Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RELATOS DO INESPERADO de Roald Dahl
Relatos do inesperado é un libro de contos do escritor británico Roald Dahl, un dos libros máis coñecidos da súa obra para un público adulto, porque seguro que un público máis novo lembra del títulos como "Matilda" ou "Charlie ou a fábrica de chocolate".
Os 16 relatos deste libro do inesperado din que marcan liñas do que é o resto da súa obra. A intriga, o humor negro e un desenlace que ao lector lle fai dar un chimpo de satisfacción, son os principais elementos que adornan a narrativa deste autor e, en particular, as destes contos que pretenden, ao igual que no seus contos para nenos, establecer unha fábula moral na maioría dos casos.
Existen algunos temas recorrentes como as apostas disparatadas (Gastrónomos, Hombre del Sur, Apuestas), o burlador burlado (Placer de clérigo, La señora Bixby y el abrigo del coronel), a muller submisa que de súpeto derrama de maneira explosiva todo o resentimento acumulado contra o seu marido (Cordero asado, La subida al cielo), a vinganza do home humillado (Nunc Dimittis, Lady Turton).
O día de reunión para comentar a obra será o venres 13 de decembro, na cervexería "Hibernia" como ven sendo habitual, a partir das 20.00.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-03-2014 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
DE RODA EN RODA
Presentación dun libro de bailes do mundo no Liceo casino de Vilagarcía da man da Asociación Pés de Barro quen invitou a súa vez aos autores do libro o a presentar este traballo froito do labor da Asociación viguesa a Monteira á que pertencen dous dos autores Suso Cancelas, Pilar Sampil. O terceiro dos autores é o musicólogo Javier Jurado.

De roda en roda CD e DVD que inclúe esta edición presenta 21 bailes como este:



Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 23-11-2013 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
ALICE MUNRO próxima lectura
O Club de lectura para adultos escolleu como próxima lectura para o día 22 de novembro un libro de Alice Munro a premio Nobel de literatura 2013. O libro escollido é "Las Lunas de Júpiter" un libro de relatos especialidade da autora dos que representan o seu bon facer segundo contan.




http://www.rtve.es/alacarta/videos/noticias-24-horas/chejov-canadiense-gana-nobel-muy-merecido-segun-elvira-lindo/2057158/

Recomendan unha lectura lenta e saboreando carda liña, esperamos que vos guste.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 15-11-2013 06:01
# Ligazón permanente a este artigo
VIDAL BOLAÑO NO CLUB DE LECTURA CASAESCOLA
Quixemos escoller para a próxima sesión do Club de lectura de adultos de Casaescola que se vai realizar o próximo mes maio ( o día aínda está por determinar), ler un par de obras de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado con motivo das Letras Galegas.



Vimos de ler a obra poética de Rosalía e pensamos que existen moitos aspectos da súa vida, conimplicacións claras na súa obra, que resultan a día de hoxe un misterio. Autora que mandou queimar parte dos seus escritos no leito de morte, a súa precaria saúde, a súa tendencia depresiva, o seu sentir protofeminista, a relación co seu home, a súa mocidade en Compostela, o ser filla de nai solteira... Rosalía de Castro como referente das nosas letras primordial constituíuse nun verdadeiro mito para todos os galegos/as. É por iso que da multitude de pezas esxritas por Roberto Vidal Bolaño decidímonos ler un par de obras:

Agasallo de sombras, na que Vidal Bolaño trata de achegarse á verdade dramática da sombra que proxecta Rosalía sobre os galegos de hoxe.



Un dos personaxes da obra é Aurelio Aguirre, poeta amigo de Rosalía, que logo se suicidaría con 25 anos de idade na praia de Riazor. Estes días vén de atoparse un libro inédito.

Botádelle un ollo a este poema do poeta romántico sobre a sombra que puído influír no famoso negra sombra de Rosalía:

Dime tú, ser misterioso,
que en mi ser oculto moras
sin que adivinar consiga
A idea da confusión que provoca
si eres realidad o sombra,
ángel, mujer o delirio
que bajo distintas formas
a mis ojos apareces
con la noche y con la aurora,
y a todas partes me sigues
solícita y cariñosa,
(?)
y si suspiro, suspiras,
y si triste lloro, lloras?


( do poema ?El murmullo de las olas? de Aurelio Aguirre)



Como complementos ofrecemos un comentario sobre a obra na rede.

Sobre a polémica creada a partir do estreo da obra deixamos aquí unha reportaxe no diario dixital Praza pública

Saxo tenor unha das mostras do espírito de renovación do teatro que realizaba este autor. É unha das obras máis coñecida, que ademais non coincide con outras creacións súas que ao longo deste mes vanse representar nos escenarios de Galicia, algunhas como Criaturas en Vilagarcía.



Podedes ver a Roberto unha das últimas entrevistas na TVG e estoutra sobre o Día das Letras tamén na TVG.

Sobre os seus inicios no mundo do teatro unha entrevista reeditada na voz
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 28-04-2013 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Concelleiro de Cultura e os seus 150000 euros
A despreocupación pola Educación e a Cultura por parte do goberno municipal do Concello de Vilagarcía camiña en paralelo á preocupación cada día maior dos cidadáns ao comprobar as intencións e o descaro escandaloso de concelleiros como Francisco González do que acabamos de saber que, ademais de ser o promotor de graves propostas, recortes e trabas para que os veciños poidan realizar actividades culturais en Vilagarcía, leva recibindo cantidades considerables de cartos da administración dificilmente xustificables. Remitimos ao que aparece en prensa.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 28-04-2013 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os colectivos culturais de Vilagarcía fronte ao Concello
Deixamos aquí varios enlaces sobre a crispación dos colectivos tras do Pleno no que o goberno municipal de Vilagarcía quixo impoñer un criterios na contra das asociacións e colectivos culturais. o que provocou unha inmediata reacción.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 11-04-2013 06:20
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA NO CLUB DE LECTURA
Propomos como libros de lectura para o próximo club de lectura (5 de abril) os dous libros de Rosalía en galego:

Cantares Gallegos (1863)

Follas novas(1880)

Dous libros distintos, pero escritos por unha mesma man, man sensible da nosa xenial escritora:

¡Silencio!
A man nerviosa e palpitante ó seo,
As niebras n'os meus ollos condensadas,
Con un mundo de dudas n'os sentidos
Y-un mundo de tormentos n'as entrañas;
Sentindo como loitan,
En sin igual batalla,
Inmortales deseios que atormentan,
E rencores que matan.
Mollo n'a propia sangre á dura pruma
Rompendo á vena inchada,
Y escribo... escribo ¿para qué? ¡Volvede
O mais fondo da yalma
Tempestosas imaes!
Ide á morar c'as mortas relembranzas;
Qu' a man tembrosa n'o papel sô escriba
¡Palabras, e palabras, e palabras!
¿Da idea á forma inmaculada e pura
Donde quedou velada?


( Rosalía, Vaguidás do seu libro Follas Novas)

Deixamos aquí as Alboradas para Rosalía de onte ( entre elas a que se fixo en Carril) e o vídeo da alborada de Rosalía na versión de Guadi Galego, Abe Rábade e Anxo Angueira, unha marabilla:



Varias lecturas actuais de Rosalía e dos seus cantares na presentación de Rosalía é mundial:








Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 25-02-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
ALBORADA PARA ROSALÍA EN CARRIL

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 23-02-2013 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
AS VOCES BAIXAS DE MANUEL RIVAS
Cando decidimos no Club de Lectura ler As voces baixas de Manuel Rivas a todos pasounos pola cabeza que era unha oportunidade de reencontro co autor de Que me queres, Amor?, aínda que leramos ou, algúns intentaramos ler, Os libros arden mal.
Non sei se será un tópico iso de que a Manuel Rivas dáselle mellor o relato curto, pero con esa sensación acudimos á convocatoria desta lectura marabillosa.

Se cadra habería que falar do xénero. Ser, máis ben aparenta ser unha novela con capítulos e todo, pero cada capítulo ten vida propia, e mesmo hai xente que percibe ritmos distintos ao comezo que ao final do libro, hai máis xente que comenta que hai capítulos mellores e outros peores, polo que parece que axústase como certeiro falar dunha novela de relatos curtos. Ou será máis ben un libro de memorias,(hai quen "bromeou" será o derradeiro libro de Manuel Rivas, ao que todos dixemos Imposible!... unha autobiografía si pódese chamar así, pero unha autobiografía colectiva ( por veces universal) que nos arrastra a evocar na lectura ao ritmo do autor a nosa propia vida, o paraíso perdido da infancia, sen dúbida a causa do seu profundo lirismo, da capacidade xenial de Manolo Rivas, en poucas palabras condensar cousas tan grandes coma un país enteiro. Para mostra un botón vease a definición da identidade galega, do sermos galegos, de Galicia retratada deste xeito maxistral: "un país tan invisíbel como omnipresente"
Esta capacidade de condensar, de emocionar con enunciados tan líricos no que conflúen o poeta e o xornalista é un dos praceres da lectura deste libros. Hai quen agradece especialmente a longa serie de anécdotas da infancia cargadas da ironía do adulto como a do retrato de Franco e o crucifixo na Escola de D. Antonio e tantas outras. Tesouros, en definitiva, saídos da riqueza das persoas, dos avós, das avóas , das tías, do pai e da nai nun xogo calculado, pero que non semella artificial para o lector/a, de situar á familia a certa distancia do narrador. Todos pasan por un exame da súa relación coa lingua e coas palabras. Os falangueiros, os que calan e nos que hai que interpretar os silencios. Un camiño, o da palabra, a descuberta da literatura e finalmente o do ser escritor na mocidade (trátase dunha autobiografía persoal)que funciona como un elemento vertebrador da coherencia da "novela".
As voces baixas, que título, evócanse, explícase en diversos momentos, ao longo do libro, a voz do interior, do intimismo, pero tamén as voces prohibidas, as da confidencia, as que non se escriben, a da memoria, a dos mortos... as voces baixas que se escoitan,as que se ocultan como o poema ourizo na clase de matemáticas, esas que hai que distinguilas desas outras cotiás e rueiras, as voces algareiras, como a dos que retornaban vivos do combate do Gran Sol...
En fin, unha lectura recomendable onde se valora aquilo que ten de transcendente o cotián, unha constante no estilo de Manuel Rivas.




*Nota: Esta "crónica" persoal da sesión de onte do Club de lectura foi escrita sen ler ningunha outra crítica allea, nace sincera froito dos ecos da propia lectura e da dos lectores presentes na sesión. Ao buscar enlaces que engadri a esta entrada sorpréndeme algunhas coincidencias con outras opinións, mesmo saídas do propio autor.



Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 23-02-2013 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
NACE A PLATAFORMA POLA CULTURA DE VILAGARCÍA
Acaba de nacer a Plataforma pola Cultura de Vilagarcía na que dalgún xeito estamos integrados coa intención e mellorar o panorama cultural do concello e colaborar dende o punto de vista de poñer en relación os ámbitos da Educación e da Cultura, invitar a revitalizar fórmulas de encontro entre a casa e a escola a través da animación á lectura e promover colectivamente unha maior difusión e incidencia das actividades culturais no conxunto da cidadanía.

A primeira das iniciativas que se colocan enriba da mesa é precisamente a necesidade de analizar a situación presente da cultura en Vilagarcía e para iso convócase un Encontro da cultura local, culturón que terá lugar o próximo día 15 de decembro no Auditorio de Vilagarcía. Deixamos aquí unha crónica da rolda de prensa publicada polo Faro de Vigo

Por certo, esta iniciativa non parece ser a única deste estilo que se dá en Galicia como podemos comprobar en Redondela están nas mesmas
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 15-12-2012 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0