Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A vida esaxerada de Martín Romaña de Echenique
O club de lectura CASA ESCOLA elexiu esta novela de Alfredo Bryce Echenique,"La vida exagerada de Martín Romaña" escrita no 1981 sendo a súa terceira obra publicada, que narra a experiencia dun peruano que recorda a súa estancia en París alá polo famoso maio do 68.

A próxima reunión queda fixada tras as festas de Nadal, o venres 11 de xaneiro a partir das 20.00 no Hibernia coma vén sendo habitual.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-11-2012 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Merlín e Familia/ Morgana en Esmelle
sobre Merlín

O club de lectura CASAESCOLA selecionou para a próxima reunión un doblete de obras para comparalas e comentalas, tales son:


"Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro e "Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño, publicado este ano e que segue o ronsel de Cunqueiro pero dende outra visión....

Quedamos convocados pois no Hibernia, o venres 16 de novembro 2012 a partir das 20.00h

Xa se achega o día e a lectura vai avanzada. Por unha banda Merlín e Familia de Cunqueiro, un clásico que en cada lectura gaña fondura. O mundo dos soños de Cunqueiro non semella un mundo simple, aínda que si sorprendente e cheo de lirismo co seu aquel de humor. Sorprendente no uso do habitual, do seu entorno e sociedade para elaborar literatura, cheo de lirismo cando crea personaxes cargados de maxia e sensualidade, un xogo entre o real e o mítico no que as chiscadelas son constantes e ocorrentes. Ademais a recreación do mito está tan lograda que a Merlín sentímolo coma un galego máis no seu pazo de Miranda. Logo está a lingua usada coa frescura dun galego aínda non normativo, dialectalismos da Terra de Mondoñedo e mesmo algún léxico que penso será invento do propio autor con palabras como "albifor".

Cando rematas o libro que non é novela, pero que podes interpretalo como unha novela singular, (outra das peculiaridades do xenial Cunqueiro), pensas que é imposible imitalo, que é moi difícil pórse ao seu carón e seguir a narración. Begoña Caamaño coa súa Morgana en Esmelle intentouno e logra tamén sorprendermos cando atopamos a súa reinterpretación do mito que, como se dun camiño de quita e pon se tratase, parte do Merlín de Cunqueiro e regresa ao Merlín das lendas artúricas e volta de novo á casa de Miranda nun ir e vir seductor e moi prestoso. Nun afán por descubrirmos segredos das mulleres do mito artúrico, Igraine, Viviana e logo Morgana son retratadas cunha óptica moderna moi seductora para o lector, pero mantendo a distancia das pernoaxes do mito ( poden mesmo sentirse algo frías). A trama moi ben construída con varias e atrevidas voces tarda en adentrarse no mundo da propia Morgana que entra con forza na metade da novela. O final da novela ábrese a varias interpretacións para o lector, seguramente dá a impresión de ser o máis difícil de solventar para a autora, que con esta obra, en todo caso, logra de xeito moi valente incorporar á Literatura galega de raíz artúrica ( lembremos que o mito céltico está presente na nosa literatura de vello na tradición oral da Idade Media que chega aos nosos días como por exemplo na lenda da lagoa Antela, ademais da mesma prosa culta medieval en galego-portugués, o celtismo do bardo do Rexurdimento, Pondal,que foi de novo impulsor de creacións poéticas xa no século XX como Na noite estrelecida, de Cabanillas, que trouxo a Sálvora a illa de Ávalon e o Santo Grial ao Cebreiro, e a cousa xa non parou aí, logo virían o gran fabulador Cunqueiro co seu Merlín nas Terras de Miranda, X. L. Méndez Ferrín coa súa particular recreación mítico simbólica en obras como Amor de Artur, Darío Xohán Cabana co seu Galván en Saor...) Begoña Caamañao logra con audacia, dicimos, introducir plenamente as mulleres do mito artúrico na nosa literatura ao traer a Morgana a Esmelle.
Sinceramente graciñas.

Aquí deixamos un pequeno vídeo da presentación do libro ou este comentario da lectura no blog falemos de lecturas ou no blog de Ramón Nicolás
Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 25-10-2012 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
A PALABRA QUE SOMETE A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Acabamos de ler este marabilloso texto, entre outros do seu libro Mujeres de ojos grandes no Club de lectura do mes de novembro, e como contribución ao día contra a violencia de xénero usamos as palabras prestadas, seductoras e intelixentes de Ángeles Mastretta:

"La tía Chila estuvo casada con un señor al que abandonó, para escándalo de toda la ciudad, tras siete años de vida en común. Sin darle explicaciones a nadie. Un día como cualquier otro, la tía Chila levantó a sus cuatro hijos y se los llevó a vivir en la casa que con tan buen tino le había heredado su abuela.
Era una mujer trabajadora que llevaba suficientes años zurciendo calcetines y guisando fabada, de modo que poner una fábrica de ropa y venderla en grandes cantidades no le costó más esfuerzo que el que había hecho siempre. Llegó a ser proveedora de las dos tiendas más importantes del país. No se dejaba regatear; y viajaba una vez al año a Roma y París para buscar ideas y librarse de la rutina.
La gente no estaba muy de acuerdo con su comportamiento. Nadie entendía cómo había sido capaz de abandonar a un hombre que en los puros ojos tenía la bondad reflejada. ¿En qué pudo haberla molestado aquel señor tan amable que besaba la mano de las mujeres y se inclinaba afectuoso frente a cualquier hombre de bien?
- Lo que pasa es que es una cuzca ? decían algunos.
- Irresponsable - decían otros.
- Lagartija -cerraban un ojo.
- Mira que dejar a un hombre que no te ha dado un solo motivo de queja.
Pero la tía Chila vivía de prisa y sin alegar, como si no supiera, como si no se diera cuenta de que hasta en la intimidad del salón de belleza había quienes no se ponían de acuerdo con su extraño comportamiento.
Justo estaba en el salón de belleza, rodeada de mujeres que extendían las manos para que les pintaran las uñas, las cabezas para que les enredaran los chinos, los ojos para que les cepillaran las pestañas, cuando entró con una pistola en la mano el marido de Consuelito Salazar. Dando de gritos se fue sobre su mujer y la pescó de la melena para zangototearla como el badajo de una campana, echando insultos y contando sus celos, reprochando la fondonguez y maldiciendo a su familia política, todo con tal ferocidad, que las tranquilas mujeres corrieron a esconderse tras los secadores y dejaron sola a Consuelito, que lloraba suave y aterradoramente, presa de la tormenta de su marido.
Fue entonces cuando, agitando sus uñas recién pintadas, salió de un rincón la tía Chila.
-Usted se larga de aquí ? le dijo al hombre, acercándose a él como si toda su vida se la hubiera pasado desarmando vaqueros en las cantinas_. Usted no asusta a nadie con sus gritos. Cobarde, hijo de la chingada. Ya estamos hartas. Ya no tenemos miedo. Déme la pistola si es tan hombre. Valiente hombre valiente. Si tiene algo que arreglar con su señora diríjase a mí, que soy su representante. ¿Está usted celoso? ¿De quién está celoso? ¿De los tres niños que Consuelo se pasa contemplando? ¿De las veinte cazuelas entre las que vive? Esta pobre Consuelito que no ve más allá de sus narices, que se dedica a consecuentar sus necedades, a ésta le viene usted a hacer un escándalo aquí, donde todas vamos a chillar como ratones asustados. Ni lo sueñe, berrinches a otra parte. Hilo de aquí: hilo, hilo, hilo -dijo la tía Chila tronando los dedos y arrimándose al hombre aquel, que se había puesto morado de la rabia y que ya sin pistola estuvo a punto de provocar en el salón un ataque de risa-. Hasta nunca, señor ? remató la tía Chila-. Y si necesita comprensión vaya a buscar a mi marido. Con suerte y hasta logra que también de usted se compadezca toda la ciudad.
Lo llevó hacia la puerta dándole empujones y cuando lo puso en la banqueta cerró con triple llave.
- Cabrones éstos ?oyeron decir, casi para sí, a la tía Chila.
Un aplauso la recibió de regreso y ella hizo una larga caravana.
- Por fin lo dije ? murmuró después.
- Así que a ti también ?dijo Consuelito.
- Una vez ?contestó Chila, con un gesto de vergüenza.
Del salón de Inesita salió la noticia rápida y generosa como el olor a pan. Y nadie volvió a hablar mal de la tía Chila Huerta porque hubo siempre alguien, o una amiga de la amiga de alguien que estuvo en el salón de belleza aquella mañana, dispuesta a impedirlo."
Ángeles Mastretta, de ?Mujeres de ojos grandes?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Despois do impás do verán unha nova proposta
O título escollido para a sesión do próximo día 17 de novembro a celebrar no Hibernia é o título "Mujeres de ojos grandes" de Ángeles Mastretta, autora mexicana de escrita sentida e suculenta polas súas densas enumeracións cargadas de humor ou de sabor, claramente feminina e lúcida. Vexamos un exemplo da súa literatura en formato relato curto: a tía Daniela, pero o libro comeza cun relato verdadeiramente maxistral o da "tía Leonor".
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 14-11-2011 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
"84 Charing Cross Road" de Helene Hanff
Como na sesión anterior, desta vez propoñemos a lectura da novela de Helene Hanff xunto coa película baseada na mesma que ten o título de "A carta final" con Anthony Hopkins e Anne Bancroft de protagonistas e dirixida por David Hugh Jones, do ano 1987.
O libro trata sobre as recopilacións das cartas que intecambiou a escritora norteamericana cun libreiro de Londres durante vinte anos, para solicitarlle libros descatalogados ou de segunda man. Así apreciase a diferentes personalidades dos protagonistas: máis vital, ela e máis serio pero cordial, el. As cartas van facéndose máis íntimas e cariñosas reflexando o mundo do arredor, unha gran paixón polos libros e unha profunda amizade.
Recomendamos especialmente esta novela de tan fácil e conmovedora lectura, e a película que é bastante fiel o libro.

Por outra banda, informamos a próxima reunión será a última deste curso 2010-11, celebrarémola o xoves 9 de xuño ás 20.00 h. no anexo do ropeiro da planta baixa do Auditorio de Vilagarcía.

Esperamos a vosa asistencia e participación.
Facilitamos o enlace para a lectura do libro por se tendes problemas para atopalo, aínda que está publicado na editorial Anagrama.


Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-05-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sostiene Pereira de A. Tabucchi e+ película
Desta vez propoñemos a lectura a novela "Sostiene Pereira"- Antonio Tabucchi e para quen queira tamén a película inspirada nela, dirixida por Roberto Faenza e protagonizada por Marcelo Mastroniani.

Trátase dunha obra cumio da literatura ambientada na Lisboa de 1938, en plena ditadura de Salazar e a Guerra Civil española, un bo reflexo desa época de totalitarismos.

Esperamos que tanto o libro como a película fagan a sesión do club de lectura máis enriquecedora e participativa.

O encontro queda para o xoves 5 de maio de 20.00 ás 21.30 no seminario nº 2 do segundo andar do Auditorio de Vilagarcía.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-04-2011 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
LECTORIÑO 2011
Programa do Lectoriño 2011
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 07-04-2011 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICAS MARCIANAS
"Crónicas marcianas" de Ray Bradbury


No club de lectura escollemos desta vez, como xa tiñamos falado, unha obra de ciencia ficción que tamén é un clásico.
Esta novela xunto con "Fahrenheit 451" é unha das mellores novelas do norteamericano Ray Bradbury.
Trátase dunha serie de relatos sen continuación lineal que narra a chegada a Marte, a colonización do planeta e a destrución da civilización marciana polo homes. Nela o autor expresa as súas ideas sobre temas como a guerra, o racismo, o impluso destructivo do ser humano etc..
A próxima reunión será o xoves 31 de marzo.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 09-03-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller
Celebrámolo con algunha creación sobre a memoria da muller en Galicia. Ruth Anderson, unha fotógrafa de comezos do século XX que andou toda Galicia coa súa cámara facendo retratos como os que podes ver aquí
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras
Este será o título do próximo Club de Lectura para adultos do mes de febreiro que se celebrará 0 próximo día 24 de febreiro ás 20 horas no Auditorio de Vilagarcía(lugar e hora habituais).


Trátase dunha novela recente de Diego Ameixeiras con claros ecos no título daquela outra escrita en castelán por Manuel Vázquez Montalbán "Asesinato en el Comité Central".




Para ir facendo boca deixamos aquí o primeiro dos capítulos que circula pola rede de Asasinato no Consello Nacional
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 16-01-2011 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0