Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ana Abelenda para os primeiros lectores
Unha chuvia de consellos e de libros trouxo Ana Abelenda onte ao Auditorio de Vilagarcía para clausurar os III ENCONTROS CASAESCOLA e aínda que o público asistente non foi moito, encandilou co seu xeito de contar, voz seductora e rostro expresivo. Ela é docente en Laracha e ademais é unha colaboradora habitual de Kalandraka Editora, grazas á cal puidemos gozar da súa presenza. Coñecíamola pola súa participación nos obradoiros que o curso pasado por estas datas impartira na campaña "Cantar e contar. Ler na nosa lingua" daquela xa deixara unha moi grata percepción pola súa versatilidade á hora de contar e pola súa capacidade de transmitir. Como Ana mesmo recoñecía na introdución da súa charla sobre As primeiras lecturas (de 0 a 3 anos), ela síntese debedora do especialista en Literatura Infantil e Xuvenil Federico Martín, ao que tivo a oportunidade de escoitar precisamente nas edicións anteriores dos Encontros Casaescola, lembrándonos que o neno comeza a ler dende que nace, cando vai recoñecendo nos cantos da súa nai ou dos seus (nas nanas, por exemplo)as primeiras fórmulas literarias que a nosa sabia tradición soubo poñer nos nosos beizos para ir preparando o camiño da vida onde a literatura preséntase como unha ferramenta máis de crecemento(educar para medrar). Foi o momento de falar do libro da memoria no que cada un debe anotar aquel repertorio de cantigas de berce, aquelas outras que construíron o noso corpo de pequenos nomeándonos para que soubésemos como se chaman, tamén adiviñas e todo tipo de manifestacións desta oralidade que nos rodea. Ensinounos o seu particular libro da memoria, coas cantigas da súa familia e outro traballo magnífico de recompilación que editou o municipio de Marín para finalmente ir entregando un exemplar do libro-cd a cada nen@ que nace no Concello.
Pasou logo aos primeiros libros de tea, madeira, plástico onde por diversas vías podemos ir introducindo aos máis cativ@s no mundo do libro , no costume de atoparse coa lectura diariamente procurando o momento do día no que dediquemos un tempo a animar a ler. Libros cargados de palabras e imaxes que aumentan o coñecemento do mundo que os rodea. Libros que van ir facendo referencia pouco a pouco e progresivamente aos hábitos diarios (poñamos por caso o libro de tea "Boas noites"). Logo iremos pasando a libros onde aparezan poucas letras, fáciles para cantar e mesmo con rimas, moi musicais : Lúa,lúa lúa...lúa lúa, sol, lúa lúa lúa, ...lúa caracol. Axiña virán as primeiras historias as tradicionais ou as de autor onde hai unha enorme variedade de propostas. Valoraron os presentes neste momento o cambio que se produciu na oferta editorial para as casas e para as escolas nos últimos anos, na última década e a importancia que tivo e o valor da aparición de Kalandraka como referente inescusable para a literatura infantil dende hai xa 13 anos.
Ana fixo logo un repaso dos títulos xa coñecidos como O coelliño branco ou os sete cabritiños (contos tradicionais) ou outros de autor con palabras como "A araña e mais eu" de Fran Alonso,un escritor galego, ou doutros foráneos como Leo Lioni que non teñen máis que ilustración e están esperando a que nós enchamos de palabras cada vez que os abrimos para ir espertando así a imaxinación dos nos@s nen@s. A toupiña, A que sabe a lúa, a Xoaniña rosmona e tantos e tantos títulos que non deberían faltar nunha boa biblioteca na aula e que deberíamos tamén ir formando en cada casa, sendo coidadosos na selección dos mellores libros aqueles que serán máis útiles para ir asentando os primeir@s lectores. Fixo un repaso de títulos para pises, os medos, a morte, temas que aínda que son duros deben aparecer nesta primeira literatura, para ir preparándoos para a vida.
Finalmente deixonos co mel na boca dalgunha das novidades editorias como O becho raro ou o libro CD que aínda tardará uns días en chegar ás librarías e que Kalandraka está a punto de presentar, un traballo realizado para os nen@s por Pablo Díaz, compañeiro de Ana na Campaña que antes citamos de Cantar e Contar. Ler en galego e que promete ser todo un éxito.

Agradecemos dende aquí unha vez máis a Ana o bon facer e o bo sabor de boca co que puxemos así un punto final tan agradable a estes III Encontros que esperamos foran unha vez máis realmente interesantes e útiles para as familias e os docentes de Vilagarcía.

Recomendamos finalmente ler entrevista que lle fixo a Voz de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 02-12-2009 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0