|
|
|
|
|
|
| TGM ARZÚA - BASQUET CORUÑA: 70 - 82 |
|
Encontro correspondente á décima xornada da nacional masculina disputado no polideportivo municipal do Cruceiro. Boa entrada.
TGM Arzúa sumou a sexta derrota da temporada, segunda como local, nun encontro no que Jorge Puñal non puido contar coa participación de Alfonso Castro, ademais de sufrir a lesión de Xosé Andrés por unha torcedura de nocello.
O Basquet Coruña, extraordinariamente dirixido polo ex xogador Charly Uzal, ofreceu en Arzúa todo unha exhibición de organización e entrega defensiva, aproveitando os 21 “roubos” de balón diante dun equipo local que tivo moitas dificultades para superar a defensa rival.
Pero os coruñeses non só anotaron comodamente despois de recuperación, xa que tamén o fixeron con extraordinario acerto no cinco para cinco, tanto en posicións interiores como desde a liña de tres, neste caso por medio de Miguel Sánchez (4 triplas).
Con Pablo Barreiro como principal referencia ofensiva, os arzuáns non entregaron o partido ata o final, pero nunca estiveron á altura defensiva do rival.
ANOTADORES:
TGM ARZÚA: 70 (14+11+21+24): Manu (15), David (9), Kike (5), Jorge (8), Pablo (27), c. i., Óscar (3), Tato (3), Xosé Andrés (-) e Miguel (-).
FERROPLAST BASQUET CORUÑA: 82 (17+16+28+21): Kike Blanco (15), David Carballo (10), Pablo Somoza (6), Pablo Nogueira (2), Miguel Sánchez (15), c. i., Monty (18), Mateo Janeiro (12), Fernández (4), Rodríguez (-), Gerardo Dorda (-), Rubén Rey (-) e Justo (-).
Arbitraron Carlos Fernández e Adrián Gallego. Sinalaron 20 faltas ó equipo local e 24 faltas e unha técnica o rival. Moi protestados, especialmente polo equipo local.
Outros números do encontro:
TGM Arzúa fixo 16 de 28 en tiros libres, 21 de 43 en tiros de dous e 4 de 20 en triplas. Os arzuáns sumaron 36 rebotes (10 deles de Óscar e 9 de Pablo), recuperaron 13 balóns (4 de David Fernández) e sumaron 10 asistencias (6 delas de Manu). Pablo Barreiro recibiu 7 faltas e Manu 6, dun total de 24.
VALORACIÓNS: Pablo Barreiro 25, Manu 16, Jorge 12, Óscar 7, David Fernández (3), Tato (2), Kike (1), Miguel (0), Xosé Andrés (-3).
O equipo coruñés sumou 16 puntos desde a liña de tiros libres e 4 triplas, todas elas de Miguel Sánchez.
PRÓXIMA XORNADA:
TGM Arzúa visita o vindeiro sábado ó Canteiras de Porriño, que conta con unha vitoria máis que os arzuáns. |
|
|
|
|
|
|