora lidos en voz alta ou con participación coral.


GRUPO DE TRABALLO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE VILAGARCÍA:
CEIP Arealonga
CEIP A Lomba
EEI Vagalume
CEIP Vilaxoán
CEIP Rubiáns
CEIP A Escardia.

Comentarios (0) - Categoría: Maleta de Libros - Publicado o 20-12-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Un primeiro achegamento á obra de Domingo Villar
Hoxe, día internacional do tango, fixemos o Club de lectura sobre A praia dos afogados, de Domingo Villar, como un primeiro achegamento á obra á espera do Encontro co autor que temos pendente.

Falamos moito da dicotomía Estévez-Leo Caldas, pero como había lectores coñecedores da Saga enteira(é dicir de "Ollos de auga", a primeira e exitosa novela con estes dous personaxes) comentamos a súa evolución e fixemos certos contrastes entre as dúas lecturas.

Como b@s galeg@s acollemos a dúas novas lectoras ao Club cun bo biscoito de chocolate que preparou, a modo de anfitrioa, Mela e como galeg@s tamén valoramos a lectura dunha obra ambientada na nosa terra e sopesábamos cómo sería lida dende fóra por lectores non galegos.

Logo apareceu a música e entre elas a de Capitáns intrépidos que aquí deixamos como suxestión:


Un blog coa música para " A praia dos afogados"

Aínda que a data está por concretar xa temos un novo libro de lectura para finais de xaneiro Resistecia, de Rosa Aneiros. A ler!
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 11-12-2009 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Epílogo dos III ENCONTROS CASAESCOLA

Acabamos de recibir unha bibliografía para Nais e Pais que prometera enviar Carmen Loureiro, lecturas recomendadas para entender mellor á adolescencia e entendermos mellor a nós mesmos na relación con eles. esta que segue son pois as referencias que en boa medida utilizou e recomendou Carmen no seu relatorio:

Bach, Eva: Adolescentes ?qué maravilla?
Barcelona, Edit Plataforma

Camps, V.: Qué hay que enseñar a los hijos Barcelona, Plaza y Janés (Debolsillo)

Elías, M., Tobías, S, Friedlander, B.:
Educar con inteligencia emocional
Barcelona, Plaza y Janés (Debolsillo)

Elzo e outros: Xuventude e Valores (a clave para a
sociedade do futuro)

Fundación ?La Caixa?

Faber, A. e Mazlish, E.: Cómo hablar para que sus hijos le
escuchen y como escuchar para que sus hijos
le hablen.

Barcelona, Ediciones Medici

Fisher, Robert: ?Cómo desarrollar la mente de su hijo? Barcelona, Ediciones Obelisco

Harris Clames y Reinold Bean:
-Cómo enseñar a sus hijos a ser responsables -Cómo desarrollar la autoestima en los niños Madrid, Edit. Debate

Seligman M.:
Niños optimistas
Barcelona, Plaza y Janés (Debolsillo)

