Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUB DE LECTURA CON MARCOS S. CALVEIRO |
|
 A proposta do mes de decembro para o CLUB DE LECTURA CASAESCOLA ADULT@S é de novo un autor próximo a Vilagarcía, un autor que acaba de estar en Culturgal na Coruña, facendo unha presentación do que é o seu primeiro traballo para a literatura de adultos (antes experimentou coa xuvenil).
A lectura titúlase FESTINA LENTE unha frase latina que vén significando nun sentido paradóxico "corre amodo". É unha proposta que nos vai levar a unha Galicia baixo-medieval, a unha Compostela sorprendente da man dunencadernador e do seu aprendiz, que vai ser o protagonista ao herdar o negocio do seu mestre na rúa d`Armada.
Hoxe venres 12 de decembro teremos oportunidade de compartir logo co autor esta nova lectura e animámovos a asistir e a compartir connosco esta feliz iniciativa que terá lugar como é habitual no Auditorio de Vilagarcía ás 20 horas.
Para quen queira saber máis sobre este autor existe entre outras propostas na rede un blog que podes consultar nos enlaces de máis abaixo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|