Transgresores, escépticos, manipuladores, desmemoriados, desordenados,...pero ante todo, despois de todo e antes que nada, máis vagos ca chaqueta dun guardia. Isto é o que nos define. Non é que non podamos traballar máis e que, simplemente, non temos gana.
Tomamos as cousas con humor, excepto cando nos pomos serios. Aquí poderedes ver traballos nosos e incluso alleos. De humor e non tanto. De ficción e de cruda realidade. Traballos vellos, presentes e futuros.
Non satisfaremos a todos/as pero esperemos que a ti si.
Desde o punto de acceso que atoparedes debaixo deste texto (descargar arquivo...)poderedes baixar o arquivo con quince dos paneis da exposición "a illa da memoria" que realizamos, coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura, e que estivo exposta, durante o ano da memoria, na illa de San Simón.
A exposición consta de 23 paneis donde se recolle a vida e miseria na illa de San Simón durante os anos 1936 a 1943 na que se converteu nun campo de concentración franquista.
Esta mostra converteuse en itinerante desde o mes de xaneiro e percorre distintos centros de secundaria e institucións de Galicia.
A través da páxina www.anodamemoria.com podemos ter constancia donde está ubicada en cada semana e poder ir a visitala o completo.
Neste arquivo que presentamos hoxe faltan unhas imaxes en dous paneis pero permítenos contemplar, e ler, o contido de parte da exposición
No ano 2006, a Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas realizou unha exposición sobre os efectos da barbarie fascista na comarca.
Aquí se mostran nun powerpoint (tes que telo para poder velo) os paneis daquela exposición. Faltan un par de paneis pero tan pronto os teñamos os colocaremos.
Esta exposición estivo exposta na casa de Cultura de Cangas e despois estivo en varios centros de ensino. Este é o fin básico de toda exposición chegar ó máximo número de persoas e entrar naqueles espazos no que se adquire coñecementos. A nosa recente historia, e a máis cércana a nos, non saen reflectidas nos libros de historia, por iso esta forma de acercamento das vivencias (e padecementos) da nosa pequena (pero con maiúscula) Historia e algo necesario.
A forma de baixalo o arquivo e accedendo o contacto que ven debaixo destas líneas e, a partir de ahí, seguir as instruccións mínimas (introducir unha clave de letras que che poñen e esperar, basicamente)
En caso de problemas a páxina onde está almacenado o arquivo é:
Un dos atrancos que nos leva a atrasar o documental de "A volta dos nove" é a falla de materiais de arquivo. Gráficos, especialmente.
Dos trece mortos que houbo naqueles dous días só contamos con catro fotografías o que nos dificulta a identificación. Por outra parte está a total falla de material fotográfico da zona durante esa época, se exceptuamos as poucas que aparecen na prensa viguesa. Seguramente nalgún recuncho esquencido (ou non tanto) deben durmir multitude de fotografías que algún día (d.q.) verán a luz.
Mentres tanto nos a dúas velas. Por iso, entre as novas ideas é a de realizar unha composición de ambiente a base de debuxos que se animarían. Por iso, e ante esta asemblea, pregunto: ¿hai algún debuxante na sa que acepte o reto?
Voluntarios comuníquense vía o correo electrónico que está a esquerda.
Despois dun tempo "como ausentes" volvemos como volverán OS NOVE.
Pedimos desculpas pero o mundo informático a veces nos xogan malas pasadas difíciles de crer. Pero para que vamos a chorar. As cousas, as veces, son como son. ¡Éche o que hai!.
Pero xa estamo aquí e traemos un novo avance do documental de "a volta dos nove", é unha proba para o comezo do mesmo.
O documental foi probado o día 14 de abril en Vilagarcía. Ben, o documental, non precisamente, senón unha serie de intervencións realizadas para o mesmo e coa voz do director en directo que facía de elemento unificador entre as distintas testemuñas. Foi durante a celebración do día da República (da terceira, claro) e o lugar o auditorio vilagarcián. A intervención foi tras escoitar a vida de Antonio Alejandre, home represalia-do e que recorreu varios penais polas súas conviccións políticas, incluído o de San Simón.
Abrimos aquí un novo espazo para a memoria.
Baixo o título "imaxes dunha infamia" pretendemos dar a coñocer os lugares, as rúas, os espazos que quedan en Galicia donde a pegada do fascismo ainda segue presente.
Coa colaboura de todos vos, enviando o correo pandebroa@hotmail.com, fotografías onde se amosen esas imaxes iremos configurando un museo da infamia que, esperemos que sexa dunha vez por todas, se convirta nun lugar virtual e que desaparezan para sempre do mundo virtual.
A fotoblogoteca estará aberta para a vosa participación.
As fotografías que enviedes, con seudónimo, anónimas ou non, deben levar indicación do lugar donde foron feitas e/ou o que representan (se non é obvio, claro).
Estariamos contentos de que non houbese ningunha pero iso parece imposible ainda a pesares de ter pasados 31 anos da morte do dictador...e pensar que só se necesitaron unhas horas para que desapareceran tódolos vestixios da república...
No nadal algúns aproveitamos para seguir desenvolvendo o traballo de recuperación da Memoria. Memoria con maiúsculas, por suposto. Pero este camiño, a verdade, é que está cheo de buracos, lama e espiños.
A falla de imaxes da época e das paersonas das que falamos (por si alguén dos que len este blog quere aportar algo que non se prive. Estamos a falar da volta dos nove, de Sabarís, de Baiona, das cruces,...) súamase a negativa de algunha persona a non falar ou a deixar grabar en algún espazo.
Isto ocurre o comenzo do ano. Medio cansado pola falta de avance do documental, como enfarrangado nunha trincheira da primeira guera mundial, acércome asta a casa donde sucederon os feitos que desencadearon a historia de "os nove". Era sobre as oito da tarde, ou sexa de noite. Estamos en Sabarís. Acercábame por acercar xa que a porta da entrada da casa nun aluminio marrón cun cristal translúcido en hortera xogo, non presaxiaba nada bo. A cuestión é que chamo a porta. Dúas veces. Asegunda, e cando xa me ía marchar, escoito un can. Espero. E os poucos segundos ábrese a porta. Unha muller, agradable, hai que decilo, coméntame que si, aquela era a casa que buscaba, que ela, como só tiña sesenta anos, non recordaba nada dos feitos, pero si sabía deles. Que polas estancias da casa ainda había algunha pegada dos sucesos,... vamos que me estaba a alegralo día. O sol comenzaba a sair en plena noite. Detrás daquela porta estaba a escaleira tal cual a nombran as testemuñas. Aquela escaleira pola que baixou o falanxista Refojo ferido de morte. Tal como debía a ser e estar naquela época. Quedei para o día seguinte para falar co seu marido que, ademáis, tiña setenta e sete anos e me podía dar máis detalles.
O día seguinte cumplín. Pero cumplín eu. Na casa non contestou ninguén. Gracias a unha veciña din co paradeiro da persona que tiña que falar. O marido da señora tan amable. Pero él a verdad que non o era. Fíxose a noite en pleno día. Nunca vira tal cantidade de improperios na miña vida. E iso que non lle dixen de si me quería contala historia. Lisqueime. Jodeume o día, si. Nunca me fixera ilusións por aquela casa, pero desde a noite anterior as cousas parecíanme de ouitra maneira. Pero o meu soño só durou unhas horas, ata atoparme con aquela "persona" (enténdase que a utilización desta última palabra e de forma irónica).
Bueno, pero cando Dios cerra unha unha porta o demo ábreche oputra. E o documental sigue adiante ainda que, iso sio, non con pasos axigantados.
Que falta nos facían unhas imaxes como esta dos falanxistas de Gondomar recibindo instrucción!.
A exposición "A Illa da Mermoria" inicia a súa xira por diversas vilas galegas.
A primeira é a pontevedresa de Cangas. Alí o martes 9 de xaneiro, na casa da cultura, tivo lugar a inauguración.
A presentación da mostra estivo a cargo de Chillón, membro da Asociación da Memoria Histórica "28 de Agosto". Despois falaron Antonio Caeiro, coordinador da mostra, Bernardo Nores, fillo dun preso na illa, Lola Rodal e Marta Souto, delegada de Cultura en Pontyevedra. O momento máis emotivo, sen dúbida algunha, foi a intervención de Lola. As súas palabras expulsadas do seu interior como nun parto silábico producían unha forte dor, tanto para ela como para a audiencia. O seu relato dos anos da guerra, coa encarceración dos seus pais. El, condenado a morte, vaille a ser conmutada por prisión en pasará varios anos en San Simón e o Forte deSan Cristobal en Pamplona. Ela, quer escapa ferida dun intento de asesinato, pasrá varios anos na cadea de Santurrarán, unha das máis terribles cárceles para mulleres. O seu irmá, de 18 anos, sería encarcerado na provisional do Frontón en Vigo de donde sería sacado para executalo nunha parroquia de Ponteareas, a donde o iria a buscar a súa irmá nun carro de bois.
Toda esa vida (se é que a iso se lle pode chamar vida): as señoritas de Cangas, as e os falanxistas, os armadores que non contrataban os represaliados, as manifestacións, os insultos, todo, todo era desgranado por aquela muller só detidas polos seus choros, nacidos da profunda emoción con que xurdían as súas palabras e polos aplausos dos presentes.
Lola e outras mulleres de Cangas, a maioría presentes naquel momento na casa de cultura, estarán presentes no teatro Principal de Santiago de Compostela na homenaxe as mulleres represaliadas.
A exposición "A ILLA DA MEMORIA" que dende o 23 de xullo de 2006 atopábase na illa de San Antón e que relata a historia do campo de concentración de San Simón durante a Guerra Civil, libérase do espacio físico e comenza unha andadura por terra.
A exposición está composta de 20 paneis que van relatando a vida das personas que, desde o 15 de outubro de 1936 asta o 1943, foron recluidas nesa illa por o delito de ser leais a República e, polo tanto, a democracia.
A súa vida, a súa morte, fotografías e desexos, temores e ilusións van compondo ese retrato dun momento negro da nosa historia. E nunha viaxe, cincoenta anos despois, volven a revivir aquel pase tráxico que a vida lles dispuxo contra a súa vontade.
A exposición comenza a súa andaina en xaneiro de 2007, recorrendo distintos concellos de Galicia. Os Centros de Secundaria, as Asociacións da Memoria, Culturais, Concellos, etc; ainda poden sumarse a organización do seu pase pola localidade que eles desexen póndose en contacto co teléfono 981.544.882 ou ben a través do correo electrónico anodamemoria@xunta.es. Alí informaranlle das condicións para poder levar esta exposición a súa vila.
Dis que din que nun pobo cercano a Baiona había un notable, e recén, falanxista.
Estaba este un día enriba dunha pequena furgoneta, que se utilizaba para repartilo pan, na que só se lle podían ver unhas xestas por riba da cazoleta que tapaban a carga que realmente levaba.
Él, o que facía, era asentala carga como quen aplasta uvas cos pes nun lagar. Polos baixos da camioneta rezumía un líquido viscoso e dunha cor roxa escuro. Mentras patexaba na carga berraba: "¡Xa temos aquí cinco porcos máis!"
Esta é unha historia real e contada pola persona a quen lle botava eses berros.
Pero esa situación era común neses días dos anos escuros. Volvemos a nosa historia da "Curva".
Unha das personas que máis se ensañaron na represión no Val Miñor e Vigo é a que, na fotografía da dereita, se atopa sentada na silla. Trátase do cabo Pena. Comandante en xefe do posto da garda civil de Baiona nos anos da Incivil Guerra.
Era un home "cativo, pero jodido".
Tralo golpe do 18 de xullo a súa "pegada" quedou marcada fortemente en todo o Val. Tanto en xente de esquerda como de dereitas. No documental escoitaremos testemuñas que din, en boca de outra persona, prima da que está falando e referíndose o cabo Pena: "Sempre me decía, asustada: Non teñas pena, Marina. Non teñas Pena. Dios está arriba e non durme. Entérase de todo. Así que si non as pagou neste mundo pagarao no outro. Perda cuidado. No no quería ninguén aquí ¿eh!".
Generoso foi unha das súas vítimas. Será un dos perseguidos como feras co fin de encerralo e vai a ser un dos nove da nosa historia. Os seus fillos nos van a relatar o acoso o seu pai..."el non chegou a marchar dalí, hom, ele non chegou a marchar, non... andaban alí, primeiro anduvo así escapado, así por alí, despois foi cando foi aí pra... prá Estrumentada, pra unha mina que había... e foi cando deron parte e dalí ese que viña do mar, que era dos Silvestres, dos de dereitas... e xa foron a por el. Xa viu, nesa misma... xa viñeron a... guardias civiles, ese tal Refojos e o cabo Pena,... a por ele.
-Despois levárono pra Baiona, despois xa o pasaron pra Vigo."
E de Vigo para a volta de Baredo.
E cando o mataron, Pena, tamén estaba alí, xunto con outros ilustres persoeiros da vila.
Esta é a testemuña do momento en que obrigan a recoller os cadáveres dos nove, a nai e o tío da nosa entrevistada.
A VOLTA DOS NOVE (testemuña sobre o cabo Pena)
Do cabo Pena, que rematou a súa vida, supostamente, como tenente da garda civilen Pontevedra, atopamos o seu paso por Lavadores. Dalí levouse un recordo en forma de malleira dado, según contan, por un grupo de mulleres.
Aquí fúndense dúas pasións miñas: A memoria e a imaxe.
Pero a verdade e que o fan dunha forma ben curiosa.
Cando busco nas hemerotecas algún detalle sobre o que estou traballando sempre se me escapa a vista para detalles singulares e curiosos en artigos pequenos ou anuncios, que acabo recollendo nun apartado especial.¿Para que?. Nunca o tiven claro. Pero nese momento non o penso dúas veces. E acabo enchendo discos que despois non sei gardar de forma adecuada. Viva o desorden ordenado.
Pero este anuncio de prensa envioumo a miña amiga Margarita. É curioso e representa a forma de sentir da época na que está publicado. ¿ou quizá sexa un anuncio actual?.
"O asesino" é unha película de Elio Petri do ano 1961. Este director realizou outros traballos como "a clase obreira vai o paraiso" ou "investigación sobre un cidadán libre de toda sospeita". Del non temos ningunha sospeita. Pero coido que do que inventou a frase publicitaria debe ser un notable misógino.
Está claro que daqueles polvos veñen estas lamas. O non considerar as mulleres como personas ¿como é que nos van a enxuizar por eliminalas?. Coido que a nosa educación, ou polo menos os que sufrimos algúns anos da dictadura, non debeu de variar moito co paso do tempo. "La mate por que era mía".
Volver a vista atrás a veces pode enseñarnos moito, ainda que moitas cousas non sexan, precisamente, moi agradables.