Flipamos con

Xa non entraremos no debade de onde carallo vive o noso rexedor... xa é un debate valeiro e aburrido...

Pero o anecdótico é a operación de estética que lle fai o periódico dixital La Voz de Una Parte De Los Gallegos

Na opinión desta redacción temos que andar atentos ó mellor os extraterrestres secuestran o noso Gran Lider Espiritual subindo a Infesta unha mañanciaña xelada e pegannos o cambiazo por este fulano que nopn coñecemos de nada...

Xa sei que o mellor neste caso non se pode aplicar o refrán que dí máis vale o malo coñecido que o bo por coñecer... Neste caso mellor será o malo que virá que o que temos...

A ligazón da nova: http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/02/07/0003_8278824.htm?idioma=galego

Editorial - 19-02-2010 17:05
Tercio de Campolameiráns
Fonte:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Galicia/derroto/Inglaterra/elpepiautgal/20100127elpgal_17/Tes

Como que pontevedrés!!!!! Campolameirán!!!!


A comienzos del siglo XIX, milicianos criollos y españoles impidieron que Buenos Aires fuese tomada por uno de los ejércitos más poderosos del mundo en ese momento: el de la Inglaterra que acabó sometiendo al mismísimo Napoleón. El llamado Tercio de Gallegos, creado en 1806, fue uno de los grandes protagonistas de esa batalla que tuvo importantes consecuencias para la futura independencia de Argentina, cuyo bicentenario comienza a celebrarse este año al otro lado del Atlántico.

Horacio Vázquez, descendiente de gallegos, es el artífice de la resurrección de este regimiento en el que ejerce actualmente como comandante. El Tercio ahora tiene funciones protocolarias y ha comenzado a ser muy valorado en el país austral por su importancia histórica. El trabajo de investigación llevado a cabo por Vázquez ha permitido reconstruir la historia del Tercio, que tuvo una efímera existencia entre 1806 y 1810 y renació en 1995 como guardia de honor de la Escuela de Náutica Manuel Belgrano, ubicada en la zona portuaria de Buenos Aires.

Esta escuela es el embrión que facilitó el nacimiento del Tercio. Belgrano creó esta institución en 1799 para formar oficiales de la Marina Mercante. En 1806 se produce el primer intento de conquista de Buenos Aires por parte de los ingleses que desembarcaron y llegaron a conquistar la ciudad. Tropas milicianas, vecinos, gauchos y combatientes de distintas partes del Virreinato del Río de la Plata lograron reconquistarla. Ante la previsión de que pudiera producirse un nuevo ataque inglés, comenzaron a organizarse una serie de cuerpos de voluntarios integrados por personas de todos los estamentos de la época: españoles, criollos, indios, labradores, funcionarios, militares, sacerdotes... Entre ellos se crea el Tercio de Gallegos, el segundo en cuanto a número de integrantes con un total de 600, sólo por detrás del llamado Regimiento de Patricios, compuesto por ciudadanos de Buenos Aires.

Según explica Horacio Vázquez, una de las características peculiares de estos regimientos era su organización democrática, con la elección de los mandos a cargo de los propios miembros de la milicia. El Tercio se formó con ocho compañías de fusileros de línea y una de granaderos, que eligieron como comandante al ingeniero pontevedrés Pedro Cerviño, entonces director de la Escuela de Náutica y que más tarde también tendría un papel destacado en los inicios de la Revolución de Mayo, proceso que acabaría culminando con la independencia de Argentina.

Finalmente, a finales de junio de 1807, los ingleses desembarcaron en las proximidades de Buenos Aires, pero esta vez lo hicieron con una fuerza de unos 14.000 soldados. Para dar una idea de lo que esto representaba hay que tener en cuenta que Buenos Aires apenas contaba entonces con 40.000 habitantes. Tras unos primeros días de combate en los que parecía que los ingleses iban a conseguir su objetivo de conquistar la ciudad, el contraataque llevado a cabo por los milicianos les permitió repeler la invasión. El 5 de julio el general Crawford entregó su espada al capitán Bernardo Pampillo, perteneciente al 7º Regimiento del Tercio de Gallegos, en el convento de Santo Domingo.

Tras este episodio glorioso el Tercio siguió existiendo algún tiempo más. Según explica Horacio Vázquez, la disolución se produjo por diferencias internas entre los que apoyaban a la Corona española y los que apostaban por la independencia de la metrópoli. Entre estos últimos se encontraba Bernardino Rivadavia, que luchó contra los ingleses dentro del Tercio y que acabó siendo el primer presidente de Argentina en 1826, aunque apenas logró ejercer el cargo durante un año.

La labor desarrollada por Horacio Vázquez en los últimos años ha permitido recuperar la historia del Tercio y situarla en el contexto de la época. Desde 2005 se celebra una jornada anual en la que participan también los ingleses que viven en la ciudad y se recrean los combates que tuvieron lugar hace 200 años. A lo largo de 2010 los uniformes del Tercio se verán en los desfiles del 25 de mayo que conmemoran la independencia argentina y, además, se publicará un libro sobre la figura de Pedro Cerviño y una novela basada en las historias de los soldados del Tercio.

Entre los tesoros que se han conseguido recuperar está la bandera original del Tercio, que estaba casi destruida y que ahora puede verse, junto a otros objetos de la época, en el museo de la Escuela de Náutica. Los muchos lazos que unen a Galicia y Argentina están más presentes que nunca en la historia del mítico Tercio de Gallegos.

Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 27-01-2010 19:24
De conversa con ... Cruz
Ola a todos:

Hoxe en temos unha pregunta para vostede, atrevémonos cunha muller que ten un extraordinario sentido do humor, que demostra ano tras ano prestándose a participar nas eleccións á alcaldía da nosa república bananeira. Nas derradeiras eleccións estivo a dous votos de ser a segunda concelleira do BNG.

[A Voz das Pitas]Bos días Cruz.

[Cruz] Pois boas tardes, non é que estivera meditando a resposta desde a mañá, é que, inda que acabo de empezar agora, é pola tarde (as 16:20 h exactamente)

[A Voz das Pitas]É probable que vostede non comparta o de república bananeira, ao mellor vostede pode mellora a adxectivación e suxerir outro termo, que lle parece castaña, ou pataca?.

[Cruz] O de"república" encántame, o de "bananeira" é un sóame a foráneo. Prefiro o de pataqueira, castañeira, milleira... incluso augardenteira , ¿por que non augardenteira? é un termo perfecto

[A Voz das Pitas]Recorda vostede os anos que leva participando nas listas electorais?, ou a súa presenza é pura inercia?.

[Cruz] Pois non, non o recordo, a verdade e que xa levo uns poucos. anos.

Non é que participe por inercia exactamente, e máis ben porque penso que se queres peixes tés que mollar o cu. (isto, o do cu, non é nada fino, douvos permiso para omitilo ou cambialo por outra parte do corpo que sexa politicamente correcta). Se algo non che gusta ou crees que é mellorable terás que intentar cambialo¿non? E creo que desde dentro sería unha boa forma de o facer.


[A Voz das Pitas]A súa participación nas actividades do seu partido fóra do período electoral é activa ou meramente esperalos vir?

[Cruz] Hai un pequeno erro na pregunta, mais que un erro, un malentendido. Eu non pertenzo a ningún partido, vou nas listas do BNG como independente, nin estou nin nunca estiven afiliada nin o BNG nin a ningún outro partido.


[A Voz das Pitas]Nas últimas eleccións quedouse a dous votos, cremos recordar, de conseguir o seu asento na corporación municipal. Quedoulle pena?

[Cruz] Si, a 2 ou 3. ¿Pena de non entrar? Pois mira, aí apareceron sentimentos contraditorios, por unha parte quedoume pena de que o BNG non sacase os 2 escanos e por outra, sentín alivio ó verme libre da responsabilidade que conleva o formar parte do goberno local

[A Voz das Pitas]Pero deixemos a política, e falemos un pouco de temas máis interesantes. Vostede é profesora ou mestra, ambos os dous termos son adecuados ou prefire un en particular?

[Cruz] Inda que utilicemos as dúas palabras como sinónimos, para min a palabra mestre ten unha connotación diferente da de profesor. Un mestre/a é unha persoa de unha gran sabedoría e experiencia que, ademais de ensinar, forma persoas . Profesor é unha persoa que ensina. Creo que queda claro cal termo prefiro ¿non? Gustaríame ser merecedora do de mestra pero voume a ter que conformar co de profesora, “profe” ou “pro” que é como xa nos chaman agora.

[A Voz das Pitas]Que perden os nenos a medida que se fan maiores?

[Cruz] Graza

[A Voz das Pitas]E que gañan?.

[Cruz] Gañan anos, bueno, tamén algo de madurez, experiencia

[A Voz das Pitas]Segundo a súa experiencia docente, ten algunha vantaxe pasar a infancia nun municipio rural como este, ou cre que pasala nunha cidade é máis vantaxoso?.

[Cruz] Todo ten os seus pros e os seus contras pero eu penso que é moito máis vantaxoso pasar a infancia nunha aldea, entre outros moitos motivos, que non é este o lugar nin o momento de expor, eu destacaría o feito de que os nenos criados no rural son moito máis independentes, autónomos, libres …, incluso máis demócratas, saen para fóra (eira, paza, camiño…) e xogan xuntos, (ou pelexan xuntos) sen diferenzas de clase, raza ou relixión (¡que constitucional me saíu a parrafada!!!) Penso tamén que son máis felices, non sei se hai algún estudio científico ó respecto, eu baséome fundamentalmente na observación.

[A Voz das Pitas]A nivel cultural e cotián como se podería mellorar a oferta cultural existente en Campo Lameiro?

[Cruz] ¿Mellorar o que ....? ¿a oferta cultural existente en Campo Lameiro? Non se pode mellorar o que non existe ou.... ¿é que en Campo Lameiro hai algunha oferta cultural? … Ah!!! si, perdón, está a festa da augardente ...,a comida dos maiores.... logo tamén está a festa da augardente.... ah! e está a comida dos maiores..... e está a festa....¡Que despiste! E eu pensando que non había!! Bueno, sen coña, pois se non se pode mellorar o que non existe o que haberá e que empezar por creala. Logo todo e susceptible de mellora.

[A Voz das Pitas]Todos temos algún espazo especial no ámbito que nos rodea, non sabemos se estará disposta a confesar o seu, pero que lugar ou acocho de todo o municipio é o que máis lle gusta?.

[Cruz] Pois a verdade é que non teño ningún lugar especial. Hai moitos lugares no contorno que me gustan pero non teño ningún especial

[A Voz das Pitas]Cal cree vostede, como cidadá, que é o espazo máis deteriorado de todo o municipio?

