Clube Amigos do Baloncesto de Arzúa
cabarzua@hispavista.com
 Menú
 Albums de fotos
 Novas por temas
 Arquivo

ROSALIA DE CASTRO - TGM ARZÚA: 66 - 101
BCA UNIVERSIDADE CAMPIÓN DE LIGA.
---------------------------------

TGM Arzúa puxo o peche á temporada 2011-2012 na primeira sénior galega de baloncesto masculino acadando unha cómoda vitoria na pista do Rosalía de Castro de Santiago (66-101).

Como o pasado sábado diante do Recimil os arzuáns ofreceron todo un recital ofensivo durante a primeira parte do encontro. Nesta ocasión os xogadores que dirixe Diego Fernández fóronse ó descanso con 57 puntos anotados (dous menos que a xornada anterior) e 25 puntos de vantaxe (32-57).

Na segunda parte do choque os santiagueses ofreceron unha maior intensidade defensiva, mesmo con intentos de presión en toda a pista, ó que provocou certas “hostilidades” na pista que os colexiados tiveron que aplacar con un par de técnicas por equipo. A situación pode que provocase que os arzuáns se volvesen a meter no encontro e fixaran nos instantes finais a intención de chegar á centena de puntos, cousa que sucedeu con unha tripla do capitán David Fernández sobre o asubío final.

Os parciais por cuarto serían 14-28, 18-29, 15-20 e 19-24.

Por parte arzuana anotaron: David Llorente (26), Manu Rodríguez (12), Gonzalo Vázquez (18), Jorge Ramos (10), Pablo Barreiro (16), cinco inicial, David Cao (3), David Fernández (6), Xosé Ramón Navarro (-) e Alberto Camba (10).

Por parte santiaguesa sumaron Valcárcel (5), P. Cereijo (9), Sanmartín (8), Varela (11), Cid (-), cinco inicial, Molina (16), Cobelo (6), Fernández (4), Fuentes (5) e J. Cereijo (2).


Dirixiron o encontro Penas e Rilo.

TGM Arzúa sumou 16 triplas e 13 puntos desde a liña de tiros libres, mentres que os santiagueses fixeron 7 tiros libres e 6 triplas.

Deste xeito TGM Arzúa remata a competición na terceira praza con 18 partidos gañados e 8 perdidos. Os arzuáns completaron a liga sendo o equipo máis anotador da categoría, con unha media algo superior ós 75 puntos por partido. Pola contra os arzuáns fallaron no aspecto defensivo, apartado no que o equipo foi, nada menos, que o cuarto peor da competición con case 69 puntos encaixados por encontro.

BCA UNIVERSIDADE CAMPIÓN.

O filial coruñés non fallou no partido decisivo e impúxose ó Reale Thebes estradense de xeito contundente (77-47). Deste xeito BCA Universidade e Porriño Grupo Pescanova, que nesta xornada gañou en Tui, suman 20 partidos gañados e 6 perdidos, e por un só punto de marxe no “basket – average” (os herculinos perderon en Porriño de 8 puntos e gañaron de 9 na polideportiva de Riazor) os da Coruña, dirixidos polo ex – colexiado Fernando Buendía, proclámanse campións de liga acadando o ascenso á liga EBA.

Destacar que despois dunha extraordinaria remontada na segunda volta de competición o Peleteiro santiagués remata na cuarta praza con quince vitorias, tres menos que o TGM Arzúa.
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 06-05-2012 10:40
#
MAÑÁN VENRES REMATE DA LIGA EN SANTIAGO
Como xa anticipamos TGM Arzúa remata mañán venres a temporada 2011-2012 visitando a pista do Instituto Rosalía de Castro de Santiago para medirse ó cadro colexial a partir das 21.30 horas.

Categoría: Novas do CAB - Publicado o 03-05-2012 18:13
#
NORABOA "OBRA"
Desde o CAB Arzúa queremos facer pública a nosa felicitación ó BLUSENS MONBUS OBRADOIRO por ter acadada a permanencia na liga ACB, despois dunha temporada na que o equipo santiagués amosou un traballo e sacrificio incomparable na máxima categoría do baloncesto nacional.

