camanzo_10



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

cantos da terra (Carlos Negro)


Cantos da terra (Poema)

Es amo e señor da braña, da agra, da bouza.

Nado para sementares o millo e os fillos
derriba dos terróns que han ser esterco e tumba.

Fillo escuro dun pesebre de chan de chamizo,
dun berce de palla con sabas de estrume.

Así che medrou no peito un tambor de buxo
e na gorxa un cuspe seco de barro.

Dominas un territorio de uralita e moscas,
de pasteis de bosta no cemento das aceras.

Tan só os domingos mudas a alma e a camisa,
vas cara á igrexa con paso manso de tractor.

Logo paras na taberna, berras contra a barra,
cazas cos ollos femias de cadeiras poderosas.

E brindas pola caste, pola estirpe de pedra.



(Autobiografia de Carlos Negro)

Nacín na vila de Lalín, terras de Deza, en outubro de 1970; da infancia, lembro a rúa da Cacharela, a casa dos avós (Avenida de Buenos Aires, nº 1), a droguería con louza Duralex e pintura Titanlux (antes da invasión dos supermercados), os caramelos de nata (a peseta a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de pecho!), os partidos de fútbol nas leiras (previos á especulación urbanística), o cheiro concentrado a laca na perruquería.

Nos oitenta, fixen o Bacharelato no Instituto Público de Lalín; daquela lembro que eu era tímido, máis ben calado, retraído, atento e sixiloso. Eu estudiaba moito porque non era quen de ser rebelde, mentres os chicos malos fumaban descarados e ligaban coas mozas máis feitas (lei de vida). Daquela era o esplendor das discotecas: por exemplo, Krakatoa. E na banda sonora da adolescencia soaban Golpes Bajos, Alaska, Siniestro Total, Duncan Dhu, Radio Futura, Queen, Pink Floyd, The Cure...
Do Instituto recordo a influencia de dous profesores: Luz Marina e Mario; eles foron responsables de que eu aceptase cánto me gustaba a literatura, a pesar de min mesmo, a pesar do meu apoucamento, a pesar de que eu, de maior, aínda non quería ser nada. Eles botaron a semente que me animou a estudiar Filoloxía en Santiago de Compostela. E aí comezou outra xeira.


Ata hoxe, publicáronme tres poemarios; no 1998, gracias ó proxecto editorial alternativo denominado Letras de Cal, veu a luz o meu primeiro libro, as laranxas de alí babá; resultou un conto de amor, tan irrepetíbel como transparente; no 2001 xurdiu Far-West, concebido como unha elexía sobre os despoxos dunha Galiza salvaxe; a finais do 2003, apareceu Héleris, fotonovela sentimental do franquismo, crónica psicolóxica de traumas sociais, versión en branco e negro dun mito clásico. O 2003 foi tamén o ano da literatura do "Prestige"; e non puiden deixar de cuspir versos contra a Burla Negra, desde a rabia e a indignación.
A partir de aquí, xaneiro de 2004, todo é aínda pantalla en branco e silencio.



(Opinión personal)

Carlos Negro e un peta Galego que lle gusta escribir as cousas que a el lle pasarón na infancia.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 02-06-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A gerra civil española


1936 a 1939: Un alzamento militar orixinado en Marrocos e encabezado por o General Francisco Franco, extendese rápidamente por todo o país, Tras unhas sangrientas loitas, nas cuales a fortuna cambia de un bando a outro, los nacionales triunfan finalmente e fan una vitoriosa entrada en Madrid (o 28 de marzo de 1939).Empezando así a Guerra Civil. O alzamento tuvo éxito en Sevilla (dirigido por lo general Queipo de Llano),
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 18-11-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As augas malditas




Na miña aldea ai un problema coa auga, entre tres veciños trouxeron unha auga que atoparon no monte fixerón un pozo, bueno todo o que facia falta, deso xa fai moitos anos.

Aora un dos que non trouxo a auga querea usar pa regar as suas leiras pero non lle deixan.

Ós tres homes que trouxeron a auga denunciarono por cortarlle a auga e poñela pa sua leira, forón a xuizó, pero non sei quen ganou. O que sei e que ó home non volveu poñer a auga pas leiras del.

Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 11-11-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Quixote



O Quixote era un home como outro calquera pero de tanto ler volveuse tolo.

O Quixote queria ter aventuras e pediulle a Sancho que fora con el,Sancho non sabia que estaba tolo e foi con el.

Cando Sancho eo Quixote xegarón a un sitio onde habia moitos muiños o Quixote pensaba que eran xigantes e quixo matalos e sancho decialle k nn eran xigantes pero non lle fixo caso.

Despois xegaron a un castillo e pensaba k tiñan unha princesa secuestrada e quiriá salbar,pero o final nn dou porque ese castillo non habia ningunha princesa.

Eo final forón pa casa ós dous e Sancho reclamoulle a insula k lle prometera e o Quixote doulle un cacho de terra.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 20-10-2008 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os animais



Esta familia inclúie tres grupos de mamiferos salbaxes:O primeiro grupo está constituido por ás cebras,orixinarias da África;O segundo grupo son ós asnos salbaxes africano,o Kiang e o Onagro, que habitan en asia, o terceiro e o ultimo grupo está representado polos cabalos.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 14-10-2008 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O festival no instituto de Vila de Cruces
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 07-10-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un oso durmindo


Un oso durmindo a beíra da estrada
un oso que esta morto a beira da estrada
no medio do monte
levei o can a pasear onte
onte referianse ó cheiro
meu irman maior sentiuse mal
eo oso cando o veu marchou.



O blog de Jorge
Comentarios (1) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 02-10-2008 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal