Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOBRE ADOLESCENCIA CON CARMEN LOUREIRO
Inauguramos os III ENCONTROS CASAESCOLA coa primeira das charlas previstas, unha boa presenza de público maioritariamente formado por nais e pais con adolescentes e preadolescentes na casa. Carmen Loureiro como educadora experimentada nos diversos procesos de crecemento dos rapaces e rapazas, (leva xa 30 anos exercendo), colaboradora da Rede Noria, un proxecto de posta en común neste tipo de experiencias do ensino, invitounos a coñecer mellor aos adolescentes, saber que hai que preparar esta etapa antes de chegar a ela e que pais, nais e educador@s somos responsables do mundo no que os adolescentes teñen que desenvolverse con ese plus de perigosidade que conleva esta etapa para @s nos@s moz@s.
Analizou a problemática adolescencia coa complexidade que o tema precisa, poñendo en evidencia a etapa de carencias polas que pasan e partindo de cales son as claves nas que calquera de nós se move pola vida e como esas mesmas premisas (de estado de saúde, seguridade, amor, pertenza,de estima e auto-realización) para un/unha adolescente presentan unha inestabilidade semellante a da nécora que está a cambiar o cacho. De aí que sexan tamén presa fácil para os ?congros? que saben desta situación de debilidade que @s moz@s viven. De aí a importancia de que os pais/nais e docentes esteamos ben atent@s a evitar que ese contexto no que viven, que foi creado por nós, provoque o seu naufraxio. A adolescencia dos nos@s fill@s é un reto polo que temos que pasar tanto eles coma nós. Unha etapa na que non podemos deixalos ?orfos? deixándoos sen os límites que @s adult@s debemos saber situar.
Tanto @s adolescentes coma nós pasamos por un momento de dó; el@s pola infancia que perderon, nós pol@ nen@ que medrou sen posibilidade de retorno. Unha boa técnica que Carmen recomendou aplicar sistematicamente é a dos dereitos e deberes, cada dereito que se exerce debe acompañarse do recoñecemento do seu deber. Pasamos da sociedade sen dereitos na que todo eran deberes, a do franquismo, aos anos nos que os dereitos son esenciais, pero debemos saber que todo dereito implica un deber. Non se trata de pensar que calquera tempo pasado foi mellor, non. Cómpre saber que hai unha porcentaxe de nais/pais ausentes do seu labor como educadores. Non se trata de seren autoritarios nin indiferentes, senón de procurar un punto medio no que saibamos poñer límites, exercendo como adult@s que somos, o que Carmen denominou ?autoritativos?, é dicir, coa capacidade para ser cálidos na relación con el@s e saber actuar ante os conflitos ineludibles e evitables que van xurdir. Traballar co denominado semáforo na resolución dos problemas, é dicir, deterse para non actuar en quente cando nin eles nin nós podemos abordar a discordancia con garantías e sen paixón, esperar ao momento laranxa apto para falar e finalmente coa color verde avanzar nun compromiso e resolución teórico que debe ser efectivo máis adiante na práctica do día a día. Lembremos que necesitan negar o modelo que nós fomos para eles. Saber acompañar no sentimento aos adolescentes nese loito, nese momento de tristeza polo que están pasando porque se están buscando a si mesm@s. Procurar que comprendan a empatía, a colocarse no lugar dos demais é pois moi importante, tanto como que se traballe con eles o respecto á diversidade e o dereito a discrepancia. Carmen deunos entre outros este bo consello para o trato diario: botarlle un pouco de suavizante aos seus ?modais? ( ou dito doutro xeito ás habilidades sociais d@s nos@s adolescentes, tamén de nós mesm@s).
No remate Carmen que gustou de usar citas e textos de especialistas sorprendeunos cun moi emotivo texto dun rapaz latinoamericano que nunha carta-poema a súa nai recoñecía todos e cada un dos valores cos que se foi educando no día a día ?cando crías que eu non miraba?.
Finalmente abriuse un debate a preguntas do público antes de concluír cunha reflexión en voz alta: ?a educación é un deber colectivo da tribo?.

?O pesimista queixase do vento,
o optimista espera que cambie,
o realista axusta as velas?

Con esta cita Carmen Loureiro rematou e recolleu un forte e cariñoso aplauso dos asistentes agradecid@s polo enriquecemento das súas consellas, pola claridade, contundencia e precisión das súas palabras,porque despois da súa charla entendemos e queremos máis aos nos@s adolescentes e pola cautivadora, coherente e suxerente montaxe coa que acompañou a súa disertación. Non será a derradeira ocasión que Casaescola conte coa súa colaboración.

É moi interesante a entrevista que lle fixo o FARO DE VIGO

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS CASAESCOLA - Publicado o 01-12-2009 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0