|
|
|
|
|
|
| TGM ARZÚA - C.D. RECIMIL: 67 - 64 |
|
Encontro correspondente á décima xornada da fase de clasificación – grupo norte, da primeira nacional masculina disputado no polideportivo do Cruceiro na tarde do sábado. Boa entrada e moita animación no municipal arzuano.
Toldos Gómez Arzúa sumou diante do Recimil unha vitoria absolutamente necesaria para manter opcións de entrar entre os catro primeiros da fase, pero deixa en poder do equipo ferrolán a vantaxe particular en caso de empate a puntos na clasificación final. O cadro de Diego Fernández superou o compromiso coa ausencia de Pablo Candamio, lesionado nun xeonllo no adestramento do pasado venres.
TGM Arzúa: 67 (23+21+9+14): Manu (17), David Eirís (4), Emilio (15), Alberto (8), Óscar (8), cinco inicial, D. Castro (8), Larri (-) e David Fernández (7).
Cofersa Seguridad C. D. Recimil: 64 (19+17+14+14): Hector Mera (11), Diego López, Tono Saavedra (14), Arsenio Quijano (11), Iago Niebla (14), cinco inicial, Marcos Quintela (8), Quique Sedes, Oscar Fernández, Juan López (6), Carlos Cotovad.
Arbitraron: Morero e González, de Vigo. Sinalaron 24 faltas ó equipo local e 23 ó visitante. Resultaron eliminados Óscar (37’), D. Castro (40’) por parte arzuana e Héctor Mera (40’) pola ferrolana. Moi protestados por ambas partes, especialmente o principal por parte local.
A parroquia arzuana tivo que sufrir un final de infarto nun encontro que o equipo local chegou a dominar por 16 puntos no ecuador do segundo cuarto. A efectividade de Emilio Seoane permitiu ós de Diego Fernández tomar a iniciativa no marcador, pero o aleiro, como o resto do equipo, baixaron o nivel de xeito máis que considerable a medida que avanzaba o encontro, tanto a nivel ofensivo como defensivo, concedendo numerosas accións de canastra con tiro libre adicional.
Deste xeito os ferroláns pasaron a dominar claramente o encontro, non tardando en igualar o choque despois de que os locais estiveran os cinco primeiros minutos do terceiro cuarto sen ver aro. Os locais, moi apoiados desde a grada, souberon reaccionar a tempo nos instantes finais. Unha tripla de David Castro resultaba providencial nun encontro no que Alberto Camba (8 puntos, 11 rebotes e 7 recuperacións de balón) tivo a actuación máis destada. Pola contra, xogadores como Manu Rodríguez ou Óscar González disputaron, posiblemente, o peor encontro diante dos seguidores arzuanos na presente temporada.
Resto da xornada: Obradoiro impúxose en Cambre na única vitoria visitante. San Rosendo e La Salle gañaron diante de Celtas de Foz e Vilalba.
A Clasificación continúa encabezada polo San Rosendo (9 vitorias), Obradoiro ten 7, Celtas de Foz e TGM Arzúa 6, Recimil 5, Cambre e La Salle 4, pechando Vilalba con 3.
Faltan tres xornadas para o remate da fase e na próxima TGM Arzúa repite como local recibindo a visita do San Rosendo de Ferrol, equipo que con tan só dúas derrotas en once encontros mantén un dominio incuestionable no grupo de clasificación.
Outros números do encontro:
TGM ARZÚA:
11 de 18 tiros libres: Óscar 4/6, Manu 5/10, D. Fdez. 1/ 2.
16 de 42 tiros de dous: Emilio 6/11, Manu 4/13, Óscar 2/7, Alberto 1/5, D. Eirís 2/3, D. Castro 1/ 2, ...
8 de 20 tiros de tres: D. Castro 2/2, Alberto 2/3, D. Fdez. 2/4, Emilio 1/3, Manu 1/6, ...
26 rebotes (6 ofensivos): Alberto 11, Óscar 6, D. Eirís 4, ...
13 recuperacións de balón: Alberto 7, Óscar 3, ...
8 asistencias: Manu 3, ...
24 faltas provocadas: Manu 8, Óscar 7, ...
12 balóns perdidos: Óscar 4, Emilio 3, ...
Valoracións (total equipo: 58): Alberto 21, Óscar 10, Emilio 9, Manu 7, D. Castro 6, D. Eirís 4, D. Fdez. 2, Larri (-1).
Minutos xogados: Alberto e Manu 40, Emilio 34, Óscar 31, D. Fdez. 22, D. Castro 19, D. Eirís 12, Larri 2.
|
|
|
|
|
| NOTA INFORMATIVA DO CAB ARZÚA |
|
HORARIO DE ENCONTROS PARA ESTE FIN DE SEMANA
----------
PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA. Xornada 11 da fase de clasificación.
TOLDOS GÓMEZ ARZÚA – C. D. RECIMIL DE FERROL.
Sábado, ás 19.30 h., no polideportivo do Cruceiro de Santa María de Arzúa.
Clasificación actual: C.D. Recimil e TGM Arzúa comparten a cuarta e quinta praza empatados a cinco vitorias, unha máis que a A. P. Cambre e dúas máis que Vilalba e La Salle. Obradoiro e Cambre comparten a segunda e terceira praza con seis encontros gañados.
Nesta xornada San Rosendo (líder induscutible con 8 vitorias) recibe a Celtas de Foz, Cambre a Obradoiro e La Salle a Vilalba. Obradoiro e Celtas teñen seis vitorias.