[Cruz] Pois non sei, hai moitos espazos susceptibles de mellora, por dicilo de unha maneira suave. Ó meu entender non hai ningún desastre ecolóxico gravísimo, (o que non quere dicir que non o haxa nun futuro próximo segundo lin hai uns días na prensa), pero hai moitos pequenos “desastriños”, Por exemplo:
Os nosos montes, e xa non me estou a referir unicamente ó desastre dos incendios de hai uns anos atrás senón tamén ós eucaliptos. Xa apenas temos outra cousa que eucaliptos, as especies autóctonas están a desaparecer; e aquí temos que entoar todos o mea culpa, definitivamente a avaricia estanos a romper o saco.
Hai tamén unha chea de vertedoiros incontrolados, por calquera sitio atopas porquería tirada.
Os contornos dos petroglifos, a maioría deles dan peniña, cheos de toxos, sen sinalizar. Non nos podemos esquecer do campo da feira da A Lagoa e dos finados carballos (uns finados e outros por finar como alguén non lle poñan remedio).
Ah!! e logo hai lugares que "os deterioraron" (e valga a expresión) lugares que, según din, arreglaron pero a verdade é que quedaron de peniña, sen ir máis lonxe, en Chacente, indo para a Capela de San Xosé,fixéronnos unha reprodución do Muro das Lamentacións, (ou digo eu que esa debeu ser a idea e saíulles clavadiño) nel gastaron unha morea de cartos e, por moi lucido que se vexa en Xerusalén, Chacente non pega, non pega nadiña. En Paredes tamén se luciron coa Capela e o seu entorno, fixeron unha pista de acceso que xa se desfixo antes de inaugurar a obra, os accesos a pé tamén son de folleto de propaganda, sobre todo para minusválidos... ¡en fin!! ... mellor non seguir.


[A Voz das Pitas]Que lle gustaría cambiar ou sacar da nosa paisaxe?

[Cruz] Pois... Os eucaliptos, sacaría os eucaliptos e cambiaríaos por especies autóctonas, pinos, carballos, castiñeiros … logo, se podo cambiar algo máis pois cortamos as silvas que hai por todas partes, arranxamos un pouquiño os camiños … ah!! e os muíños!! Arranxamos os muíños e facemos un paseo polas veiras dos ríos …

[A Voz das Pitas]E da paisaxe política?.

[Cruz] Puuuuffff!!! Pois mira, da paisaxe política sacaría todos/as os/as trepas, inútiles, desvergonzados/as… todo o falso, todo o podre, … xa ves, non quedaba títere con cabeza.

[A Voz das Pitas]Para rematar e regresando ao plano político, como valora vostede que se realice un pleno para tratar exclusivamente os días festivos?

[Cruz] E... ¿que queres que che diga? pois... será que é ese o único problema que hai no pobo, vamos, eu confío na nosa clase política e se eles pensan que iso é o máis importante a tratar pois será que o é. Nese sentido paréceme estupendo que nunha época de crise como a que estamos a vivir no noso pobo teñamos como único problema o de elixir o Santo a celebrar

[A Voz das Pitas]E o autobombo municipal na revista elaborada baixo o prisma do equipo de goberno?.

[Cruz] E se eles non se louvan ¿quen os vai louvar? Cando un non ten avoa non lle queda outra… claro que a revista pagámola todos e polo menos a algúns non che nos fai moita graza ver no que se gasten os nosos cartiños.

[A Voz das Pitas]Pensa repetir para as próximas eleccións ou quedarase á espera do que suceda e a coñecer as necesidades do seu partido?.

[Cruz] Iso depende de moitas cousa, primeiro de que mo propoñan, e segundo de que, se mo propoñen, eu, nese momento eu me atope con tempo, ánimo, gañas, ...para dedicarlle, Xa veremos. Inda falta moito

[A Voz das Pitas]Sabe vostede por que pecharon o blog que prometía ser un espazo de comunicación cos cidadáns?

[Cruz] Pois sinceramente, non, non o sei, iso habería que preguntalo na sede do partido, supoño que algunha razón terían pero non a coñezo, a verdade é que non se me ocorreu preguntala

[A Voz das Pitas]Dá a sensación, opinión deste equipo de redacción, de que foi unha ferramenta oportunista que só perseguía unha fin momentánea? Pode corrixir este punto?

[Cruz] Naquel momento abriuse, como ben dicides máis arriba, como un espazo de comunicación, ¿Co de “ferramenta oportunista con fin momentáneo” referídesvos a fins electoralistas? Home!! Fin electoralista un blog en Campo Lameiro...?? Pareceríame unha perda de tempo, sería moito máis efectivo unha cuña na radio ou un anuncio na prensa, … inda que o que mellor funciona no Campo é unha enchoupada de cemento ou de asfalto por aquí e por alí, unha pala facendo que fai polas aldeas, …. Agora que o que é un blog… non vexo eu que sexa moi efectivo. Resumindo: que creo que esa non foi a idea, de o ser, sería unha idea do máis tonto e o que si podo asegurar e aseguro (parafraseando a aquel xa case esquecido presidente) é que o cabeza de lista do BNG, de tonto non ten un pelo. todo o contrario, é un tío moi intelixente.

[A Voz das Pitas]Realmente todos temos asuntos propios aos que dedicarnos, pero se un quere colaborar ou formar parte dun proxecto para mellorar a nosa comunidade sabe que non pode esperar nada a cambio, hai demasiadas escusas na oposición ou poucas ideas?

