Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha carta de despedida de Begoña Caamaño
A escritora Begoña Caamaño vén de falecer despois dunha loita coa enfermidade. lembrarémola como unha eterna Penélope tecedeira de historias, disposta a navegar, ela tamén, ou mesmo a formar parte da Maga Morgana da Celtia eterna, se cadra en Esmelle, disposta a vivir unha vida distinta.

Fomos en Casaescola conscientes desta loita coa morte e co silencio obrigado, pois foi imposible realizar un Encontro coa autora, como lle solicitaramos ignorantes do seu padecer, e ao que ela mesma accedera, pero que un repentino e indesexable empeoramento na súa fráxil saúde impediu lamentablemente para sempre. A morte levouse con ela seguramente un bo feixe de boas historias que contar, tanto como o son as que deixou xenerosa e alegre para todos nós.

Gardamos dela gratos momentos da lectura dos seus libros, palabras e historias que dificilmente esqueceremos mentras vivamos pois chegaron ben fondo aos nosos corazóns. Tamén o fixeron os distintos correos electrónicos que ela nos enviou privadamente desculpándose por non poder acudir ao Encontro previsto e que gardamos en privado para os nosos adentros con todo o cariño que rezuman.


Quixeramos, despedirnos dela coas súas palabras, coas palabras que dirixidas a súa amiga e cantante Uxía Senlle acaban de facerse públicas e que vos invitamos a ler no seguinte enlace do Sermos Galiza.

Un Alalá das Mariñas para Begoña

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 30-10-2014 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0