Lembremos que no encontro da ida o CD Recimil impúxose ó TGM Arzúa por dez puntos de diferencia.
-----------
O CAB Arzúa Cooperativa Arzuana ten xornada de descanso na zonal coruñesa, mentres que o encontro do "CAB Arzúa Cafe Bar Pedrito Restaurante Villanueva", que debía disputar como local diante do La Salle santiagués foi aprazado ante a dificultade de asignar colexiados pola delegación.
|
|
|
|
|
| BASKET CORUÑA ATLANTICO - CAB ARZÚA COOPERATIVA ARZUANA: 55 - 48 |
|
Terceira xornada da liga zonal coruñesa.
Básquet Coruña Atlántico: 55 (11+8+18+18): Laura Paz (14), Piñán (2), Gema Sueiras (13), Remarís (12), Isabel Casal (2) - 5 inicial - Paula Casillas (10), Luaces (-), Pazo (-), García (-), Iria Álvarez (2)
CAB Arzúa Cooperativa Arzuana: 48 (4+18+13+13): Magda (3), Berta (12), Gina (5), Rocío (4), Yoli (24) - 5 inicial - Sara (-), Tania (-), Alba (-).
Árbitros: Jorge Blanco e Marcos Rial. Moi protestados por parte arzuana.
Parciais acumulados: 11-4, 19-22 (descanso), 37-35, 55-48
Comentario: Basket Coruña sacou proveito a 40 minutos de defensa zonal diante dun equipo visitante que buscou superar a mesma con excesivo erro no lanzamento exterior.
A presión arzuana do segundo cuarto parecía cambiar o signo do choque, pero as xogadoras que dirixe Diego Fernández non mantiveron esta intensidade durante a segunda parte, ademais de pasar factura o importante revés de non poder contar con dúas xogadoras habituais no cinco inicial, como Ledi e Laura Orois.
O vindeiro fin de semana o equipo de Arzúa ten xornada de descanso, mentres que na seguinte visita ó Adfro coruñés, polo que os seguidores arzuáns deberan de seguir agardando para poder ver ó equipo xogando como local na presente temporada.
|
|
|
|
|
| OBRADOIRO - TGM ARZÚA: 83 - 56 |
|
Encontro correspondente á décima xornada da fase de clasificación do grupo norte da primeira nacional masculina disputado no polideportivo santiagués de Lorenzo de la Torre con moi boa entrada.
Obradoiro e Toldos Gómez Arzúa celebraron o "derby" menos disputado que se recorda.
Un 2-7 inicial, con puntos arzuáns de Óscar González, facía pensar que o equipo que dirixe Diego Fernández non entregaría un encontro máis fora de Arzúa antes do descanso. Pero nunca máis lonxe do sucedido. Os obradoiristas non tardaron en pechar as accións arzuanas e apoiados no rebote defensivo sentenciaron con rápidos contraataques a cargo de Pedro Lemiña e Marcos Gato, ante unha inexistente transición defensiva visitante. Como dato do traballo en defensa dos de Arzúa indicar que recuperaron tan só catro balóns e, pola contra, perderon 19.
ANOTADORES:
ÓPTICA VAL OBRADOIRO: 83 (22+19+20+22): Escudé (5), Diego (9), Chechu (17), Luigi (9), Adrián (2) - 5 inicial - Dani (7), Pedro Lemiña (16), David Carballo (5), Marcos Gato (13)
TGM ARZÚA: 56 (13+11+14+18): Manu (8), David Fernández (1), Emilio (12), Óscar (8), Pablo (9), cinco inicial, Alberto (6), David Eirís (2), David Castro (10).
Parciais acumulados: 22-13, 41-24 (descanso), 61-38, 83-56
Arbitraron: Xoan Santos e David Seoane, ambos de Santiago. Sinalaron 25 faltas ós locais e 27 ós visitantes. Resultaron eliminados o obradoirista Adrián Conde (36 minutos) e os arzuáns David Castro (36’) e David Eirís (38’).
PRÓXIMA XORNADA: TGM Arzúa terá agora dúas xornadas consecutivas como local. A primeira delas será o sábado ás 19.30 horas no polideportivo municipal do Cruceiro diante do Recimil de Ferrol, nun encontro extraordinariamente importante na loita pola cuarta praza da liga. Na ida gañaron os ferroláns por 10 puntos de diferencia.
OUTROS NÚMEROS DO OBRA-TGM ARZÚA.
TGM ARZÚA:
10 de 17 tiros libres: Manu 4/4, Óscar 2/3, Emilio 0/1, Pablo 3/ 4, D. Castro 0/3, D. Fdez. 1/2 .
14 de 41 tiros de dous: Óscar 3/6, Pablo 3/7, Emilio 3/8, Manu 2/10, ...
6 de 23 tiros de 3: Alberto e Emilio 2/5, D. Castro 2/6, ...
38 rebotes (5 ofensivos): Pablo 10, Óscar 9, D. Castro 6, D. Fdez. 5, Manu 4, ...
4 balóns recuperados.
25 faltas provocadas: Manu e Pablo 5, Óscar 4, ...
19 balóns perdidos: Alberto e Manu 4, Pablo 3, ...
Valoracións (total equipo: 34): Óscar 14, Pablo 13, Emilio e D. Castro 4, Manu 3, Alberto e D. Fdez. (-1), D. Eirís (-2)....
Minutos xogados: Manu 36, D. Fdez. 28, D. Castro e Emilio 27, Pablo 25, D. Eirís 20, Óscar 19, Alberto 18.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|