[Cruz] Eu penso que fan o que poden. A oposición no Campo son soamente 2 persoas, iso non é unha escusa, é unha realidade. Poden presentar mocións, non van ser aprobadas,poden votar en contra de outras, non vai valer de nada, van saír a diante... eu penso que o que ten é que ser un traballo frustante, recibes paus de todas partes e non recibes un parabén de ninguén. Xa sei, non se vai aí a recibir parabéns pero todos temos un corazonciño e que nos chovan leches de todas partes non lle é grato a ninguén.

[A Voz das Pitas]Para rematar como ve a Campo lameiro un prazo de 20 anos.

[Cruz] Pois… non sei se o vexo, como sigamos así… Cada vez somos menos, o censo está baixando a pasos de xigante, non sei cal é neste momento a taxa de natalidade, tampouco sei cal é a de mortalidade pero a vista está que non hai comparanza. Non fan falla taxas nin números oficiais. Ás probas me remito ¿Cantos/as alumnos/as hai no colexio do Campo? ¿Cantas parellas ou matrimonios novos se quedan a vivir no Concello? Moi poucos. Isto lévanos a ter unha poboación envellecida e unha taxa alta de mortalidade co que á volta de uns anos, quedaremos por aquí uns cuantos “Carracucas” arrimadiños a un bastón e con unha trompetiña no oído (ou un sonotone, agora xa non se usa a trompetiña) que, de vez en cando, moi de vez en cando, emerxeremos de entre as silveiras (e digo de entre as silveiras porque se agora que inda hai xente para cortar nas silvas estamos invadidos ¿Qué non vai pasar dentro de uns anos?) bueno, pois iso, sairemos do medio do mato para coller o butano, o peixe ou o pan e iso se sigue indo por alí o peixeiro, o panadeiro ou butanero. Inda que tendo en conta que esta xente é bastante nova e tal e como se está a Seguridade Social , o tema das pensións está “chungo” , é probable que, daquela, teñan que seguir a traballar, o que redundará en beneficio de todos nós (xa vedes, eu penso seguir aí, currando, por suposto e, posiblemente, presentándome as Municipais)

[A Voz das Pitas]Chegados a este punto, queremos agradecerlle a Cruz que nos concedese esta entrevista. Foi para nós un pracer poder recibir as súas opinións e impresións. Do mesmo modo a emprazamos a que participe no noso espazo coas súas opinións, non está mal que entre broma, crítica e sátira, mesturado todo con ironía, se coen comentarios serios e respectables como o seu.
Finalmente, denos un titular que lle gustaría ler na prensa para Campo Lameiro.

[Cruz] Algo así como “Campo Lameiro : 1º Premio Europeo en Desenrolo Sostible”
Logo seguiría algo así "Segundo o Presidente da comisión europea de desenrolo sostible, este fermoso pobo de ... 20000 habitantes (20.000 estaría ben ¿non?) é un modelo a seguir por todos nós ... bla, bla, bla....


[A Voz das Pitas]Cruz, moitas grazas e esperamos volver ter unha conversación con vostede.

[Cruz] Graza a vos e ata cando queirades


Decia Erasmo de Rotterdam que "Un home intelixente non mexa contra o vento".
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 22-12-2009 19:33
Xa temos un novo parque...
O parque botánico do Río Maneses.

Como nos alegra saber a razón que temos cando coincidimos con propostas serías e responsables.

A nosa pregunta é a seguinte, e sabe algo desto a corporación municipal???

Agora, o que non ten mérito é que nos dean un premio pola recuperación do noso patrimonio, danos no nariz que isto estaba un pouco....

En calquer caso, e cando se trata do ben común parabéns, e non nos custa nada recoñecerlle o noso alcalde se foi merito seu.

Temos a sensación de que somos unha galiña que cando cacarea fai que as outras poñan ovos.
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 06-11-2009 16:24
Pois temos un chabolo no entorno ben curioso...
Avisamos, no ver o video baixo o efecto do viño ou da augardente...



Es que nosotros te somos de aldea y como comprenderá nos supera lo del jalpón que acaban de hacer. Oijá i en el espacio que sobra podemos juardar el maquinillo, y vamos a poder rozar el tojo, es que en el aparcamiento, pensamos nosotros vera usté que bien nos podian aber dejado un espacio para la palleira, es que si el jabalí les foza las brañas entre las piedras ponemos unos lazos o enviamos a mi vicino a la espera, es que claro, uno no entiende de espacios abiertos oblicuos sobre el pensamiento astrato... no será que ustedes le dan... ya me entienden... y cuando dicen que ha costado el galpón este?, es que donde se ponga la uralita i unos somieres, se arregla un abrigo en cualquier lado, no se lo tome a mal, pero pues eso nos parece una esplicacion mui que solo entiende el cura, que es estudiado entienda, pero ya no lantiende ni el medico que es medio dalla abajo, mentiende no?, y claro uno va con la gripe esa de la galiña y sale operado de minisco cruzado, pero no se lo tomen a mal, i el alcalde que les ha dicho, questa bonito no!!, pues sil alcalde, qentambien es hombre formado y con aprovecho, que para eso es profesor descuela, esta bonito, pues para nosotros bien, pero eso si no me cierren el paso que el tojo medra y hai que cortarlo que los quinos tienen que dormir cuidados para criar buenos jamones, que despues regalamos, claro, hombre, nos entendemos i depaso no se vayan sin probar la caña, pero la de la buena, la que no esta catada por los del impuesto... es que ya no digo más que luego todo se sabe i ya mentienden... a por cierto y pnganme unos eucalitos para integralo con el entorno carallo que eso parece otro pais i no campolamiero...
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 04-11-2009 19:20
Carecemos de plan de ordenación urbanística
E non somentes carecemos senón que ademáis os nosos mandamais non teñen pensado adecuarse a lexislación vixente.
Segundo publica La Voz de Galicia
En Pontevedra hai 36 concellos que carecen de PXOM, pero unicamente os de Campo Lameiro e Mondariz Balneario non contactaron con Urbanismo para adecuar a súa situación aos parámetros que esixe a lei urbanística galega.
E ten pensado a nosa corporación municipal facer algo?, teñen pensado sacar o noso concello de estar a cúa de todo? (menos na do paro que imos en cabeza).
Pero esta nosa corporación municipal que fai?, a que adica o tempo?, onde poñen os ovos estas galiñas? ou é que nos sairon machorras e témolas para o caldo?.
CORPORACIÓN DIMISIÓN XUNTA XESTORA XA!!!


Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 03-11-2009 13:21
A xentión do noso alcalde da os seus froitos...
negativos por suposto!!!!

Segundo un estudio de Caixanova do que e fai eco o Faro de Vigo:

...la situación en el resto de municipios de la comarca tampoco es muy halagüeña, a la vista de los datos recogidos por Caixanova. Así, en mejor estado que Pontevedra figuran Barro (7,7% de tasa de paro), Cotobade (también 7,7%), Cuntis (9), A Lama (7,8), Poio (8,8), Portas (8), Sanxenxo (8,4) y Marín (9,3), pero con peores cifras que la capital aparecen municipios como Campo Lameiro (10,8%), Moraña (10,6), Ponte Caldelas (10), Caldas (9,9) y Vilaboa (10,1).

O noso alcalde consegue poñernos a cabeza da provincia coa tasa de paro máis alta de todos os concellos. En non se sabe xa cantos anos á fronte da alcaldía non conseguiu poñernos na media da provincia. Se o noso alcalde traballase un pouco máis o mellor tamén traballábamos todos
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 03-11-2009 13:14
Vandalismo
Un/ha lector/a deste espazo, ven de facernos chegar esta foto co obxetivo de denunciar os actos vandálicos de certos cazadores, que fan un uso paranoico das súas ferramentas de caza.

O noso/a lector/a non somentes se queixa de que esnaquicen os paneis da carretera e as sinais de tráfico, senón que se queixa tamén da irresponsabilidade desta xente cando dispara a carón dunha carretera.

Vandalismo 1

Un dos integrantes desta equipa de redacción é un cazador empedernido, e quere responderlle a este lector/a que comparte a súa preocupación, pero en ningún caso se pode xeneralizar a todo o colectivo. En todas partes hai malfeitores, e somos moitos os cazadores que facemos e obramos de xeito racional e sensato cando estamos de caza.

Pero ahora ben, si que tamén nos queixamos de que a certos compañeiros de caza non deberian deixalos sair ó monte.

Saúdos
O porco.
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 29-10-2009 14:24
Onde o teu voto vale unha farola!!!
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 29-10-2009 00:16
Papadela de maiores en Campo Lameiro
Papadela en Campo Lameiro
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 24-10-2009 23:24
Recomendamos comparar a web de Moraña coa de Campo Lameiro
Vexa e compare, e se non lle gusta pida que dimita toda a corporación municipal.
Moraña http://www.morana.org/HTML/index.html
Campo Lameiro http://www.campolameiro.com/

Moraña ten catro pedras que non son nin o 1% do que ten o Campo lameiro pois vexa que ben as venden http://www.morana.org/HTML/rupestre.html
http://www.morana.org/HTML/situaciong.swf
Onde están as de Campo lameiro

Juas Juas Juas http://www.morana.org/patrimonio/patrimonio.html Pois para un pequeno centro miren que ven o presentan

E que non queremos seguir facendo sangue, pero POR FAVOR O DA NOSA CORPORACIÓN MUNICIPAL DA VERGOÑA
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 22-10-2009 21:21
Quedoulles a cabeza descansada
http://www.campolameiro.com/montes/index.htm



O LOGO E PARA CHORAR, SEGURO QUE SE LLE PIDEN A UN CATIVO DA ESCOLA QUE LLES FAGA UN SAIRIALLE MOITO MELLOR

Primeiro pode pensar un que nos están a tomar o pelo, logo un pensa que o mellor non teñen para máis. Finalmente un chega a conclusión que se multiplicaron por cero.

O/A RESPONSABLE DESTES CONTIDOS QUE DIMITA XA!!!!
OU QUE O NOSO ALCALDE O POÑA DE PATITAS NA RÚA XA!!!


Os montes de Campo Lameiro están situados no val do Río Lérez ao que abastecen coas súas augas limpas. Pero o que escribiu esto que é parvo??

A xestión forestal que desenvolvan as Comunidades de Montes de Campo Lameiro ten importantes repercusións ambientais que excedeno ámbito local e deben xestionarso baixo o principio de “pensa globalmente e actúa localmente”. E ademais un perfecto descoñecedor da realidade das comisións de montes.

Entendemos que esto é outra trapallada para encher un oco!!! http://www.campolameiro.com/montes/index_archivos/page0004.htm

Este espazo está destinado a que as comunidades de Montes poidan colgar aquí os seus avisos tanto aos comuneiros como os relativos a organización de eventos de interese para o conxunto das Comunidades de Montes. Envía a túa nova aos enderezos que figuran ao pé de páxina e colocaranse neste espazo para garantir unha ampla difusión. Tamén o concello colgará nesta páxina avisos de interese para as Comunidades de Montes: non cho perdas! ESTO FAINOS TREMER DE GUSTO

E ISTE É O MAPA DOS MONTES QUE TEÑEN????



