Clube Amigos do Baloncesto de Arzúa
cabarzua@hispavista.com
 Menú
 Albums de fotos
 Novas por temas
 Arquivo

TGM ARZÚA - RECIMIL: 71 - 60
Encontro correspondente á xornada 19 da nacional masculina de baloncesto disputado no polideportivo do Cruceiro na tarde do sábado.

O 40-9 que figuraba no marcador no ecuador do segundo cuarto fala por si só da espectacular primeira parte do equipo de Arzúa. Seguros en defensa e extraordinariamente acertados no lanzamento exterior, con recital incluído de David Fernández, os locais ofreceron os mellores minutos da temporada.

O cambio de actitude defensiva do equipo de Ferrol mellorou de xeito extraordinario o rendemento visitante na segunda parte do choque. Tanto que os ferroláns chegaron a situarse a sete puntos de desvantaxe a menos de cinco minutos para o remate (56-49), aínda que a vitoria non perigou para o equipo de Jorge Puñal que, sen embargo, só puido igualar a diferencia de once puntos pola que os de Ferrol se impuxeran na ida (60-49).

ANOTADORES:

TGM ARZÚA: 71 (26+21+6+18): Alfonso (15), David Fernández (23), David Castro (-), Óscar (5), Pablo (9), c. i., Manu (7), Kike (6), Jorge (4), Tato (2).

GAUZON IBERICA RECIMIL: 60 (5+15+22+18): Loureiro (8), Rivera (-), Carlos Cotovbad (5), Ariel Esmoris (5), César Piñeiro (8), c. i., Arsenio Quijano (12), Pablo Pardo (12), Cristobal (7), Diego López (3), Montero (-)

CLASIFICACION: TGM Arzúa mantén a sexta praza da liga, despois de sumar a décima vitoria (clasificación completa en www.fegaba.com)

PRÓXIMA XORNADA: ESTUDIANTES DE LUGO – TGM ARZÚA. Encontro previsto para o próximo domingo ás 12.00 horas no pazo provincial dos deportes de Lugo.

OUTROS NÚMEROS DO TGM ARZÚA – RECIMIL:

TGM Arzúa:
9 de 15 en tiros libres (Alfonso 5 de 6, David Fernández 2 de 2, Pablo 1 de 1, …),

10 de 17 en tiros de dous (Pablo 4 de 5, Alfonso 2 de 3, José Manuel Tato 1 de 1, …)

14 de 29 tiros de tres (David Fernández 7 de 11, Alfonso e Kike 2 de 3, Manu 2 de 5, Óscar 1 de 1, …).

26 Rebotes (Pablo 7, Óscar 6, …)

17 recuperacións (Óscar 7, David Fernández 3, …).

19 Asistencias (David Castro 6, Manu 4,…)

22 faltas provocadas (Alfonso 5, Óscar e David Fernández 4, Pablo 3, …)

20 perdas de balón e 22 faltas coometidas.

VALORACIONS:

Alfonso Castro 21, David Fernández 20, Pablo Barreiro 15, Óscar González 14, Kike Ramos 5, David Castro 4, José Manuel Tato 3, Manu Rodríguez e Jorge Ramos 1. Non actuou Xosé Andrés Villamarín e foi baixa Dani Vílchez.


Os ferroláns fixeron 8 triplas (3 de Pablo Pardo, 2 de César Piñeiro, ...) e 12 puntos desde a liña de tiros libres (4 de Arsenio Quijano, 3 de Pablo Pardo, ...).
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 07-02-2010 20:53
#
INTERESANTE TGM ARZÚA - RECIMIL DE FERROL, ESTE SÁBADO EN ARZÚA
TGM Arzúa e Recimil disputan este sábado, a partir das 18.30 horas no polideportivo municipal do Cruceiro, o encontro correspondente á xornada 19 da nacional masculina. Ambos equipos comparten posición na sexta praza da liga, con nove encontros gañados, aínda que os ferroláns contan con un encontro menos disputado.

Dirixidos por un dos xogadores máis notables na historia do baloncesto galego, o santiagués Ricardo Aldrey, os ferroláns suman cinco vitorias lonxe da súa pista, non sumando derrota algunha nas súas últimas catro saídas.

O reforzo do interior Marcos Quintela veu dar consistencia a un rival arzuán que podería contar coa baixa de César.

Categoría: Novas do CAB - Publicado o 05-02-2010 09:34
#
BALONCESTO NARON - TGM ARZÚA: 63 - 60
Encontro correspondente á xornada 18 da nacional masculina de baloncesto disputado no polideportivo Campo da Serra de Narón na tarde do sábado.

TGM Arzúa suma a súa segunda derrota nas sete últimas xornadas disputadas e, como a sufrida fai catro semanas en Noia, regresa de Narón coa sensación de regalar a vitoria vítima dos seus propios erros.

O inicio foi moi pouco prometedor para os de Jorge Puñal, que con apenas seis minutos xogados xa perdían por quince puntos (22-7). Seis perdas de balón arzuanas, dúas delas en media pista e de xeito consecutivo, permitían os locais poñerse con unha cómoda renda no marcador.

Pero un 0-8 no último minuto do primeiro cuarto iniciaría a remontada arzuana, que despois do descanso situábase por diante no marcador (31-32).

Despois dun terceiro cuarto no que os dous equipos perdoarían “a vida” ó rival, froito dos múltiples erros en ambos aros, pasaríase a un cuarto final no que os arzuáns volverían ás “andadas”. De novo dúas perdas de balón en pista de defensa e de xeito consecutivo, permitirían os locais situarse con oito puntos de vantaxe.

Aínda así os arzuáns terían opcións de vitoria, pero non estiveron afortunados nin no lanzamento de tiro libre (11 erros, oito deles na segunda parte e os tres últimos de xeito consecutivo), nin no lanzamento de tres puntos, resultando especialmente notable a baixa forma que está a atravesar Manu Rodríguez.

ANOTADORES:

BALONCESTO NARÓN: 63 (22+9+12+20): Cristian Vilela (11), Cerrato (2), Casti (5), Samuel Penín (15), Celso Calvo (3), c. i., Martín Amado (4), Dani Romero (6), Vega (10), Lois Villar (7).

TGM ARZÚA: 76 (15+15+8+22): Alfonso (7), Manu (0), David Fernández (10), Jorge (15), Pablo (17), c. i., Óscar (9) Dani (1), David Castro (-), Tato (4).

Arbitraron Balboa e Galán. Sinalaron 31 faltas ó equipo local, resultando eliminado Vega, e 21 ó visitante, con eliminación de Óscar González.

Despois de disputadas dezaoito xornadas TGM Arzúa queda con nove vitorias. Por diante están Narón e Peleteiro con 13, e Noia, Vigo e Norinver Ferrol con 12, aínda que vigueses e ferroláns con un encontro menos disputado. Á altura dos arzuáns está o Recimil, que tamén ten unha xornada por disputar. Precisamente este será o próximo rival do TGM Arzúa, en encontro previsto para o vindeiro sábado ás 18.30 horas no municipal do Cruceiro de Santa María.



OUTROS NÚMEROS DO TGM ARZÚA – ROSALÍA.

O Baloncesto Narón fixo seis triplas e nove puntos desde a liña de tiros libres.

Os números dos arzuáns foron os seguintes:

19 de 30 tiros libres, 16 de 33 tiros de dous e 3 de 15 triplas.

23 rebotes (Óscar 6, Alfonso e Pablo 5, …), 22 recuperacións (7 David Fernández, 4 Óscar, …), 9 asistencias, 31 faltas a favor (Pablo 12, Óscar 6, Dani 5, …). No apartado negativo destacar as 21 perdas de balón (6 Dani e Pablo, …).

Valoracións: Pablo Barreiro 19, David Fernández 13, Alfonso Castro e Jorge Ramos 12, Óscar González 11, José Manuel Tato 3, David Castro 0, Dani Vílchez -2, Manu Rodríguez -4. Non actuaron Xosé Andrés Villamarín e Kike Ramos.
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 31-01-2010 18:54
#
TGM ARZÚA - FORJASA ROSALÍA: 76 - 56
Encontro correspondente á xornada 17 da nacional masculina de baloncesto disputado no polideportivo do Cruceiro na tarde do sábado. No momento previo ó partido tivo lugar un minuto de silencio na memoria de Víctor Mato, o mozo arzuán falecido o pasado xoves en accidente de traballo.

As catro vitorias consecutivas coas que chegaba o equipo santiagués non facía agardar unha vitoria tan contundente dun TGM Arzúa que, por momentos, chegou a contar con vantaxes superiores ós 30 puntos.

Os santiagueses dominaron nos minutos iniciais gracias ó acerto no lanzamento exterior (4 triplas durante o primeiro cuarto). Pero os arzuáns, que afrontaban o choque coa ausencia de Óscar González e a baixa por lesión de Kike Ramos, non tardaron en tomar a dianteira no marcador con un gran traballo en defensa e mantendo un perfecto equilibrio na anotación, tanto dentro da zona como no lanzamento exterior.

ANOTADORES:

TGM ARZÚA: 76 (21+17+27+11): Alfonso (6), Manu (18), David Fernández (10), Jorge (15), Pablo (18), c. i., Dani (2), David Castro (5), José Andrés (-), Tato (2).

FORJASA ROSALÍA DE SANTIAGO: 56 (16+7+13+20): Rodríguez (7), Cid (8), Blanco (6), Sanmartín (2), Mallo (18), c. i., P. Cereijo (9), Fuentes (4), Díaz (2), J. Cereijo (-) e Ricoy (-).

Arbitraron Rodríguez e Rodil. Sinalaron 18 faltas ós locais, resultando eliminado José Manuel Tato, e 26 faltas e tres técnicas ós visitantes, resultando eliminado Diego Blanco.

O equipo que dirixe Jorge Puñal sumou este sábado a novena vitoria da temporada, quinta nas seis últimas xornadas de competición, antes de visitar o vindeiro sábado a pista do Narón. Os naroneses, que dominaron de xeito contundente a primeira volta da liga, están a pasar por momentos difíciles despois de sumar cinco derrotas nas últimas sete xornadas de liga. Aínda así encabezan a clasificación empatados agora co Peleteiro santiagués.

OUTROS NÚMEROS DO TGM ARZÚA – ROSALÍA.

O equipo local converteu 23 puntos desde a liña de tiros libres e 7 triplas. Os santiagueses sumaron 14 tiros libres e 6 triplas.
Categoría: Novas do CAB - Publicado o 24-01-2010 22:48
#
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis