vai de libros
Moitas veces penso que son como a miña avoa, cando algunha veciña lle ía con contos das trasnadas que faciamos a miña curmá, os meus curmáns e mais eu ela erre que erre dicía que era imposíbel que nós... Cando nos fixemos maiores á miña curmá e mais a min dábanos un pouco de vergonza, os meus curmáns seguiron durante moito tempos aproveitando ese cariño da miña avoa.
Pois a min pásame o mesmo co traballo dalgunhas persoas. Ago vou falar de Agustín Fernández Paz. Cada vez que teño ocasión asisto a xornadas nas que participa, leo todo aquilo que publica... mais moitas veces pode chegar a ser sentimentalismo (iso me din algúns e algunhas colegas do gremio).
Alá polo Nadal chegou ás miñas mans O único que queda é o amor e gustei moitísimo del (velaquí unha fermosa reseña nun blog sempre interesante) mais a sorpresa chegou para min no último conto "Un río de palabras". Relato o que el di e xa me contaredes se funciona como técnica de animación á lectura:
<object style="width:307px;height:230px" ><param name="movie" value="http://static.issuu.com/webembed/viewers/style1/v1/IssuuViewer.swf?mode=preview&previewLayout=white&documentId=080316195315-9c1a98429fe64d6e8d37a7a44ffbf3f1&backgroundColor=ffffff&layout=grey" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><embed src="http://static.issuu.com/webembed/viewers/style1/v1/IssuuViewer.swf" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" style="width:307px;height:230px" flashvars="mode=preview&previewLayout=white&documentId=080316195315-9c1a98429fe64d6e8d37a7a44ffbf3f1&backgroundColor=ffffff&layout=grey" /></object>
<TT>Ao primeiro nin sequera estaba seguro de que se tratase dunha boa idea. Ocorréuse mentres contemplaba eses papeis con anuncios de todo tipo que a xente pega nos lugares máis frecuentados. Calquera persoa que viva na cidade está farta de velos, aínda que para ler o seu contido haxa que achegarse ben a eles, pois case sempre están en letra moi pequena: "Ofrécese señora por horas para coidar nenos", "Sacamosa a pasear o teu can", "Cerralleiros, 24 horas", "Licenciada dá clases particulares de Matemáticas"... É doado distinguilos, pois pola parte de abaixo a folla sempre está recortada formando tiras onde aparece o teléfono ao que hai que chamar. Eu pensaba que ninguén lles facía caso, mais cambiei de opinión cando comecei a observar qeu de moitos deles desaparecían case todos os tíckets ás poucas horas.
Así que entra dentro da lóxica que se me ocorrese algo parecido cando volvín atopar un deses libros que me alborotan o corazón e me devolven a alegría de vivir. Ao rematalo, asaltoume de novo o desexo que sempre sinto nestes casos: telefonar aos amigos, saír a berrar no medio da rúa, proclamalo a todo o mundo. Dicirlle á xente que non pode seguir vivindo sen ler un libro así, hai demasiada beleza nel para ignoralo.
A idea veu a min con naturalidade. Aínda que non era ben consciente do que quería facer, cando xa estaba diante do ordenador, copiando as primeiras liñas daquel volume de relatos que me tivera absorvido nos días anteriores. Fíxeno cunha letra de corpo vinte e un interliñado xeneroso, de ningunha maneira quería ue pasase inadvertido entre os outros papeis:
Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres faí súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestres.
Imprimín vinte follas, en papel de color azul. Despois tiven que recortar a man as tiras da parte inferior; foi un traballo laborioso, pero pagou a pena. Nelas, en vez do número de teléfono, escribín o título do libro e o nome do seu autor. Se a alguén lle interesa a historia que se agacha detras daquelas poucas liñas, alí tiña o fío que lle permitiría entrar nela e descubrir as súas marabillas.
Peguei as follas por todo o barrio. Como sentía algo de vergoña, erguinme cedo e coloqueinas de mañanciña, antes de marchar para o traballo. Ao volver da oficina, o primeiro que fixen foi percorrer os lugares onde deixar os papeis. O corazón fóiseme enchendo de optimismo a medida que vía cortadas a maior parate das tiras. Era máis do que eu agardaba, os sinal inequívoco de que as miñas mensaxes estaban xa nas mans doutras persoas descoñecidas."</TT>
Igual que o noso conto nós tamén podemos sentir "vergoña" e erguernos cedo para colocar as folliñas, polo noso colexio/instituto/ou concello.  Mais igual aproveitamos o madrugón para cambiar algún xeito.