ESTE PARRAFO É ÉPICO, QUEREMOS SABER O CUSTO DISTO, E QUE SEXA TODO DESCARGABLE O QUE PASA É QUE O MELLOR NON SE ATREVEN NON VAIA SER QUE LEVEN OUTRA SOMANTA COMO A DA REVISTA


E POR ÚLTIMO A MARAVILLOSA LISTA (TOTALMENTE EQUIVOCADA POR CERTO CANDO FAI O RECONTO DE SUPERFICIES - A ALGUNHA COMUNIDADE SACARONLLE METROS CADRADOS)

Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 22-10-2009 21:12
O futuro
Eu son o futuro de Campo lameiro
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 22-10-2009 20:44
A xestión do parque



Só hai que ler a prensa para decatarnos dos atropelos que sofre Campo Lameiro e que a corporación municipal, perdón non existe, queriamos dicir o alcalde, permite.

Resulta que (in)Cultura afirma que a xestión do parque rupestre de Campo Lameiro non se coñecerá ata o 2010. Entendemos que o xestionará o Concello, ou non?.

Un novo berro:


A XENTIÓN DO PARQUE É NOSA!!!


A nova é de La Voz de Galicia
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 16-10-2009 14:08
Magosto en Couso
FESTA EN CAMPO LAMEIRO


Magosto oficial e puntuable para o "Campionato Campolameiran de comedores de castañas asadas".

Sábado 17 outubro a partir das 21h nas escolas de Couso a cargo da Asociación Xuvenil e Cultural "O Costado".

Haberá obradoiro de cabazas pola tarde, a partir das 18h para os nenos.


VEN É PARTICIPA


Magosto
Cultura - 16-10-2009 10:50
Sendeirismo en Campo Lameiro
O concello deixao moi craro:
Atoparase con numerosas zona encharcadas e lugares de paso polo río.
Pendente ascendente pronunciada durante todo o camiño.
Recoméndase realizar este itinerari oen primaveira-verán
.

Sendeirismo en Campo Lameiro

Información: http://www.campolameiro.com/sendeirismo.html
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 14-10-2009 16:17
Ala vou!!
Ala vou para Campo Lameiro
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 14-10-2009 09:50
Isto é
Forastero isto é Campo Lameiro
Bloque Popular e Obreiro de Campo Lameiro - 13-10-2009 09:58
Imos facer contas
Por asistir a un pleno 60€

Se temos 11 concellais e supoñemos que asisten todos é cuestión de multiplicar:

60 x 11 = 660 € é o que nos costa como mínimo que se xunten os cargos electos.

Pois poden xuntarse para moitas poucas, pero resulta que esta vez somentes trataron unha:

DECIDIR OS DÍAS FESTIVOS DO ANO QUE VEN.

Xa vedes como funciona este concello.

E non é máis fácil meter este punto na orde do día de outro pleno?.

Vai sendo hora de que nos poñamos firmes e pensar en ir rematando con esta feira.


Plenos de Campo Lameiro
Xeral - 09-10-2009 19:03
De conversa con ... Pacita

[A voz das Pitas]Hoxe temos a oportunidade de entrevistar un dos personaxes máis singulares da nosa política.

Dende este medio sempre fomos críticos e duros, tanto co alcalde e o seu goberno coma coa oposición. Non obstante a nosa redacción sempre estivo aberta a escoitar a súa voz e o que nos interesa as súas propostas.

A chegada á política de Paz Vidal Fontenla, coñecida popularmente como Pacita, non estivo exenta de polémica. No medio dunha profunda división dos socialdemócratas, a actual líder do PSdG-PSOE, atreveuse a encabezar unha lista que quedou relegada á terceira posición en votos da corporación municipal. Históricos e históricas do partido non dubidaron en criticar, en privado e ao abeiro da luz das tabernas, á súa entendemos actual dirixente.

[AVDP] Bos días Pacita, é un pracer para nós poder conversar con vostede.

[Pacita] Para min tamén é un pracer que me permitan ofrecer as miñas opinións os seus lectores.

[AVDP] Para comezar cóntenos, por favor, que a impulso a liderar a formación municipal dos socialdemócratas?

[Pacita] A necesidade que ten este pobo de contar cunha alternativa política real que nos permita mellorar a vida dos nosos conveciños. O único partido que representa os valores de solidaridade e liberdade que aposta polas políticas sociais e o Partido Socialista. Estes dous principios son a base tamén das miñas ideas.

[AVDP] Unha vez que vostede se pon á fronte da formación unha das súas primeiras misións é confeccionar a lista electoral. Explíquenos por favor que criterio utilizou para confeccionala e que méritos son para vostede importantes á hora de graduar aos integrantes.

[Pacita] Dende o Partido Socialista sempre buscamos os mellores.Xente con ganas de traballar e cunhas ideas iguais ao pensamento socialista.

Aínda que lles aclaro que a lista presentada polos socialistas nas anteriores eleccións municipais había algunha xente moi valida,pero totalmente descoñecida para o noso pobo,posto que foi feita en catro días, xa sei que non e desculpa pero é a verdade,nas próximas eleccións será como lles digo o principio da resposta.

