Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cita de xaneiro co Cómic no Club de Lectura.

A próxima reunión celebrarase o xoves 13 de xaneiro ás 20.00 no anexo o roupiero do Auditorio de Vilagarcía, lugar que vén sendo o noso recuncho habitual par compartir lecturas.

Nesta ocasión decidímonos por unha lectura distinta pois vai ser un libro-cómic de Miguelanxo Prado: Quotidanía delirante. Un compendio de traballos deste prestixioso autor galego que lidera entre outras iniciativas a do Salón do Cómic da Coruña.
Nesta páxina podedes opter información sobre a súa película "De profundis"
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 05-01-2011 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Tras da lectura de OTRA IDEA DE GALICIA
Onte realizamos a sesión do Club de Lectura CASAESCOLA, o libro era OTRA IDEA DE GALICIA de Miguel Anxo Murado que comeza cun capítulo dedicado a Domingo Fontán e a xeografía de galicia como primeiro condicionante da nosa historia.

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 03-12-2010 05:48
# Ligazón permanente a este artigo
Estrea en Vilagarcía de LIMPEZA DE SANGUE
Rubén Ruibal pasou polo noso CLUB DE LECTURA pouco despois de recibir o Premio nacional de litearatura dramática por este texto. Esta fin de semana tivemos a fortuna de ver a posta en escena desta magnífica obra. Bo texto para ler e un texto difícil de representar que a compañía Espello Cóncavo solucionou sorprendéndonos gratamente coa súa representación que a pesar da súa duración(dúas horas e pico) non se fixo longa nin pesada porque vai avanzando con ritmo intenso cara un final complexo e non previsto.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 28-11-2010 02:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xa ten Páxina o proxecto Miroscopio
Podedes entrar xa na páxina de MIROSCOPIO
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 18-11-2010 05:00
# Ligazón permanente a este artigo
OTRA IDEA DE GALICIA , de M. A. MURADO
A próxima reunión do CLUB DE LECTURA CASAESCOLA de Adultos será o xoves 2 de decembro ás 20.00.
Así mismo, cambiamos un pouco dentro do xénero narrativo, seleccionando un ensaio: " Otra idea de Galicia" de Miguel Anxo Murado, publicado na editorial Debate. Unha obra que invita ao diálogo e que rompe con algúns tópicos sobre a nosa terra.
Achegase á historia e ás lendas, tradicións, política e cultura dun territorio histórico, sen que necesariamente o libro resulte un árido e pesado manual. Breves diatribas, intelixente e ameno, este libro serve como guía de viaxe, pero tamén como introdución amena á xeografía e a cultura de Galicia. Salferido de historias, gastronomía, vida económica e tradicións, un libro escrito para os que non nos coñece aos galegos, pero precisamente pot iso atractivo e curioso de ler para os que o somos.
Aquí podedes consultar unha crítica realizada por Martín Veiga do University College Cork.

Segundo ten comentado en prensa o propio Miguel Anxo Murado «Este é un encargo providencial, unha oportunidade de ser didáctico con Galicia». Otra idea de Galicia,é un ensaio enmarcado dentro da colección Debate. «A obra foi un encargo, pero era algo que tiña ganas de facer. Levo anos levándoo na cabeza e en certo modo levoume moitos anos escribir este libro», explicou. Por iso, engadiu, aínda que a obra en principio foi escrita para explicar Galicia á xente de fóra, «tamén ten un grande interese para os galegos».
Unha das teses que sostén Murado neste ensaio de 207 páxinas é que Galicia vai ben cando mira ao Atlántico, pero non o vai tanto cando depende de Madrid. «Galicia é unha burbulla atlántica nun espazo mediterráneo», comentou. O autor fai un profundo repaso sobre os trazos principais da historia galega e lembra que Galicia foi citada varias veces nas sagas escandinavas, que o papa Adrián I, no ano 794, escribe cartas remitidas aos cleros de «Galicia y de España» ou que a comunidade foi en tempos unha verdadeira potencia. Outra das cousas que explica no ensaio é o caciquismo, e desfía cómo se pon a funcionar esa maquinaria.

Miguel Anxo Murado non foxe de ningún tema e sempre provoca debate e que moitos lectores consideran unha obra recomendable.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 06-11-2010 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
O PROXECTO MIROSCOPIO EN VILAGARCÍA
Dende o día 1 de outubro na Sala de Exposicións do Auditorio de Vilagarcía o Proxecto Miroscopio está exposto. Trátase dunha iniciativa editorial e de pensamento nacida na comarca da man de María Corleone e da Asocioación de Filosofía para nenos e nenas de Galicia. Un proxecto literario que vai editar Everest Galicia e que ten como obxectivo conseguir o difícil reto de aprenderlles aos máis cativos a pensar. Este proxecto consta de música, material para pais e educadores e cinco contos para lectores de a partirde 5 anos: Lara (a única escritora no mundo que aínda non sabe escribir), Salvatore( que desexa vivir cos seus pais que traballan e viven en Roma, pero el vive en Faxilde), María (que soña coa posibilidade de ser independente, Óscar ( que imaxina que será e a que se dedicará cando medre) e Antón ( que vie en Faxilde e sabe que non naceu da barriga da súa mamá e procura respostas aos seus catro anos).
na voz
no faro
Comentarios (2) - Categoría: NOVAS - Publicado o 12-10-2010 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS UN NOVO ANO DE LIBROS
O pasado 23 de setembro dedicamos a sesión do CLUB DE LECTURA CASAESCOLA de Adultos a repasar as lecturas do verán dos asistentes e foron coma sempre ricas e variadas. A primeira en comentarse da que sairía a proposta para a próxima sesión foi unha obra cun título chocante: "La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey " unha novela "epistolar" de Mary Ann Shaffer .

Outras lecturas relcionadas coas cartas ou oe correos electrónicos saíron tamén a colación como Contra el viento del Norte de Daniel Glattauer
Outras lecturas comentadas foron:
-"Paradero desconocido" de Kressmann Taylor
-"Los peces de la amargura" de Fernando Aramburu.
-"Ela agua del limonero" Mamen Sánchez
-"Lo mejor que le puede pasar a un croissant" de Pablo Tusset
-"Viejos marineros" de Jorge Amador
e como non entre os nosos asiduos houbo quen dedicou parte do verán a lembrar ao recentemente desaparecido Saramago cun libro de relatos en portugués titulado: "Objeto quase". Hai quen estaba a ler a emblemática " Memorial no convento".
Falamos das viaxes do verán e das guías cargadas de datos curiosos que resultan seductoras lecturas frecuentes nestas datas. E como houbo quen recalou en Roma e en Italia apareceu o impresionante libro sobre a mafia e a camorra titulado: Gomorra, a primeira novela do escritor italiano Roberto Saviano.
Outra recomendación de cara a futuras lecturas e con in efusiva foi a da atractiva novela documento que se presenta como unha lectura de pantalla de ordenador "La vuelta al mundo de un forro polar rojo"
(Pequena historia da gran globalización) de Wolfgang Korn.

Outras lecturas foron:
"Los árboles de oro", do autor berciano Ramón Carnicer.
"Corazón helado", de Almudena Grande
"La quinta mujer" da coñecida serie de novelas "negras" de Henning Mankell.

Por último soubemos que a nosa compañeira Susana estivo traballando duro e ten xa toda unha serie de poemas que esperemos axiña vexan a luz e estean a disposición dos ansiosos lectores nas librarías e bibiotecas.

Esperamos que sigades entusiamados co noso club e esperamos a vosa asistencia na próxima reunión que será o xoves 28 de outubro a partires das 20.00, o lugar aínda está por determinar, e teredes información cando esteamos cercanos a esa data.