[Por se queda dúbida o textiño corresponte
ao libro ¿Que me queres amor?  de Manuel Rivas]
propostas para traballar a comprensión lectora
desde a escritura creativa,
a animación á lectura,
o traballo cooperativo,
a expresión oral etc.
para pasar un momento de diversión na aula
<object style="margin:0px" width="425" height="355"><param name="movie" value="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=estratexias-de-comprensin-lectora-1205189903992115-2"/><param name="allowFullScreen" value="true"/><param name="allowScriptAccess" value="always"/><embed src="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=estratexias-de-comprensin-lectora-1205189903992115-2" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="355"></embed></object>
| View | Upload your own
primeira xornada
<object style="margin:0px" width="425" height="355"><param name="movie" value="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=poguepua-normas-120307083860645-3"/><param name="allowFullScreen" value="true"/><param name="allowScriptAccess" value="always"/><embed src="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=poguepua-normas-120307083860645-3" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="355"></embed></object>
| View | Upload your own
E experimentaremos...
recursos_paraoptimizacion_lcas
Velaquí unha escolla dalgunhas ferramentas ben xeitosas para levar "a lingua ao dereito"
Aprendemos esta ferramenta na 'agora rede]
vai de mar
A tripulación deste ano non ten perda nos diferentes camarotes deste gran barco atoparemos:
Obradoiros de graffitis para a xente nova: do luns 28 ao venres 1 de febreiro de 17 a 19h. Non precisas enrolarte mais a capacidade é limitada.
Actividades concertadas para os centros escolares (do 14 de febreiro ao 14 de marzo no Pazo da Cultura e na Biblioteca Pública de Pontevedra): obradoiro de poesía, ilustración, música, medio ambiente, curtas con móbil, danza e contacontos; e asistencia a espectáculos teatrais.
É preciso concertar estas visitas do 25 de xaneiro ao 8 de febreiro no teléfono 986 833 061.
Obradoiros de adultos sobre literatura, animación á lectura, danza e ilustración. Alí estarán “Pescando letras” Xosé Miranda, Yolanda Castaño, Luísa Campuzano, Juan Farias, Xabier Docampo, Paco Martín, Antonio Ventura e Xavier Senín; iremos “Dos monicreques aos contos” da man de Rodorín; con Mercedes Prieto navegaremos por un “Mar de danzas” e Gabriela Rubio mostraranos o xeito de “Ilustrar a literatura”.
Para enrolarte nesta aventura de adultos (do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro) descarga o folla de embarque no web do Salón do Libro e envíao ao fax 981 874 070 ou ao correo electrónico salondolibro@salondolibro.org. O prazo de inscrición remata o venres 25 de xaneiro.
A xente do CEIP Parada-Campañó xa se enrolou nesta aventura.
Unha visita interesante do 24 de xaneiro ao 16 de marzo. Máis información no teléfono 986 833 061.
[información completa aquí]
fronteiras
<embed style="width:400px; height:326px;" id="VideoPlayback" type="application/x-shockwave-flash" src="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=8384521364641041210&hl=es" flashvars=""> </embed>
Blogue de Fronteiras, un documental nos límites da identidade galega.
INFORMACIÓN TÉCNICA (tirada do caderno de cineuropa):
Director:  Rubén Pardiñas
O documental, escrito e dirixido por Rubén Pardiñas trata sobre as fronteiras sociolingüísticas de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. Foi producido por Pasacana Films e patrocinado por AVID Technology. Recóllense nel declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e tamén de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde.
Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei ou Xosé Lluís García Arias tamén achegan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano.
Doutra banda, o filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo (León), Ibias (Asturias) ou Castro Laboreiro (Portugal), cuxa decisión sobre a súa propia identidade "debe primar ante todo á hora de definila", di Pardiñas. O director explica como "neste grupo, hai de todo, dende o que razoa que el é castelán falando nun galego impecábel até o que reclama a anexión a Galicia".
A cuestión central que Fronteiras presenta é que aínda que as fronteiras administrativas xa están fixadas e poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate, tanto para os intelectuais como para a xente que vive entre dúas terras. "Sen tomar partido por ningunha opción, nós queremos reflectir ese debate", afirma o seu director Rubén Pardiñas.
Ficha técnica:
* Dirección: Rubén Pardiñas Carracelas
* Guión: Rubén Pardiñas Carracelas
* Xefe de son: David López
* Produtor, montaxe, 2º operador - Cámara: Carlos Aguilera
* Produción: Miguel Gavito
* Música: Os Resentidos, A Banda de Poi, Siniestro Total
* Produción executiva: Emilio González Martí
Datos técnicos:
* Formato: Longametraxe
* Xénero: Documental
* Formato gravación: miniDV
* Duración: 58 minutos
* Idioma da gravación, da rodaxe: Galego, asturiano, portugués, castelán
* Ano de produción: 2007