[AVDP] É consciente de que o resultado electoral foi bastante pobre, xa que quedou detrás do BNG. Na súa opinión foi o BNG máis hábil ca vostedes á hora de preparar a campaña ou é que vostedes non souberon conectar co pobo?, ou é que hai outra explicación para o afundimento electoral dos socialistas.

[Pacita] Non creo que se trate de habilidades duns ou doutros. Os cidadáns votan claramente e dende logo o Partido Socialista tomou nota.

[AVDP] De todos os xeitos é consciente de que ten un celeiro de votos fixo moi superior ao BNG, pero moi inferior aos que atesoura o PP e concretamente o alcalde na súa figura. Comezaron a traballar para, utilizando a súa base social, socavar o apoio do alcalde?, e en caso afirmativo cales son as accións que se están a realizar?.

[Pacita] Levamos traballando dende o día seguinte as eleccións municipais. O noso traballo é diario e se basea no contacto cos cidadáns e en atender as súas dificultades. O resultado deste traballo se verá no 2011.

[AVDP] Todos coñecemos as habilidades do noso alcalde para capitanear a súa nave, e mal que nos pese a de todos, e dende fóra o público en xeral opina que a oposición é morna e covarde. Podemos afirmar que o alcalde ademais dos seus é capaz de acantoalos a vostedes? Non nos de a escusa de que son só un, xa que detrás ten o apoio da súa formación.

[Pacita] Dende o poder sempre é máis fácil chegar a todos os cidadáns xa que se teñen recursos para elo. Nos, insisto, estamos traballando dentro das nosas posibilidades. O mellor algún pode considerar que é lento, pero dende logo non ten pausa.

[AVDP] Cales foron as súas últimas propostas e accións nos plenos concello.

[Pacita] Levo facendo varias propostas nos plenos que coido que son importantes para Campo Lameiro. Pedimos que se dote a parroquia de San Isidro de saneamento; levo reclamando limpeza de camiños de varias parroquias,ou a creación dun punto limpo, entre outras moitas. Fixemos unha actuación que coido importante como foi a localización do centro de día en chan público para non ter que expropiar a ningún veciño. E por último, tamén fixemos a nosa proposta para o uso dos fondos do Plan E.

[AVDP] Como é a súa relación política cos membros do goberno?

[Pacita] Obviamente dentro da cordialidade e educación normal entre rivais,pero dende logo a nivel política a miña sempre vai ser crítica.

[AVDP] E persoalmente con quen se leva mellor?

[Pacita] Non teño preferencias. Lévome ben con todos.

[AVDP] Como cualificaría a súa relación co seu compañeiro na oposición do BNG?

[Pacita] Pois como lle dixen antes,cordial.

[AVDP] É posible chegar a acordos con el?

[Pacita] Sempre que as propostas sexan para mellor a situación dos veciños de Campo Lameiro, non entendo porque non.

[AVDP] Nas tabernas coméntase que non asiste aos plenos, é certa esta afirmación, ou non pode confirmalo?

[Pacita] Eu dos comentarios das tabernas non me vou facer eco. Esa pregunta será mellor formularlla a él.

[AVDP] Centrándonos noutros aspectos da política local, como valora o parque arqueolóxico?

[Pacita] Pode ser unha proposta atractiva se canto antes se dota de contido e se pon en valor, cousa que ata agora non pasou...

[AVDP] Que accións realizaría vostede para atraer investimentos que xeren emprego?

[Pacita] En Campo Lameiro temos unha necesidade urxente de fixar poboación. Para elo é necesario dotar de servizos a todas as parroquias, pero ademais dotar dunhas boas infraestruturas de comunicación. Ámbalas dúas accións son básicas para a creación de empregos pero tamén para configurar Campo Lameiro como unha poboación onde se poda vivir e iso creará emprego, xa que teremos necesidades de comercios e locais de ocio.

[AVDP]Podemos considerar que o polígono industrial está fracasando e non precisamente a causa da crise?.

O polígono industrial por si só non poderá atraer nada. Senón temos conexións viarias, saneamento e abastecemento de auga, as empresas non van vir a instalarse nun parque no medio da nada. A xeración de emprego faise con boas infraestruturas e tamén con criterios de crecemento sostible. Quero dicir que nada nos vai servir ter chan barato senón ofrecemos outras cousas necesarias para as empresas. O emprego, o crecemento económico e o asentamento de poboación virán despois.

[AVDP] En materia de infraestruturas os investimentos son pobres e xeralmente só serven para parchear. Á vista de todos está que non hai un plan específico de infraestruturas que coordine os investimentos dos diferentes organismos supramunicipais no concello. Que consideraría vostede urxente e que consideraría necesario?

[Pacita] Non ten porque existir un organismo que coordine as inversións das outras administracións no noso concello. Ten que ser este concello quen dirixa as outras administracións, a Xunta ou a Deputación, para que saiban que é o mellor para o noso municipio. Neste intre está rematando o plan ZP de obras no concello. O noso alcalde recibiu 375.000 euros para obras terá que explicar que proxectos aprobou. A deputación vaille dar en tres anos case 700.000 euros e o novo Fondo de Investimento local do Goberno de Jose Luis Rodríguez Zapatero daralle para o ano próximo preto de 400.000 euros. Inversións vai ter dabondo nestes anos o concello de Campo Lameiro. O importante non é coordinar senón saber en que se vai gastar o diñeiro e saber as necesidades dos veciños.

[AVDP] Podemos afirmar que o actual goberno non sabe diferenciar entre investimento, infraestrutura, saneamento e medio ambiente?.

