Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preámbulo á presentación en sociedade

O próximo día 17 de abril, como preámbulo a unha serie de actividades que se van realizar ao redor do día do libro, o Colectivo CASAESCOLA quere facer unha presentación especial previa para os centros de ensino de Vilagarcía invitando aos equipos directivos, aos encargados das bibliotecas dos centros e aos ANPAS de Vilagarcía. Desexamos expoñer os fins que nos marcamos como Colectivo que, como reza o seu nome, está formado tanto por mestres e profesores, como por pais e nais de Vilagarcía e que, como tamén queda suxerido na súa denominación, ten como obxectivo fundamental achegar o mundo da Casa ao mundo da Escola e viceversa.

CASAESCOLA fomenta o encontro e as experiencias de comunicación en que participen ensinantes e pais . Ten a lectura como unha das principais ferramentas de traballo por ser un dos elementos máis representativos da educación integral das persoas.

CASAESCOLA ten un ámbito de traballo exclusivamente local porque cremos que é un xeito de garantir a proximidade e promover a participación activa neste proxecto. Pretende, entre outras, cousas como dinamizar e transformar a animación á lectura e/ou destruír as barreiras que existen entre o mundo do ensino e a vida en familia. Tentaremos contribuír a repensar colectivamente o proxecto educativo e mellorar a formación dos cidadáns presentes e futuros do noso concello.

Son metas ambiciosas e esperanzadoras que nos marcamos á hora de nacer, pero somos optimistas porque partimos de experiencias como son O TRASNO DAS LETRAS ou O ENCONTRO ?DA CASA Á ESCOLA, ANIMAR Á LER É COUSA DE TOD@S?, que quizás algún de vos xa coñecedes, realizadas no mes de maio do curso pasado e no mes do outubro deste curso, respectivamente, e que tiveron unha resposta moi positiva e alentadora.

Agora toca organizarnos e darlle corpo ao Colectivo como asociación e, á vez, presentarvos o CALENDARIO DE ACTIVIDADES ata finais de ano. Quixeramos tamén invitarvos a participar e/ou colaborar connosco porque nos parece fundamental que todos os centros de Vilagarcía estean representados en CASAESCOLA e, cando dicimos todos os centros, falamos, tanto de docentes como de pais e nais, volvendo a insistir nunha das novidades e valores deste proxecto.

A reunión será o próximo día 17 de abril ás 20 horas no Seminario nº2 do Auditorio de Vilagarcía á que esperamos asista unha numerosa representación dos claustros dos centros e ANPAS, Bibliotecas escolares e Municipal, Libreiros e as Concellerías de Educación, Cultura e Xuventude.

Nota: A reunión terá unha duración aproximada 1 hora.
para ver referencia na presa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0