Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NACE A PLATAFORMA POLA CULTURA DE VILAGARCÍA
Acaba de nacer a Plataforma pola Cultura de Vilagarcía na que dalgún xeito estamos integrados coa intención e mellorar o panorama cultural do concello e colaborar dende o punto de vista de poñer en relación os ámbitos da Educación e da Cultura, invitar a revitalizar fórmulas de encontro entre a casa e a escola a través da animación á lectura e promover colectivamente unha maior difusión e incidencia das actividades culturais no conxunto da cidadanía.

A primeira das iniciativas que se colocan enriba da mesa é precisamente a necesidade de analizar a situación presente da cultura en Vilagarcía e para iso convócase un Encontro da cultura local, culturón que terá lugar o próximo día 15 de decembro no Auditorio de Vilagarcía. Deixamos aquí unha crónica da rolda de prensa publicada polo Faro de Vigo

Por certo, esta iniciativa non parece ser a única deste estilo que se dá en Galicia como podemos comprobar en Redondela están nas mesmas
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 15-12-2012 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
Este xoves 10 de setembro ás 20 horas e no auditorio de Vilagarcía terá lugar unha reunión convocada pola plataformagalegapolagratuidade.es dirixida ás ANPAS do Salnés coa intención de informar sobre a campaña que se está a realizar para esixir o mantemento do sistema de préstamo dos libros de texto para primaria e secundaria e denunciar o sistema de pago que se está implantando pola actual Xunta de Galicia.
Unha fórmula de protesta vai ser que os <b>alumn@ non leven os libros ás aulas . Por outra banda son xa moitos os colexios cuxas direccións rexeitan realizar o traballo de tramitar as solicitudes de axuda
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 10-09-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Unha aclaración gráfica na enquisa

Espalla este gráfico, envíao aos teus coñecidospara aclarar ben a enquisa de Educación.
COACCIÓNS E LEGALIDADE
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 17-06-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
PARA VER, PENSAR E OBRAR

Se tes un minuto...

utilízao pinchando o enlace que che propoñemos máis abaixo. ANIMAIS SALVANDO O PLANETA, son como fábulas audiovisuais modernas de carácter ecolóxico. Descrifra as 11 mensaxes e apúntate aos seus consellos!

PARA VER, PENSAR E OBRAR
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 19-10-2008 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
¿Apuntaste a unha vida lenta?
Todo o día correndo, cun ollo no reloxo e outro na axenda... Agás que decidas esquencer o estrés.

A "FILOSOFÍA SLOW"

Unha marea de 80.000 persoas

Milleiros de persoas pensan que vivir máis despacio é posible. Así naceu a rede CittaSlow, que agrupa a cidades de ritmo relaxado, sostible, human en todo o mundo. Con menos de 50.000 habitantes, nos seus mercados hay productos ecolóxicos e teñen zonas peoniles, edificios sostibles ou restaurantes de delicias locais. En España, sete localidades pertencen ao clube: Begur, Palafrugel, Bigastro, Mungia, Rubielos de Mora, Pals y Lekeitio.

Máis da mitade das cidades ?slow? están en Italia, onde en 1986 naceu este movimento, cando o crítico gastronómico Carlo Petrini rebelóuse ante a creación dunha hamburguesería. Dahí xurdiu a plataforma ?Slow food?, cuia filosofía extendeuse a outros eidos. Agora contan con máis de 80.000 membros en 50 países. Apostan polo ritmo lento e consciente na cociña, o traballo, a escola e ata o sexo.

Cómo aplicar a ?filosofía slow?

? Se o exceso de actividade te esgota, procura equilibrar con actividades relaxantes, que fomenten a pausa e a reflexión. Ao principio pode que che coste, sen embargo, traballar coas mans, facer unha tarefa minuciosa ou practicar exercicio a ritmo lento pode ser a mellor maneira de descansar.

? Non fagas todo apresa. Párate a pensar, dudar ou reflexionar. Facemos moureas de cosas por rutina, incluso danos medo detenernos, pero no silencio é onde fala a voz interior, esa que sabe se estás a facer o que queres.

? Adopta o espíritu da ?slow food?: recupera as comidas a ritmo relaxado, sen tele, na compaña de outras persoas ou saboreando o que comes sen facer nada máis.

? Lembra: non somos máquinas. Descobre cál é o teu ritmo e traballa a un ritmo constante, pero flexible. Tómate o teu tempo para pensar, organizar, respostar. Non te obligues a facelo todo e por riba apresa. Divide as tarefas, fainas de unha en unha, combina o traballo e as pausas: parecerá que o tiempo se estira...

? Se vives moi apresa, e posible que vivas máis na tua cabeza que na realidade. Sale dahí, recuperando un ritmo máis natural: fai exercicio, pasea, contempla a natureza, ríte, xoga cos teus fillos, ¡en vez de saturarllela axenda tambén a eles!, e esquence o reloxo nos momentos de ocio.

DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS

LIBROS

? ?Elogio de la lentitud? (Autor: Carl Honoré / Editorial: RBA/ Precio:18 ?)

Os que decidiron desafiar ao culto á velocidade non están soos. O movimento ?slow? está ben organizado en todo o mundo e o periodista Carl Honoré é o seu gurú. O libro abrese cunha rotunda declaración de principios que pronunciou o científico e filósofo francés Blaise Pascal: ?Toda la infelicidad de los hombres proviene de una sola cosa: no saber estar inactivos dentro de una habitación?.

? ?Elogio de la pereza? (Autores: Meter Axt y Michaela Axt- Gadermann / Editorial: Mensajero/ Precio: 10,80 ?)

Con boo humor, moita pereza e unha total ausencia de estrés, este libro ofrecenos consellos e indicacions para vivir máis despacio, sen esquecer que na vida non todo é ocuparse do traballo. O ocio, a tranquilidade e a moderación, explicanos os seus autores, ocupanse de manternos coa saude intacta e nos axudan a sumar anos cunha boa calidade de vida. Para vivir máis e mellor.


PARA SABER MÁIS

Principios generales:
www.movimientoslow.com

Comida:
www.slowfood.es

Ciudades:
www.cittaslow.net

Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 27-08-2008 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO ESPERO
Unha nova interesante sobre animar a ler publicada pola Voz de Galicia a suxerencia de María Conde:

Os centros de saúde dos concellos de Meis e A Illa forman parte, desde onte, da rede «Lendo Espero»

Rosa Estévez
26/3/2008

No centro de saúde da Illa había onte ao mediodía certo balbordo. A bibliotecaria Ángela Otero montaba un andel de cores e colocaba nela, con esmero, un bo paquete de libros. Non é estraño ver a esta muller afanada entre contos e revistas ás portas das consultas: fai tempo que acode ao centro médico para estender «receitas de lectura» entre os pacientes que esperan a súa quenda. Agora, ademais desas receitas municipais, os nenos do concello insular teñen un bo puñado de libros á súa disposición por cortesía da Consellería de Cultura e do seu programa «Lendo Espero». Onte presentábase ese programa, e por iso ata o centro médico trasladáronse tanto o alcalde insular, Manuel Vázquez, como a delegada de Cultura, María Xesús López.
O programa Lendo Espero forma parte da campaña de fomento da lectura que fai uns anos puxo en marcha a Xunta. «As cifras de lectura en Galicia non é que sexan dramáticas, pero tampouco son boas», explicaba onte María Xesús López. Por iso é necesario crear nos máis pequenos o gusto polos libros e polos seus contidos.
Abrir espazos
«Hoxendía vos nenos teñen contacto cos libros non ámbito escolar, pero en moitos casos só aí», explica a delegada de Cultura. Os pais perderon o costume de lerlle contos aos seus fillos, e os avós tamén cambiaron e non sempre teñen tempo de contarlle historias aos seus netos. Por iso é necesario «abrir espazos de lectura», en palabras da responsable da Xunta.
E como no mundo de hoxe o tempo é ouro, o mellor xeito de achegar os libros á xente é naqueles momentos nos que o tempo se para. Como na sala de espera das consultas. «Neste mundo tolo non que vivimos, é unha gran forma de aproveitar ou tempo de espera», sinalaba onte o alcalde da Illa, Manuel Vázquez.
Os rapaces deste municipio arousán xa levaban algún tempo gozando dos libros no centro médico. Non ocorría o mesmo en Meis, outro municipio no que se inaugurou onte o programa «Lendo Espero». No centro médico desta localidade estivo a delegada de Cultura pouco antes da súa visita á Illa. Alí tamén deixou tras ela un ronsel de libros cheos de historias e de ilustracións.
para consulta na propia prensa dixital
Comentarios (1) - Categoría: DEBATES - Publicado o 26-03-2008 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Calatayud, o xuíz das sentencias educativas estivo en Galicia
Emilio Calatayud estivo en Galicia, en concreto en Pontevedra e tamén na Illa de Arousa. Ofrecemos unha breve semblanza do seu paso por terras atlánticas onde descubrimos novas facetas deste gran comunicador. Anécdotas, experiencias moitas veces referidas en clave irónica, especialmente para provocar unha reflexión posterior ao humor sobre aspectos que a lexislación aínda non ten resoltos, pero tampouco a administración educativa. Puxo moita atención nos deberes que os pais e as nais temos. Soubo tamén situar ao auditorio na pel dun rapaz internado, na pel dunha nai dun rapaz delincuente, algo sempre difícil de transmitir. Deixou un abano amplo de preguntas e de propostas de mellora nos campos da xustiza e da educación con maiúsculas, é dicir, esa na que todos estamos implicados como cidadáns que somos.

Unha charla cos rapaces do Instituto e outra cos pais
Como tamén é habitual no proceder deste xuíz meticuloso e cordial, na Illa de Arousa na tarde do venres 1 de febreiro comezou dando una charla para os mozos e mozas do Instituto da Arousa para, logo dunha breve pausa, dar outra aos pais e nais que, como no caso dos rapaces, abarrotaban o salón de plenos do Concello. Alí estaban autoridades educativas e municipais interesadas tamén no que este xuíz viña a falar, unha sesión maratoniana para Emilio Calatayud que dun xeito afable e próximo falou coa claridade meridiana que o caracteriza ao longo de algo máis de catro horas. Esperamos poder contar con algún documento sonoro que recolla algúns momentos da súa intervención a resposta do Instituto da Illa quen foi o promotor desta vida a Galicia, terra por certo da nai do xuíz.

Polo de agora aquí queda esta pequena reseña. Podes saber máis desta estancia no enlace de máis abaixo.
Ver referencia en prensa escrita
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 03-02-2008 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Calatayud: Unha reflexión para o debate sobre a educación.
PARA UNHA ESCOLA DE NAIS/PAIS VIRTUAL

Este xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, coas súa ssentencias exemplares está sendo un referente para debates en Escolas de Pais e Mestres sobre os dereitos e deberes na Educación, sobre a comunicación necesaria entre todos os que teñen algo que dicir sobre a educación. É unha voz consciente da perda do norte da nosa sociedade e a necesidade de abordar con urxencia o debate sobre a educación dun xeito colectivo e innovador ante os índices de fracaso escolar.

Nese debate e na procura de alternativas recomendamos aos interesados no tema ver os seguintes videos:

PRIMEIRA PARTE



SEGUNDA PARTE


Para ver outros vídeos podes introducir o nome de Emilio Calatayud nun buscador que de seguro atoparás varios vídeos con diversas intervencións deste xuíz en charlas ou programas recentes de TV.



Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 05-12-2007 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0