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 08-12-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ana Abelenda para os primeiros lectores
Unha chuvia de consellos e de libros trouxo Ana Abelenda onte ao Auditorio de Vilagarcía para clausurar os III ENCONTROS CASAESCOLA e aínda que o público asistente non foi moito, encandilou co seu xeito de contar, voz seductora e rostro expresivo. Ela é docente en Laracha e ademais é unha colaboradora habitual de Kalandraka Editora, grazas á cal puidemos gozar da súa presenza. Coñecíamola pola súa participación nos obradoiros que o curso pasado por estas datas impartira na campaña "Cantar e contar. Ler na nosa lingua" daquela xa deixara unha moi grata percepción pola súa versatilidade á hora de contar e pola súa capacidade de transmitir. Como Ana mesmo recoñecía na introdución da súa charla sobre As primeiras lecturas (de 0 a 3 anos), ela síntese debedora do especialista en Literatura Infantil e Xuvenil Federico Martín, ao que tivo a oportunidade de escoitar precisamente nas edicións anteriores dos Encontros Casaescola, lembrándonos que o neno comeza a ler dende que nace, cando vai recoñecendo nos cantos da súa nai ou dos seus (nas nanas, por exemplo)as primeiras fórmulas literarias que a nosa sabia tradición soubo poñer nos nosos beizos para ir preparando o camiño da vida onde a literatura preséntase como unha ferramenta máis de crecemento(educar para medrar). Foi o momento de falar do libro da memoria no que cada un debe anotar aquel repertorio de cantigas de berce, aquelas outras que construíron o noso corpo de pequenos nomeándonos para que soubésemos como se chaman, tamén adiviñas e todo tipo de manifestacións desta oralidade que nos rodea. Ensinounos o seu particular libro da memoria, coas cantigas da súa familia e outro traballo magnífico de recompilación que editou o municipio de Marín para finalmente ir entregando un exemplar do libro-cd a cada nen@ que nace no Concello.
Pasou logo aos primeiros libros de tea, madeira, plástico onde por diversas vías podemos ir introducindo aos máis cativ@s no mundo do libro , no costume de atoparse coa lectura diariamente procurando o momento do día no que dediquemos un tempo a animar a ler. Libros cargados de palabras e imaxes que aumentan o coñecemento do mundo que os rodea. Libros que van ir facendo referencia pouco a pouco e progresivamente aos hábitos diarios (poñamos por caso o libro de tea "Boas noites"). Logo iremos pasando a libros onde aparezan poucas letras, fáciles para cantar e mesmo con rimas, moi musicais : Lúa,lúa lúa...lúa lúa, sol, lúa lúa lúa, ...lúa caracol. Axiña virán as primeiras historias as tradicionais ou as de autor onde hai unha enorme variedade de propostas. Valoraron os presentes neste momento o cambio que se produciu na oferta editorial para as casas e para as escolas nos últimos anos, na última década e a importancia que tivo e o valor da aparición de Kalandraka como referente inescusable para a literatura infantil dende hai xa 13 anos.
Ana fixo logo un repaso dos títulos xa coñecidos como O coelliño branco ou os sete cabritiños (contos tradicionais) ou outros de autor con palabras como "A araña e mais eu" de Fran Alonso,un escritor galego, ou doutros foráneos como Leo Lioni que non teñen máis que ilustración e están esperando a que nós enchamos de palabras cada vez que os abrimos para ir espertando así a imaxinación dos nos@s nen@s. A toupiña, A que sabe a lúa, a Xoaniña rosmona e tantos e tantos títulos que non deberían faltar nunha boa biblioteca na aula e que deberíamos tamén ir formando en cada casa, sendo coidadosos na selección dos mellores libros aqueles que serán máis útiles para ir asentando os primeir@s lectores. Fixo un repaso de títulos para pises, os medos, a morte, temas que aínda que son duros deben aparecer nesta primeira literatura, para ir preparándoos para a vida.
Finalmente deixonos co mel na boca dalgunha das novidades editorias como O becho raro ou o libro CD que aínda tardará uns días en chegar ás librarías e que Kalandraka está a punto de presentar, un traballo realizado para os nen@s por Pablo Díaz, compañeiro de Ana na Campaña que antes citamos de Cantar e Contar. Ler en galego e que promete ser todo un éxito.

Agradecemos dende aquí unha vez máis a Ana o bon facer e o bo sabor de boca co que puxemos así un punto final tan agradable a estes III Encontros que esperamos foran unha vez máis realmente interesantes e útiles para as familias e os docentes de Vilagarcía.

Recomendamos finalmente ler entrevista que lle fixo a Voz de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 02-12-2009 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Antonio García Teijeiro nos III Encontros

Onte foi a segunda xornada desta terceira edición dos ENCONTROS CASAESCOLA, era unha xornada dedicada á poesía nas aulas e na casa. Poucas persoas en Galicia pode ilustrar mellor o que se pode e se debe facer coa poesía nas escolas como Antonio García Teijeiro. Unha docente lembraba case ao comezo da xornada de onte que el fora a persoa que impartira un obradoiro sobre este tema había dez anos en Vilagarcía. Efectivamente a traxectoria e o compromiso de Antonio coa palabra e os versos é incuestionable.
Foi tamén por iso moi doado atopar entre os docentes de Vilagarcía dous exemplos que ilustraran ante o público asistente,(nesta ocasión maioritariamente de ensinantes, aínda que non faltaron pais e nais interesad@s) que é o que se está a facer día a día hoxe nas aulas con textos e as propostas de poesía para nen@s deste autor, poeta e tamén docente. Foron o CEIP A Escardia a través de Pilar Rodríguez Otero, mestra dos nenos de 3 anos e Laura Real Goenaga mestra do CEIP Vilaxoán e ademais unha das directivas de Casaescola. Pilar trouxo un Powerpoint encantador e agarimoso para amosar como a poesía pode ser unha práctica habitual nas aulas dos máis pequen@s. Laura nun emotivo e á vez lírico texto relatou o traballo que se realizaba cos versos de Teijeiro de libros como Ventos.
Tomou a palabra Antonio seguidamente para indicar que non tiña moito sentido a súa presenza nos Encontros cando había xa docentes, pais e nais tan convencidos de que a poesía era necesaria. Non era preciso convencer da validez da ferramenta na escola aos alí presentes ao ter xa escollido este tema. Manifestouse agradecido polo ben arroupado que se sentía e pola asistencia dado que a poesía non é habitualmente un tema que mobilice á xente, por iso el ten por costume neste tipo de actos convencer aos que o escoitan da importancia desta ferramenta entre os escolares. O seu último libro titúlase así "A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula". Mais el -recoñeceu- nas súas charlas non gusta usar dos seus versos, procura recitar, mesmo cantar poemas doutr@s autor@s. Efectivamente Antonio adoita a cada chisco ler moitos versos e mesmo cantar en varias ocasións usando por exemplo a música de Paco Ibáñez:
Érase una vez un lobito bueno
al que maltrataban todos los corderos...
As citas de Celaya a quen tamén cantou ? poesía necesaria como el pan de cada día? e a quen lle debe o título do seu último libro, de Fran Alonso para descartar que a poesía sexa cousa de tolos ou para asegurar que as palabras na poesía son coma o chicle porque estiran e Juan Mata reclamando que as aulas permitan o contacto coa linguaxe poética foron o punto de arranque do seu relatorio no que desvelou cal é a súa palabra favorita e a que cre el que podería ser unha boa definición para a poesía ?a alma das palabras? dixo. Axiña afirmou con contundencia que a poesía debe lerse en voz alta e debe contaxiarse e filtrarse, palabras nas que fixo fincapé para indicarnos que nas aulas nunca se debe preguntar aos rapaces que é o que di aquí tal poeta, non, debe ser ao revés temos que interrogarmos á inversa ? que o que che di este poema, o importante da poesía é cales son as cousas que che comunica a ti cada poeta, o que ademais nunha aula enriquecerá en gran maneira cada lectura. Fagamos nosos os poemas, esa é a clave.
Como non podía ser doutro xeito insistiu despois na necesidade de que nas casas, nas aulas haxa libros, libros abundantes e no salón ou na mesiña de noite, mellor en ambos lugares, un libro de poemas, que os retratos dos poetas estean pousados entre os libros, porque Rosalía ou Dylan son da familia e que se lea un poema diario, a cotío aos nen@s na casa e que mesmo que se cante cando sexa o momento, que se procure ese espazo é moi importante. Esa fórmula provocará un mellor coñecemento da realidade ao asomarmos ao corazón dos poetas. Fixo despois unhas recomendacións á hora de seguir un proceso aconsellable na gradación da lectura de poemas. Primeiro a poesía tradicional e popular, as adiviñas, as cantigas de roda? e leu exemplos. Logo unha boa selección de poetas que escriben para nen@s, entre os que reivindicou de xeito moi especial a Pura Vázquez e a Manuel María por ser capaces de crear poesía para @s máis cativ@s sendo xa poetas consagrados nun momento en que non había quen apostase por este tipo de poesía en Galicia. O seguinte paso pode ser o dos romances que funcionan moi ben entre os rapaces. Recoñeceu finalmente que en rapaces cos que se traballa coa poesía nunca verán como unha cousa estraña aos poetas, como unha linguaxe allea a lírica. Reclamou o afecto e o crer no seu valor para contaxiar aos que nos escoitan ler versos.
Os últimos versos foron seus, os que lera en Medellín emocionado ante milleiros de persoas, versos que encabezaba coa cita doutros dous de Bernardino Graña sobre as palabras e as follas perdidas. Tamén para pechar realizou unha lectura básica para el sobre que é a poesía. O conto de Frederick de Leo Lioni ( ed. Kalandraka) que sempre leva consigo aos obradoiros, que sempre aconsella aos pais, nais e mestres, non se canse de facelo porque, sabedes, Antonio como o rato do conto, como Frederick é un poeta ( e el o sabe).

Graciñas, pois, Antonio CASAESCOLA tamén sabe da súa disposición, que pode contar con el para que nun futuro próximo poidamos abordar a cuestión da poesía nas casas e nas escolas como tema central dunha experiencia didáctica na que estean tamén os seus protagonistas: nenos e nenas.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 02-12-2009 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
Palabras no Ar no Salnés
A editorial Kalandraka e Política Lingüística traen á Arousa unha iniciativa, esta vez ao centro A Pastora de Cambados que ten que ver coa normalización e coa riqueza do floclore tradicional como fonte fundamental de recursos para traballar co noso idioma cos máis cativos. Denomínase palabras no ar Véxase a nova neste artigo
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 02-12-2009 05:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [14]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0