Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
2 de abril un día para o libro infantil e xuvenil |
|
Hoxe é o día escollido para celebrar internacionalmente o Día do Libro Infantil e Xuvenil facéndoo coincidir co nacemento dun dos autores de literatura para nen@s universalmente coñecido. Un día como hoxe de fai pouco máis de douscentos anos(1805)naceu Hans Christian Andersen, autor de libros tan coñecidos como "O parruliño feo"(ese marabilloso relato que é unha especie de autobiografía), "o soldadiño de chumbo" ou "O traxe novo do Emperador".
Quixeramos traer aquí un par de reflexións. A primeira que a literatura infantil e xuvenil está ocupando día a día o espazo que merece, ese que como calquera outro alimento de primeira importancia ofrece para a humanidade. Para medrar os máis cativ@s precisan da lectura, fará deles homes e mulleres máis ric@s, máis íntegr@s, pero tamén lles ofrece un pracer semellante ao das máis deliciosas comidas, pois é un pracer que os nosos nen@s reciben asociado a sensacións e experiencias que día a día se fan máis vigorosas e vizosas ao redor da lectura de textos e de ilustracións fermosas sexa nas casas, sexa nas escolas ou mesmo nas bibliotecas municipais.
Mais, a pesar dos evidentes avances na concienciación sobre a importancia desta etapa , é tamén manifesto que a nosa sociedade segue adolecendo do tempo preciso para dedicarlle á lectura. Segue faltando tempo en nais, pais , mestres e nas concellerías ou nas consellerías pata invertir na lectura para nen@s, tamén para que eses moz@s que ocupan unha gran parte da súa adolescencia ,como di Xabier Docampo, na queixa permanente, poidan facer uso da literatura como ferramenta de desafogo, de expresión, como arma de coñecemento ou de introspeción. Si, falta tempo para impulsar esa etapa na formación dos primeios lectores, para ler cos nosos fill@s no día a día,para procurar espazos e actuacións nos concellos que inciten a gozar da lectura, para que nos centros ( que son os que mellor o levan) a lectura sexa o fío condutor e esencial na ensinanza.
Imos avanzando nas formas, nos recursos , nas ideas. Están proliferando en múltiples cidades asociacións, colectivos e iniciativas que inciden neste terreo aínda, en gran medida, por labrar e cultivar. Neste mes de abril, por exemplo, Vilagarcía tamén aportará algo novo. estamos ultimando a nosa presentación oficial(da que nuns días daremos conta). En Galicia estamos ademais de noraboa porque hoxe cumpre, nada máis e nada menos que, dez anos unha editorial galega, xoven e innovadora especializada en literatura infantil que está xa tamén introducíndose paseniño no terreo da literatura xuvenil. Kalandraka Editora funcionou nesta década como unha corrente de auga fresca, un verdadeiro revulsivo no mundo editorial máis aó das nosas fronteiras e goza dun gran prestixio e recoñecemento dentro e fóra de Galicia.
Sexa logo, ben recibido e celebrado este día. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|