Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECOMENDACIÓNS DE NADAL TERCEIRO e SEGUNDO CICLO

O grupo de traballo das Bibliotecas Escolares de Vilagarcía remíntennos estas RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL:

TERCEIRO CICLO

?GENEALOGÍA DE UNA BRUJA?
Perez, Sébastien
Lacombe, Benjamin
Ed: Edelvives

Caixa regalo que contén dous libros belamente ilustrados. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o don de acabar as frases que din os demais, descubre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade.
A caixa tamén contén o libro que atopa Lisbeth: unha orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicións ao longo da historia.


?LAS BRUJAS?
Roald Dahl
Ed: Alfaguara

As bruxas de todo o mundo, baixo a aparencia de señoras correntes, están celebrando a súa convención anual. Decidiron aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico.


?HISTORIA DE GALICIA?
Pepe Carreiro
Ed: A Nosa Terra


Para coñecer os acontecementos máis importantes da nosa historia, dunha forma amena e cunhas ilustracións moi divertidas.

?OS MEGATOXOS? 3 títulos:
1. Os megatoxos e o aprendiz de druída.
2. Os megatoxos e espada esmeralda.
3. Os megatoxos e os templarios da luz.
Anxo Fariña.
Ed: A Nosa Terra

Unha novela xuvenil con moita acción e intriga escrita e ilustrada por Anxo Fariña.

?LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO?
Lucy & Stephen Hawkings
Ed: Montena

Aventuras de George, o estudante de bacharelato machacado pola panda de ?matonciños? ignorantes, e Annie, a filla de Eric, científico que posúe o máis potente ordenador do mundo ─chamado Cosmos─ teñen o privilexio de saír ao espazo exterior e coñecer a través dunha fantasía moi científica, como é ese lugar tantas veces visitado pola mente deste gran sabio que é Stephen Hawking.

?QUERIDO HIJO:
ESTÁS DESPEDIDO?
Jordi Sierra i Fabra
Ed: Alfaguara

Pode unha nai despedir o seu fillo? Pois iso foi o que lle ocorreu a Miguel por desordenado, por traveso e por desobediente. Transcorrido o prazo de trinta días que lle deron, ten que deixar a súa casa.


?EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA?
Jordi Sierra i Fabra
Ed: Anaya

A profesora de Lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos no se esforcen na clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria noticia: antes de rematar o día, asesinará a un deles, se no consiguen detela antes.

?AIRE SONORO?
Antonio García Teijeiro
Ed: Ir Indo Edicións

Os instrumentos da orquestra interpretan a súa melodía: o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a harpa, a guitarra; a trompeta, o trombón, o saxo, a frauta, o oboe, a tuba, a gaita ou o timbal. Todos eles participan (nalgúns casos, como o piano, en varias partituras-poema) nesta sinfonía na que os olores e as cores combinan sinestesicamente co ritmo deste aire con son a xeito de canto coral.


?EL VIAJE DE DOBLE P?
Fernando Lalana
Ed: Bambú

Doble P é un extraterrestre que vive moi aburrido no seu asteroide Jijo. O seu planeta favorito é a Terra. Así que un bo día decide lanzarse ao espazo e dirixirse cara alí, xa que a súa curiosidade polos humanos lle atrae moitísimo. ¿Poderá facerse amigo de eles?. ¿Serán amigos realmente divertidos?. Cando aterre no noso planeta atopará unha sorpresa maiúscula....

SEGUNDO CICLO


?MODALES?
Aliki.
Ed: Juventud.

Mediante ilustracións os nen@s teñen que adiviñar as formas correctas de comportarse na casa, en sociedade e cos seus amigos.

?29 HISTORIAS DISPARATADAS?
Úrsula Wölfel
Ed: Kalandraka

Unha das virtudes literarias de Úrsula Wölfel é o sentido do humor co que aborda as pequenas historias cotiás, nas que os personaxes - animais e persoas - son protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes.

?NO CORAZÓN DO BOSQUE?
Agustín Fernández Paz
Ed: Xerais

Aquela sería unha excursión inesquecible para Raquel: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, as bravas augas do río, o vello mosteiro... e, sobre todo, o descubrimento dun estraño personaxe no interior da súa mochila.

?SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECETAS DE cocoCIÑA?
José Antonio Ramirez Lozano.
Ed: Kalandraka

Aquí está o mellor fogón! Cociña das palabras que se come polos ollos sen culler nin garfo.

?CANDO O REI POR AQUÍ PASOU?
Palmira G. Boullosa
Ed: Xerais


Recolleita dun rico material de lírica infantil composto por arrolos, fórmulas de xogo, adiviñas, fórmulas para botar a sortes ou saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda, mentiras, maios e formuliñas para falar cos animais.

?FAUNA EN PELIGRO? (2 títulos):
-La tortuga.
-La salamandra
Ed: Combel


Unha colección amena e chea de sorpresas para concienciar aos máis pequenos da necesidade de protexer as especies de animais en perigo de extinción do noso entorno.

?TAN SÓ CON LERES
UN LIBRO? CD música.
Grupo ?Mamá Cabra?.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil formado por sete músicos.
O seu repertorio de cancións baseáse en poemas de autores como Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández, Concha Blanco, Antonio G. Teijeiro?aínda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptan do noso flocklore.

?ADIVIÑAS DE
ANIMAIS?
Gloria Sánchez
Ed: Alfaguara

Conxunto de 25 adiviñas en verso breve e áxil con forte sabor popular. Os protagonistas son animais diversos (dende o mosquito á balea, dende o can á bolboreta...), grandes e pequenos, bos e malos, de terra, mariños e aves... Todos eles forman parte da cultura tradicional ou móvense no territorio común da infancia.


?ELIGE EL VERDE?
Jessie Eckel
Ed: Combel

A reciclaxe, o quentamento global do planeta e o coidado do noso entorno son cuestións de actualidade que tamén interesan aos nenos e nenas. Este título as pon o seu alcance para que poidan coñecelas e poñer o seu graíño de area para lograr un mundo máis verde.


GRUPO DE TRABALLO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE VILAGARCÍA:
CEIP Arealonga
CEIP A Lomba
EEI Vagalume
CEIP Vilaxoán
CEIP Rubiáns
CEIP A Escardia.

Comentarios (0) - Categoría: Maleta de Libros - Publicado o 20-12-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0