[Pacita] Nos temos moi claro as necesidades en infraestruturas de saneamento e abastecemento que necesita Campo Lameiro. O que non se pode e usar o diñeiro público para arranxar camiños alí onde se recibe máis votos.Para nos estas infraestruturas son básicas así como unha ordenación urbanística que permita atraer novos veciños e empresas.

[AVDP] Que valoración fai sobre a transparencia do concello?

[Pacita] A valoración é moi clara. Non existe.

[AVDP] Na actualidade cal é o presuposto total do concello?

[Pacita] 2,4 millóns de euros.

[AVDP] Que porcentaxe se destina a soldos e mantemento do mesmo e que porcentaxe a inversións.

[Pacita] Case que 500.000 € en persoal e 1,4 millóns de euros para inversións de todo tipo.

Gastos Concello de Campo Lameiro

[AVDP] Que opinión ten vostede de que se cree unha empresa pública para xestionar as traídas de auga, e o aproveitamento de recursos forestais.

[Pacita] Polo momento non temos ningunha noticia oficial.Coido que o primeiro antes de falar de empresas para a xestión sería necesario que todos os veciños contarán con abastecemento. Despois falaremos da xestión pero sempre tras falar cos vecinos.

[AVDP] Que opinión lle merece a actual política das comisións de montes?

[Pacita] Para min as comisións dos montes deberían traballar por coidar o monte, traballalo e despois poñelo en valor. E cos beneficios revertelos nos vecinos.

[AVDP] Que pode facer o concello para que o caudal de xente que segundo o alcalde vai a vir a Campo Lameiro con motivo do parque, se materialice en crecemento económico e xeración de emprego?.

[Pacita] Como lle dixen antes primeiro teremos que dotar de contido e despois veremos.......

[AVDP] Entrando no persoal, está contenta de adicarse a política?

[Pacita] Para min é unha satisfacción persoal poder facer cousas polos veciños de Campo Lameiro.

[AVDP] Este espazo realizámolo un grupo de amigos que foi crecendo pouco a pouco. Somos novos, vivimos no municipio e estamos profundamente anoxados co actual goberno e a oposición. A falta de liberdade de expresión e o clientelismo existente obríganos a manternos no máis absoluto anonimato, sobre todo pola vergoña que poidan sentir as nosas familias, terrible non. Tantos anos de caciques e clientelismo domaron o noso pobo e castrárono. Poucos se senten orgullosos de ser de Campo Lameiro. Non opina vostede o mesmo?.

[Pacita] En primeiro lugar, penso que grazas a moita xente, neste momento xa non vivimos nunha ditadura onde debamos ter medo a explicar as nosas ideas. En segundo lugar, coincido na apreciación que fan sobre o clientelismo, pero a única forza que coñezo para loitar contra iso e cada catro anos nas urnas. E para rematar, non creo que o pobo estea castrado. Ao pobo temos que explicarlle existen outras formas de facer política e iso defendémolo dende o Partido Socialista.

[AVDP] Que opina da nosa actividade e como valora a utilización da rede como medio de comunicación de masas?

[Pacita] Sempre é positivo que todo o mundo poda expresarse libremente dentro da lóxica educación. A rede ofrece precisamente esa posibilidade e polo tanto paréceme moi positiva a súa experiencia.

[AVDP] Sabe que esta redacción e os seus integrantes non apoiamos á súa formación nin a ningunha das que concorren á alcaldía. Dende aquí apoiaremos unha candidatura xusta que estea disposta a traballar polo pobo. Preocúpalle a vostede que unha formación independente poida acudir á seguinte convocatoria.?

[Pacita] Dende logo dende o Partido Socialista nos move o traballo polo pobo de Campo Lameiro e a min no persoal tamén, así que pola súa pregunta espero que me apoien nas próximas municipais. ¿As candidaturas independentes? Pois mire normalmente nacen por excisión dos partidos maioritarios e a longo prazo, os seus integrantes volven ao partido de onde saíron e creo que na nosa provincia temos exemplos moi claros do que lle falo.

[AVDP] E por último e para rematar que está disposta vostede a facer por Campo Lameiro.

[Pacita] Neste momento o que podo ofrecer e o meu traballo pola veciñanza de Campo Lameiro. Non son persoa de promesas que despois queda no tinteiro. Cara as municipais traballaremos cos veciños para presentar un programa electoral que será o noso compromiso con eles. E, dende logo, moito traballo e diálogo con eles.

[AVDP] Queremos darlle as grazas por concedernos esta entrevista e animala a seguir loitando polo noso pobo. Agora tócalle ós lectores xulgala. Moitas grazas Pacita.

[Pacita] Moitas grazas a vostedes e, como xa dixen ao principio, agradecida de que me permitan achegarme os veciños no seu medio de comunicación. Un saúdo.

[AVDP] Medio de comunicación que tamén é seu e de todos os veciños que desexen expresarse é loitar polo noso pobo.

Ata aquí as palabras dun dos personaxes máis singulares da nosa política local. Dende este medio estamos abertos a servir de plataforma de comunicación para todos aqueles veciños que desexen expresar a súa opinión ou que teñan interese en ser entrevistados. Para elo non teñen máis que poñernos un correo electrónico.

Viva Campo Lameiro e as súas xentes.


Editorial - 09-10-2009 11:43
Campo Lameiro
A VOZ DAS PITAS

Berrándolle ó mundo





Campo Lameiro









A nosa bandeira





O noso escudo













Somos a túa voz
blogcampolameiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 Recomendamos
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS




© by Abertal