Boa lectura e saúdos a tod@s
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 29-09-2010 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS NO VERÁN
Vacacións de verán

Na última sesión do club de lectura na que comentamos unha novela corta de Luis Sepúlveda, do que quedamos con ganas de ler más, convenimos como no ano anterior dedicar o dencanso estival ás lecturas que nos apeteza; por tanto non eliximos obra que comentar á volta das vacacións a finais de setembro (sala de ropeiro no baixo de Auditorio de Vilagarcía o xoves 23 setembro ás 20 horas).
Esperamos que traiades boas, numerosas e variadas propostas para comentar.

Desexámovos desde este Club de lectura que teñades un bo verán e mellores lecturas a tod@s.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-08-2010 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Lectura de Luis Sepúlveda
>"Un viejo que leía novelas de amor"

Luis Sepúlveda



Nesta última reunión do CLUB DE LECTURA a obra elexida entre varias foi esta deste autor chileno. Trata da vida de Antonio José Bolívar Proaño un vello que vive nun pobo remoto da selva amazónica "o Idilio", refuxiado nos recordos e na lectura de novelas de amor para illarse dun mundo que se derruba pola codicia do home branco e a súa falla de respecto pola natureza tan afastada das ensinanzas dos indios shuar.

O encontro será o xoves 24 de xuño ás 20.00 na cafetería "Villa Aurora"



Boa lectura...

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 13-06-2010 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
QUE VÉN O TRASNO
Este ano 2010 xuntámonos o Colectivo CASAESCOLA e máis as ANPAS e mesmo un representante da Concellaría de Educación do noso Concello para que non houbese centro de Infantil e Primaria que non lese libros en galego e poder así esperar a visita do TRASNO DAS LETRAS.

Pero que é un TRASNO?

O trasno é un ser ao que lle gusta remexer nas cousas da casa ou da escola, pois prefire os ambientes domésticos ou familiares. O trasno bate cos pratos, cisca grans e sementes no chan, non deixa cousa no seu sitio. Pero iso si, actúa sempre de noite, de día desaparece... Non causa grandes desgrazas, pero incordia moito. Os trasnos non son demos, aínda que se parezan. Dise que os tranos teñen unha man furada polo que hai quen adoita poñerlle pola noite unha cunca de grans de millo. O trasno, en canto a ve, tíraa e ponse a recollela porque lle gustar contar e ten a curiosidade por ver cantos grans tirou. Pero ten un problema só sabe contar ata dez, e despois trabúcase e volve a empezar, e así pasa toda a noite. Se é dos trasnos que sabe contar, que sonche ben poucos, como teñen a man esquerda furada, cáelle o gran polo burato e trabúcase na conta. Váiselle a noite en recomezar a contar de novo.

Cando son ben tratados os trasnos procuran colaborar con algo. Quizás sexa por iso que o noso Trasno como é o das Letras deixa sempre un agasallo para os lectores de galego no día no que vai polos colexios e algunhas casas, ese día, mellor sería dicir esa noite, é a noite anterior ao Día das Letras Galegas que se celebra todos os 17 de maio.

Para mellor coñecer os seus gustos citaremos a continuación algunhas das súas palabras que deixou espalladas polas aulas da nosa vila. As mensaxes que deixou escritas nas pizarras dos centros de Vilagarcía dicían cousas como esta:

Aquí estivo o trasno por primeira vez
seguro que atopades todo do revés.

Aquí estivo o Trasno este ano outra vez,
deixándoo sempre todo, todiño do revés.


Ler en galego
é unha cousa natural,
como a chuvia no inverno
e a calore no verán."


Aínda que pareza un terremoto
ou a outros unha bomba,
foi o Trasno das Letras
pra que leas no noso idioma
.

Aprendede a nosa lingua,
que é unha lingua moi moderna,
nas escolas e nas casas,
nas cidades e as aldeas.


Anque fales todo o día
non che pode sentar mal
nin dá mocos, nin dá febre.
Fai a proba e xa verás!
Comentarios (11) - Categoría: O TRASNO DAS LETRAS - Publicado o 13-05-2010 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0