TGM ARZÚA - PELETEIRO: 99 - 86 / Derrota do filial diante do Amigos do Vía
O equipo que dirixe Jorge Puñal estivo desde o inicio contundente no lanzamento, tanto desde o exterior, con un de 10 de 18 en tiros de tres, como desde cerca do aro (25 de 41 en tiros de dous).
A superioridade arzuana foi tan manifesta que a doce minutos para o remate os locais gañaban de 27 puntos (77-50), pese a efectividade rival na anotación de tres puntos (con 9 triplas sumadas entre Koke Rama e David Pazo). Logo viría unha notable melloría santiaguesa, que sacaría proveito das numerosas perdas de balón dos locais. Un 0-10 nos dous últimos minutos do terceiro permitiría reducir a diferencia no marcador, aínda que sen chegar a poñer en perigo a vitoria local durante o último cuarto.
ANOTADORES:
TGM ARZÚA: 99 (25+28+24+22): Manu (16), David Fernández (14), David Castro (12), Tato (7), Pablo (20), c. i., Óscar (4), Alfonso (7), Jorge (19).
PELETEIRO DE SANTIAGO: 86 (13+25+22+26): Alvaro Raviña (2), Dani Cochón (15), Koke Rama (29), Fran Soriano (3), Xulio Maside (11), c. i., Julio de Andrés (11), David Pazo (14), Ditano (1), Patiño (-), Rico (-).
Arbitraron os santiagueses Xosé Santos e Pena. Sinalaron 23 faltas ó equipo local, con eliminación de Alfonso e David Fernández, e 21 faltas e unha técnica ó visitante, con eliminación de Xulio Maside.
PRÓXIMA XORNADA: TGM Arzúa visita a polideportiva de Riazor para medirse o Basquet Coruña, en encontro previsto para a tarde do domingo.
OUTROS NÚMEROS DO ENCONTRO:
Ás porcentaxes de tiro apuntadas hai que engadir o 17 de 24 en tiros de dous.
VALORACIÓNS: Pablo Barreiro (27 puntos de valoración en 28 minutos disputados) e Manu Rodríguez (26 de valoración en 36 minutos) destacaron dentro da sobresaínte actuación do colectivo arzuán. David Fernández sumou 12 de valoración (27’), David Castro (27’), Jorge Ramos (24’) e José Manuel Tato (16’) sumaron 10 puntos e Óscar González (12') e Alfonso Castro (30') fixeron 8.
Os arzuáns sumaron 27 rebotes (4 deles ofensivos) con destacada actuación de Pablo Barreiro (9 capturas), fixeron 12 recuperacións (a metade delas de Manu Rodríguez), 24 asistencias (9 Manu, 5 Alfonso), e no capítulo de faltas recibidas destacan as 6 de Pablo Barreiro. No apartado negativo os arzuáns sumaron 22 perdas de balón, a metade delas no último cuarto.
Por parte santiaguesa destacar ás dez triplas sumadas (Koke 5, Pazo 4, Fran 1) e 16 puntos desde a liña de tiros libres (6 deles de Koke e 5 de Dani Cochón).
CAB ARZÚA QUEIXERÍAS BARRAL – AMIGOS DO VÍA CRUCIS: 46 -61.
Non foi mala a actuación dos rapaces do CAB Arzúa, pero as ausencias de Kike Ramos, Miguel Asteinza e Samuel López, e as molestias nun xeonllo de Adrián Pimentel pesaron moito nun filial arzuán que só dominou o choque durante o primeiro cuarto.
Logo viría a decisiva actuación no rival do arzuán Manu Fernández, o que engadido ós centímetros do nicrariense Suárez dentro da zona lideraron a actuación dun equipo santiagués que se levou a vitoria pese a afrontar o choque con numerosas ausencias.
CAB ARZÚA QUEIXERIAS BARRAL: 46 (15+7+17+7): Denís Bermúdez (-), Xosé Ramón Varela (2), David Villanueva (5), Óscar Pereiro (18), Ale Mosteiro (9), c. i., Adrián Pimentel (12).
AMIGOS DO VÍA CRUCIS: 61 (13+18+12+18): Manu Fernández (17), Otero (7), Valledor (14), Roberto Lado (5) e Suárez (18).
Arbitraron Xosé Santos e Pena, do colexio santiagués. Sinalaron 10 faltas ó equipo local, resultando eliminado David Villanueva durante o terceiro cuarto, e 13 ó visitante.
O equipo local fixo tres triplas (David Villanueva, Óscar Pereiro e Ale Mosteiro) e converteron 5 tiros libres (3 Óscar Pereiro, 2 Adrián Pimentel). O rival sumou tres triplas (Otero, Manu Fernández e Roberto Lado) e dous tiros libres (Valledor).
DOBLE DERBY PARA OS EQUIPOS DO CAB ARZUA COMO LOCAIS
A tarde iniciarase ás 16.45 co enfrontamento entre o CAB Arzúa Queixerías Barral e o Amigos do Vía de Santiago, equipo integrado, entre outros, polos arzuáns Ramón Quintela e Manu Fernández, e do que formaron parte a temporada pasada varios dos xogadores do actual filial arzuán.
Posteriormente, ás 18.30 horas, mediranse o TGM Arzúa e o Peleteiro santiagués nun dos encontros máis interesantes da nacional masculina.
Peleteiro, que suma 16 partidos gañados de 22 disputados, chega a Arzúa na primeira praza da competición, aínda que compartindo posto co Club Baloncesto Vigo AM que conta con un encontro menos disputado.
C. B. XOVE - TGM ARZÚA: 83 - 81
Parciais acumulados por cuarto: 20-22 / 37-38 / 59 – 58 / 83 – 81.
TGM Arzúa desperdiciou o último ataque dun choque extraordinariamente igualado.
ANOTADORES:
C. B. XOVE: 83 (20+17+22+24):  Alcalde (6),  Oroza (26), Leitao (8), Ceballos (12), Pérez (19), c. i., Castro (1), Echevarria (7), Sánchez (4) e Vicente (-).
TGM ARZÚA: 81 (22+16+20+23): Manu (12), David Castro (11), Tato (7), Jorge (18), Pablo (16), c. i., Alfonso (3), Óscar (8), David Fernández (6), Dani (-).
Arbitraron Carbajo e Zabaleta. Sinalaron 23 faltas ó equipo local e 22 ó visitante, resultando eliminado Óscar González.
PRÓXIMA XORNADA: TGM Arzúa recibe a visita do Peleteiro santiagués, co – líder da categoría.
MOSTA DE AUTORIDADE DO C. B. VIGO EN MONTOUTO
PELETEIRO – C. B. VIGO: 78 - 84
Respondeu ás expectativas agardadas o encontro máis interesante da nacional masculina, marcado por unha nova lesión do aleiro santiagués Diego Martínez cando tan só se levaban dous minutos disputados e Peleteiro dominaba por un claro 10-2.
A remontada viguesa non se faría agardar, e durante o segundo cuarto xa chegaban a dominar por 13 puntos de renda (15-28). Foron minutos certamente extraordinarios por parte dun equipo visitante que fixo valer a súa rapidez en ataque despois de rebote defensivo, ás triplas de Marco Pereira e os seus precisos cortes pola zona con un xogo de equipo que, por momentos, era certamente sobresaínte.
Os santiagueses irían a máis despois do descanso, especialmente coa volta á pista de Koke Rama despois dunha desafortunada primeira parte do aleiro local que mesmo o levou durante varios minutos ó banco. Dúas triplas consecutivas de David Pazo culminaban a remontada santiaguesa no ecuador do terceiro cuarto, que situaba ós de Fran Varela con rendas de seis puntos de vantaxe.
Despois de varios minutos de igualdade, os vigueses romperían o encontro a tres minutos do remate, entrando nos intres finais con unha renda de dez puntos de vantaxe. Parece claro que poucos equipos son agora capaces de manter a intensidade de xogo dos vigueses, avalados pola capacidade da súa excelente rotación de efectivos.
As faltas persoais acabaron por pasar factura a un equipo local escaso de efectivos nun encontro que contou con moitas faltas persoais, catro técnicas e numerosos tiros libres errados. Dentro da boa actuación viguesa ben se podería destacar a actuación de Javi Martínez e Marco Pereira.