Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS VOCES BAIXAS DE MANUEL RIVAS
Cando decidimos no Club de Lectura ler As voces baixas de Manuel Rivas a todos pasounos pola cabeza que era unha oportunidade de reencontro co autor de Que me queres, Amor?, aínda que leramos ou, algúns intentaramos ler, Os libros arden mal.
Non sei se será un tópico iso de que a Manuel Rivas dáselle mellor o relato curto, pero con esa sensación acudimos á convocatoria desta lectura marabillosa.

Se cadra habería que falar do xénero. Ser, máis ben aparenta ser unha novela con capítulos e todo, pero cada capítulo ten vida propia, e mesmo hai xente que percibe ritmos distintos ao comezo que ao final do libro, hai máis xente que comenta que hai capítulos mellores e outros peores, polo que parece que axústase como certeiro falar dunha novela de relatos curtos. Ou será máis ben un libro de memorias,(hai quen "bromeou" será o derradeiro libro de Manuel Rivas, ao que todos dixemos Imposible!... unha autobiografía si pódese chamar así, pero unha autobiografía colectiva ( por veces universal) que nos arrastra a evocar na lectura ao ritmo do autor a nosa propia vida, o paraíso perdido da infancia, sen dúbida a causa do seu profundo lirismo, da capacidade xenial de Manolo Rivas, en poucas palabras condensar cousas tan grandes coma un país enteiro. Para mostra un botón vease a definición da identidade galega, do sermos galegos, de Galicia retratada deste xeito maxistral: "un país tan invisíbel como omnipresente"
Esta capacidade de condensar, de emocionar con enunciados tan líricos no que conflúen o poeta e o xornalista é un dos praceres da lectura deste libros. Hai quen agradece especialmente a longa serie de anécdotas da infancia cargadas da ironía do adulto como a do retrato de Franco e o crucifixo na Escola de D. Antonio e tantas outras. Tesouros, en definitiva, saídos da riqueza das persoas, dos avós, das avóas , das tías, do pai e da nai nun xogo calculado, pero que non semella artificial para o lector/a, de situar á familia a certa distancia do narrador. Todos pasan por un exame da súa relación coa lingua e coas palabras. Os falangueiros, os que calan e nos que hai que interpretar os silencios. Un camiño, o da palabra, a descuberta da literatura e finalmente o do ser escritor na mocidade (trátase dunha autobiografía persoal)que funciona como un elemento vertebrador da coherencia da "novela".
As voces baixas, que título, evócanse, explícase en diversos momentos, ao longo do libro, a voz do interior, do intimismo, pero tamén as voces prohibidas, as da confidencia, as que non se escriben, a da memoria, a dos mortos... as voces baixas que se escoitan,as que se ocultan como o poema ourizo na clase de matemáticas, esas que hai que distinguilas desas outras cotiás e rueiras, as voces algareiras, como a dos que retornaban vivos do combate do Gran Sol...
En fin, unha lectura recomendable onde se valora aquilo que ten de transcendente o cotián, unha constante no estilo de Manuel Rivas.




*Nota: Esta "crónica" persoal da sesión de onte do Club de lectura foi escrita sen ler ningunha outra crítica allea, nace sincera froito dos ecos da propia lectura e da dos lectores presentes na sesión. Ao buscar enlaces que engadri a esta entrada sorpréndeme algunhas coincidencias con outras opinións, mesmo saídas do propio autor.



Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 23-02-2013 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 c v#blgtk08#gbj
Comentario por Emd (17-09-2020 03:18)
2 daghf#blgtk08#dshfd
Comentario por Hrdfurniture (26-09-2020 09:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0