Clube Amigos do Baloncesto de Arzúa
cabarzua@hispavista.com
 Menú
 Albums de fotos
 Novas por temas
 Arquivo

PELETEIRO - TGM ARZÚA: 79 - 67
Encontro correspondente á novena xornada da nacional masculina de baloncesto disputado no polideportivo do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.


TGM Arzúa puxo en “bandexa” a vitoria a un Peleteiro santiagués que aproveitou os agasallos dos arzuáns para sentenciar con un espectacular terceiro cuarto (39 – 21).

Os arzuáns sobrepuxéronse a un 9-0 inicial, e non tardaron en sumar rendas de dez puntos ó seu favor durante o ecuador do segundo cuarto (18-28). Aínda así, dez puntos consecutivos de Koke Rama nos instantes previos ó descanso permitiron ós santiagueses irse ós vestiarios a tan só 4 puntos dos de Arzúa (32-36).

Pero, por difícil que resulte, os arzuáns encaixaron 39 puntos durante o terceiro cuarto, curiosamente ningún deles dun Koke Rama que pasou no banco os momentos decisivos dos santiagueses.

Non se pode restar méritos ó equipo de Fran Varela, sobre todo por aproveitar a defensa zonal para sentenciar ó rival a base de triplas (cinco durante o terceiro cuarto), pero non cabe dúbida de que as 19 perdas de balón dos arzuáns, boa parte das cales supuxeron anotación do rival en contraataque, sentenciaron ás opcións do equipo dirixido por Jorge Puñal.


E como case sempre que hai dous colexiados santiagueses de por medio, o equipo de Arzúa amosouse indignado coa actuación dos colexiados. Pode que por momentos non lles faltaran motivos, pero non foron nin moito menos suficientes.

ANOTADORES:

PELETEIRO: 79 (15+17+39+8): Raviña (-), Dani (9), Koke (16), Fer (26), Soriano (-), c. i., Xulio (1), David Pazo (16), Ditano (2), Patiño (8), Rodríguez (1) e David Pérez (-).

TGM ARZÚA: 67 (21+15+21+10): Alfonso (13), Kike (4), David (12), Jorge (15), Pablo (18), c. i., Tato (5), Óscar (-), Xosé Andrés (-) e Miguel (-).

Arbitraron David Seoane e Xesús Penas, de Santiago. Sinalaron 25 faltas ó equipo local, resultando elmiminados Xulio Maside e Koke Rama, e 25 faltas e dúas técnicas ós arzuáns, resultando eliminados Alfonso Castro e David Fernández.

PROXIMA XORNADA: TGM Arzúa recibe o sábado, a partir das 18.30 horas, ó Basket Coruña no municipal do Cruceiro.

Agárdase para entón a volta de Manu Rodríguez. Non cabe dúbida de que a ausencia do “anotador” arzuán engadido o mal momento de xogo polo que está a pasar Óscar González restaron moitos enteiros ó TGM Arzúa en Santiago.
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 15-11-2009 17:10
#
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis