Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A LÚA DA COLLEITA EN VILAGARCÍA |
|
O próximo día 13 de xuño vimos celebrar un Encontro coa autora ANXOS SUMAI, autora da novela A Lúa da colleita un dos textos de narrativa máis galardoados nos últimos tempos, mais Anxos é para Vilagarcía, e, sobre todo, para Casaescola unha escritora amiga, próxima, querida. Xa ten participado en distintas sesións con nós e, polo tanto, coñecemos de cerca a súa traxectoria. O feito de que sexa orixinaria da nosa comarca redunda na súa proximidade, pero especialmente a achega a nós o seu trato afable, sincero e sentido.
Deixamos aquí unha recente entrevista en Criticalia na que podemos descubrir a unha escritora que di escribir "non na posición de quen resiste, senón na ousadía de quen avanza. Xa soñamos abondo, é tempo de construír."
Incorporamos tamén outra crítica dupla de Susana Sánchez Aríns e Marga do Val, que nos fixeron chegar.
Lembrade o CLUB DE LECTURA o próximo día 13 de xuño no local de EL ROLE (1º andar) sito na Baldosa no centro de Vilagarcía. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|