|
|
|
|
|
|
| DESPEDIDA DA TEMPORADA PARA O TGM ARZÚA E O SEU FILIAL |
|
Os dous equipos do CAB Arzúa disputan este sábado no municipal do Cruceiro de Santa María os seus últimos encontros da temporada.
CATEGORÍA ZONAL MASCULINA
CAB ARZÚA QUEIXERÍA BARRAL - CLÁSICOS DEL MILLADOIRO
Sábado, ás 16.45 horas.
CATEGORÍA NACIONAL MASCULINA
TBM ARZÚA - NOIA
Sábado, ás 18.30 horas.
O Club Baloncesto Noia "xógase" en Arzúa a posibilidade de non depender do que faga o Club Baloncesto Narón para acadar a praza que resta para estar na fase final polo ascenso. A derrota noiesa daría opción ós de Narón, sempre que acaden a vitoria diante do Recimil. |
|
|
|
|
| VILALBA - TGM ARZÚA: 61 - 72 |
|
TGM ARZÚA VENCE EN VILALBA CON CINCO XOGADORES E AGARDA UN ÚLTIMO ENCONTRO DE LIGA DECISIVO NA LOITA POLO ASCENSO PARA O SEU RIVAL, NO QUE SIGNIFICARÁ A DESPEDIDA DE JORGE PUÑAL COMO TÉCNICO ARZUÁN.
TGM Arzúa presentouse en Vilalba con tan só cinco efectivos, pero esta circunstancia non impediu que os arzuáns realizaran en terras luguesas un dos encontros máis completos da temporada e acabaran por impoñerse a un rival extraordinariamente necesitado pola vitoria na súa loita por eludir o descenso de categoría.
A resposta do “quinteto” arzuán dirixido por Jorge Puñal non puido ser máis positiva, ata o punto que os arzuáns mesmo chegaron a xogar parte do segundo cuarto con tan só catro xogadores, despois de que un golpe fortuíto nun dedo dunha man sufrido por David Fernández lle provocara un forte esguince, aínda que o capitán arzuán non tardaría en reintegrarse ó xogo para completar o encontro lesionado.
ANOTADORES:
DISCOTECA TROCO VILALBA: 61 (16+12+18+15): Kike López (2), Adrián Núñez (21), Fernández (9), García (13), Rey (2), c. i., Lage (3), Castro (2), Óscar Rodríguez (7), Monasterio (2).
TGM ARZÚA: 72 (17+21+18+16): Manu Rodríugez (12), Alfonso Castro (19), David Fernández (16), Óscar González (8) e Pablo Barreiro (17).
Arbitraron Huete e Seguín. Sinalaron 19 faltas ó equipo local, resultando eliminado Núñez, e 10 ós visitantes..
OUTROS NÚMEROS DO ENCONTRO
Os vilalbeses sumaron 6 triplas (3 de Adrián Núñez, 2 de García e unha de Lage) e 9 puntos desde a liña de tiros libres.
TGM Arzúa fixo 11 de 24 en tiros libres, 20 de 44 en tiros de dous e 7 de 23 en triplas.
VALORACIÓNS: Pablo Barreiro sumou 27 puntos, Alfonso Castro fixo 26, David Fernández 22, Manu Rodríguez 20 e Óscar González 18.
Os arzuáns sumaron 42 rebotes (9 deles ofensivos), destacando os 28 que se repartiron Óscar e Pablo, recuperaron 23 balóns, con nota para os 8 de David Fernández e 7 de Pablo, e completaron 24 asistencias, 8 delas de Alfonso e 6 de Manu. Pablo tamén foi o líder no capítulo de faltas recibidas (8). No apartado negativo destacar doce perdas de balón.
O VINDEIRO SÁBADO ÚLTIMA XORNADA DE LIGA
TGM Arzúa recibirá o vindeiro sábado no municipal do Cruceiro a partir das 18.30 horas ó Club Baloncesto Noia, nun encontro que podería decidir a última praza na loita polo ascenso. Os noieses, que chegan empatados a 18 vitorias co Club Baloncesto Narón, precisan gañar en Arzúa ou agardar a derrota dos naroneses na pista do Recimil ferrolán, para estar na “final a 4”. Lembremos que para a loita polo ascenso están xa clasificados o Club Baloncesto Vigo, 22 vitorias, o Norinver Ferrol, no que milita o “ex” do xogador arzuán David García “Gorri”, que conta con 20 vitorias, e o Peleteiro santiagués dirixido por Fran Varela que suma 19 vitorias, tan só unha máis que Noia e Narón, pero beneficiado en caso de triple empate.
Os arzuáns, agora mesmo na oitava praza da liga, buscarán igualar o número de vitorias, agora mesmo 14, co de derrotas (15), e rematar co mesmo bagaxe que a temporada pasada na que ocuparan a décima praza da competición. O encontro significará a despedida de Jorge Puñal, despois de dúas temporadas ó fronte do club, como técnico dun equipo arzuán no que se fixo un sitio importante despois de que chegara como xogador a mediados da presente década.
|
|
|
|
|
| PROXIMOS PARTIDOS CAB ARZUA |
|
nacional masculina:
Vilalba - TGM Arzúa
Sábado, 18.30 horas, polideportivo municipal de Vilalba.
-------------------------------
categoría zonal:
Fontiñas - CAB Arzúa Queixería Barral.
Domingo, 10.00 horas, Vite I (Vite "lata")
---------------------------------
categoría zonal
CAB Arzúa Queixería Barral - Fontiñas
Mércores, 5 de maio, ás 21.00 horas en Vite I (Vite "lata").
|
|
|
|
|
| TGM ARZÚA - REALE THEBES A ESTRADA: 63 - 66 |
|
TGM Arzúa tampouco foi quen de gañar ó peor equipo no que vai de ano na nacional masculina de baloncesto. Os estradenses chegaban a Arzúa na penúltima posición da táboa, despois de perder catorce dos dezaseis últimos encontros que disputaron, e con sensibles baixas como a do interior David Carballo, circunstancias que non impediron que os arzuáns “sufriran” a súa décimo quinta derrota en 28 xornadas disputadas. Precisamente a palabra sufrimento sería a que mellor pode definir a actual imaxe dun equipo que está moi lonxe de disfrutar e sacar o mellor de si mesmos dentro da pista.
Os estradenses, que só anotaran unha canastra nos seis primeiros minutos de xogo, reaccionaron e chegarían por diante ó final do primeiro cuarto (13-19, despois dun 11-2 inicial favorable ós locais), e mesmo acadarían unha renda de 14 puntos no ecuador do segundo cuarto (18-32). Os de Puñal reaccionarían despois do descanso dando a volta ó marcador (42-40 pouco antes do remate do terceiro cuarto), apoiados no lanzamento exterior e liderados por Pablo Barreiro.
Pero nas continuas alternativas que se deron posteriormente no electrónico, os estradenses fixeron valer a súa imperiosa necesidade de vitoria, diante dun equipo local que notou en falta os puntos dos xogadores reservas (tan só tres), nun encontro no que precisamente sorprenderon os 40 minutos de banco de David Castro. Está claro que o único que parece agardar a estas alturas o equipo de Arzúa e que a temporada remate canto antes.
ANOTADORES:
TGM ARZÚA: 63 (13+14+18+18): Manu (9), Alfonso (10), David Fernández (14), Jorge (2), Pablo (25), c. i., Óscar (3), Dani (-), José Andrés (-) e Samuel (-).
REALE THEBES A ESTRADA: 66 (19+15+15+17): Pernas (18), Magariños (19), Chao (5), Fernández (9), Constenla (-), c. i. Sande (4), Tosaz (8) e David González (3).
Arbitraron Carbajo e González.
PRÓXIMA XORNADA: TGM Arzúa visita o próximo sábado Vilalba, un equipo que despois de sumar unha soa vitorias nas últimas oito xornadas comparte a penúltima praza da liga empatados cos estradenses (dez vitorias).
OUTROS NÚMEROS DO ENCONTRO:
Os 40 puntos de valoración de Pablo Barreiro (18 rebotes) é o dato máis destacado na actuación individual arzuana. Completaron a valoración Alfonso Castro (18), David Fernández (12), Óscar González (10), Manu Rodríguez (7), Samuel López (1), Jorge Ramos (0), José Andrés (-4), Dani Vílchez (-8).
Os arzuáns anotaron 5 tiros libres de 8 lanzamentos, 14 canastras de dous puntos de 35 intentos, e 10 de 27 en triplas.
Os estradenses converteron 3 triplas e 3 tiros libres.
DERROTA DO CAB ARZÚA QUEIXERÍA BARRAL NA CATEGORÍA ZONAL.
CAB ARZÚA QUEIXERÍA BARRAL – CLUB BALONCESTO NOIA: 52-83.
Parciais por cuarto: 14-30, 8-18, 13-19 e 17-16.
Presentarse con tan só cinco efectivos non parecía a mellor garantía de éxito para recibir a un dos líderes da categoría, e así resultou sobre a pista.
Os noieses puxeron puntos de por medio durante o primeiro cuarto (14-30), non dando opción a un equipo local que, unha xornada máis, non puido contar con boa parte dos seus efectivos. No apartado anotador destacar os 22 puntos de Adrián Pimentel, completando a anotación Samuel López e Xosé Ramón Varela, ambos con 11 puntos, David Villanueva 6 e Ale Mosteiro 2.
Arbitraron Baltar e Rivadulla.
Destacar no rival a presencia de Suso Quintela, ex xogador do equipo de Arzúa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|