Moitas Felicidades a toda a familia obradoirista e, de xeito especial, a VICTOR PÉREZ, agora integrante do corpo técnico santiagués e que desde 2004 a 2006 dirixiu como técnico ó TGM Arzúa.

Xunta Directiva e integrantes do CAB ARZÚA.
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 03-05-2012 18:12
#
TGM ARZÚA - RECIMIL: 87 - 72
TGM Arzúa acadou diante do Recimil ferrolán a vitoria necesaria para asegurar a terceira praza da liga sen necesidade de agardar ó que pase na última xornada da competición a disputar o vindeiro fin de semana.

Os arzuáns, que no minuto 6 do segundo cuarto levaban anotadas 10 das 13 triplas que intentaran, completaron unha primeira parte de encontro certamente espectacular, tal como indican os 35 puntos de vantaxe cos que contaban ó descanso do choque (59 – 24).

Ben distinta sería a segunda metade, na que os arzuáns non foron quen de manter o excepcional ritmo anotador diante dun equipo ferrolán que loitou por cada balón ata reducir a diferencia ata os 15 puntos finais.

Os parciais do encontro serían 31–16, 28-8 (59-24 ó descanso), 13-20 e 15-28.

Por parte do equipo que dirixe Diego Fernández, que nesta ocasión contou con Alberto Camba para suplir a definitiva baixa de Óscar González, anotaron David Llorente (24), Manu Rodríguez (11), Gonzalo Vázquez (13), Jorge Ramos (2), Pablo Barreiro (12), cinco inicial, Alberto Camba (9), David Cao (3), David Fernández (13) e Xosé Ramón Navarro (-).

Por parte ferrolana sumaron Penín (7), Fernández (13), Rozados (2), Freire (15), Rivera (2), cinco inicial, Alejo (2), Cotobad (9), Costa (10), González (2), Vila (10).

TERCEIRA POSICIÓN NA LIGA:

Como indicabamos os arzuáns rematarán a competición ocupando a terceira praza da primeira galega sénior de baloncesto masculino o que supón a segunda mellor posición do equipo de Arzúa na competición, tan só superada polo título de liga acadado en 2002. Lembremos que os arzuáns suman con esta temporada dez participacións na categoría, as nove últimas de xeito consecutivo.

PRÓXIMA XORNADA:

Agora os arzuáns só lles queda rematar a competición coa disputa da última xornada que o medirá ó último clasificado, o Rosalía de Castro de Santiago. O encontro, a petición do equipo santiagués e coa autorización da federación galega, adiantarase ás 21.30 horas da noite do venres e terá lugar no polideportivo do Instituto Rosalía de Castro.

OUTROS NÚMEROS DO ENCONTRO DIANTE DO RECIMIL

TGM Arzúa fixo 10 de 14 tiros libres, 19 de 41 tiros de dous (9 de 18 na primeira parte) e 13 de 22 tiros de tres (11 de 16 na primeira parte). Gonzalo Vázquez 6 de 7 amosou a mellor porcentaxe en tiros de dous, mentres que no de tres cabe destacar o 4/6 de David Llorente, o 2/2 de Alberto e o 3/4 de David Fernández.

Os arzuáns sumaron 32 rebotes (10 Navarro, 6 Gonzalo e Pablo, ...), 20 recuperacións de balón (6 David Llorente, 5 David Fernández, ...), 18 asistencias (15 delas na primeira parte, Manu, con 5, foi o mellor asistente), 15 faltas recibidas (4 delas a David Llorente). No capítulo negativo destacar as 21 perdas de balón (5 de Jorge e Pablo, ...) e 22 faltas cometidas, resultando eliminados David Fernández e Pablo.

VALORACIÓNS. O equipo de Arzúa sumou 95 puntos de valoración estatística. Os máis valorados resultaron David Llorente (26), Gonzalo e David Fernández (18) e Manu (11).
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 30-04-2012 10:33
#
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis