República Independente de Buscalte
Troco voto por farola
Agora, nesta xornada de reflexión, tampouco se vai facer ningún comunicado... tan só se emitirá esta reflexión que é ao que convida a xornada.
Dende que comezou a campaña electoral en Roupar xurdiron novas beirarrúas, asfaltáronse estradas e pistas (a excepción dalgunha da República Independente de Buscalte... o porqué sábeo de sobras o monarca de Xermade), e sucederon todas esas cousas que suceden nesta Galiza de gobernos caciquís, que prometen farolas a cambio de votos.
Os membros da ARPI convídanvos a reflexionar... e pra ilo... qué mellor xeito de facelo que disfrutando dun vídeo??
As Farolas
<embed style="width:400px; height:326px;" id="VideoPlayback" type="application/x-shockwave-flash" src="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-6587998831552111596&hl=es" flashvars=""> </embed>
Proendo ós gobernantes
Grazas ó contacto cun dos exércitos guerrilleiros a ARPI tivo constancia das faladurías dos gobernantes caciquís sobre a Resistencia lícita dos buscaltianos.
Os caciques poden ter tantos contactos coma queiran nas altas esferas, que os guerrilleiros ceibadores posúen a máis poderosa de tódalas armas: información. Ante certas atrocidades que chegaron ós tímpanos da ARPI os guerrilleiros prometeron vinganza... craso erro cometido, pois agora o brazo político xa non é quen de controlá-la sede de vinganza do brazo armado. Iniciarase a loita armada? Voará polos aires a estrada caciquil? Os vieiros do destino o dirán.
Será que tódolos caciques da Galiza confían na carretaxe e as súas variantes?
Política de Asfalto, Sufraxio universal
<object width="425" height="350"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/swiGWGjhRiE"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/swiGWGjhRiE" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="350"></embed></object>
Haberá algun coitado iñorante que descoñeza os erros deste sistema? Haberá algún cacique que crea sabé-lo que a xente pensa?
A QUEN LLE PROIA, QUE RAÑE!!
Forza ARPI!! Buscalte vota de xeito Ceibe!!
Repoboando a terra
A Alianza Roupariana a Prol da Independenza ten un novo aliado. Desta volta non contactamos con ningún exército libertador... foinos imposíbel comunicarnos cos guerrilleiros de Nigrán que loitan contra os chalés sen licenza que os aldraxan. A ARPI contactou en segredo con altas esferas da información galaica e chegou a un acordo cun xornal de elevada difusión pra que contrubuíse á causa buscaltiana.
La Voz de Galicia, co gallo do Día da Árbore, repartíu de con colaboración oficial do Concello de Carballo, a Xunta, Xestur e Sogama, e coa colaboración clandestina da ARPI 110.000 landras entre os lectores do xornal. Velaquí a mostra delo: Pranta un carballo.
O obxectivo desta medida é reprantá-las árbores taladas polos caciques de toda a Galiza. Os guerrilleiros buscaltianos comprométense a reforestá-los seus territorios polas boas... sempre que non se lles obrigue a facelo polas malas.
NOTA: A imaxe adxunta ó comunicado pertence ó reparto de landras realizado, como podedes comprobar non pasaron por alto a colaboración non oficial da ARPI.
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
A Estrada Caciquil
Por mor da estrada os buscaltianos non poden aceder ás súas fincas, están asoballados polo ruido día e noite e as súas patacas vense contaminadas polo fume dos vehículos.
Emitimos iste vídeo denantes de que estivese aberta nun día de vento, pra que comprobedes o meirande nivel de ruído que alí se podía escoitar... nun futuro comunicado emitiremos un vídeo pra que comprovedes a variante de decibelios.
NOTA: Comprobaredes o elevadísimo nivel de entrenamento dos guerrilleiros buscaltianos, até o punto de seren capaces de agochar un coche tras un arbusto.
Estrada Caciquil
<object width="425" height="350"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/YVXcwa2_MT0"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/YVXcwa2_MT0" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="350"></embed></object>
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
Novos colaboradores
Velaquí un vídeo dun representante do FIM declarando a Independenza do Monte Pindo.
Liberazón dos montes galegos!!
<object width="425" height="350"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/UPlx5wlJqC0"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/UPlx5wlJqC0" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="350"></embed></object>
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
Abaixo a monarquía!!
Dito por: O Rei (véxanse faladurías)
A monarquía opresora aldraxa aos guerrilleiros buscaltianos, semella que ao Rei non lle chistou nen chisco que no escudo da República substituísemos a coroa polo pucho galego.
O que sí confirmamos son os problemas lingüísticos do monarca dereiteiro, incapaz de atopá-lo tempo verbal acertado á hora de construír unha frase. Efectivamente eramos parvos, tiñamos confianza na administración e nas persoas, mais a estrada caciquil amosounos que estabamos errados.
Ogallá cheguemos a ter 10 anos como moito... pero polo de agora só temos uns meses... uns meses de orguio buscaltiano, de peito enchido e de testa ergueita. Buscalte non ten prezo!
Pra rematar este comunicado, informamos ao monarca que pode botar faladurías todas cantas queira, pois aínda temos algún comunicado que dar que pode facer que se lle caian os argumentos ao chan aos caciques que fixeron por desviá-la estrada. A verdade é nosa!! Na República non se lle rende pleitesía a ningún rei!!!
Nin Reis nin Caciques!! Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
Savoie Ceibe!!
Velaquí parte da conversa que mantiveron dous guerrilleiros:
Guerrilleiro en Misión dí:
Aquí guerrilleiro da ARPI na procura de aliados pra a nosa loita polas Terras Galas.
Dende Savoie están en loita constante contra o poder de Chirac e aceptan colaborar na nosa loita contra o caciquismo de dereitas.
Cómo foi a reunion da ARPI o outro día? Votastes algo?
Guerrilleiro en Base dí:
Papamos chourizos, cacheira, grelos, lacón, cachelos e freixós e bebimos viño do país e mais uns chopitos de anís. O de votar rematou coma sempre.
Guerrilleiro en Misión dí:
Que grande, como o botei de menos.
Guerrilleiro en Base dí:
Sobrou gran cantidade de viño, botábase en falla un dos guerrilleiros. [censurado]
[censurado]
Guerrilleiro en Misión dí:
Non te creas que hai moitas toxeiras, a verdade é que sen toxeiras perde moito o monte, pero hai unha pila de carabullos que me quitan algo a morriña.
Guerrilleiro en Base dí:
E as condicións atmosféricas son favorábeis? Dea o parte, Guerrilleiro.
Guerrilleiro en Misión dí:
Vai unha calor do demo que me fai lucir unha camisola coas verbas:
VIVE
EN DEFENSA DO MONTE GALEGO
Guerrilleiro en Base dí:
Do gran acto festivo en honra dos guerrilleiros dos pobos ceibos, onde corría Licor Café a regatos.
Guerrilleiro en Misión dí:
Nin mais nin menos, a fin da Matumba no que estabamos presentes pra honrar o noso benquerido e maltratado País.
Pásote co guerrilleiro francés.
Guerrilleiro en Misión dí:
Aquí a Savoia libre.
Guerrilleiro en Base dí:
Guerrilleiro pontés contactando coa Savoia ceibe
Guerrilleiro en Misión dí:
Estamos organizando a xunta co exército de Buscalte.
Guerrilleiro en Base dí:
Dende aquí o noso apoio.
[censurado]
Guerrilleiro en Misión dí:
[censurado] o bar que máis tarde abre é até a 01:00, e as cañas van a 3 euros e un vodka só 13 euros.
Guerrilleiro en Base dí:
Hai que liberar Savoia dos opresores aranceis ao alcol!!!
Guerrilleiro en Misión dí:
Son uns ladróns do noso pobre capital!! [censurado]
NOTA: As partes censuradas son parte de información confidencial.
Forza ARPI!! Buscalte e Savoie Ceibes!!
Enquisa a un Guerrilleiro Buscaltiano
Alí atopamos a un home vestido de militar, cun pasamontañas para evitar ser recoñecido. Destaca na súa indumentaria o símbolo da ARPI na manga esquerda da súa chaqueta, as follas de carballo coa landra.
- Bos días, comandante.
- Non, non son comandante, son sinxelamente un guerrilleiro.
- Entón, non é vostede quen está ao mando?
- Verá, aquí non hai un cabecilla, tódolos guerrilleiros témo-lo mesmo rango e as decisións son tomadas mediante acordo común . O noso lema é: Fóra caciques!!, e son os caciques os que se erguen como cabezas dunha pirámide para someter aos máis á súa vontade; non podemos rebaixarnos ó seu nivel.
- Entón seguen un sistema democrático.
- Verá... a democracia non é outra cousa que a ditadura da maioría sobre a minoría... non deixa de haber xente sometida á vontade de alguén. Pero tampouco exercemos ninguna outra forma coñecida de goberno... as nosas pretensións non son as de acadá-lo poder, senón a de recuperá-la nosa paz. A Estrada Caciquil non é beneficiosa para ninguén.
Verá... o proxecto inicial non ía a seguir este trazado, pasaba pola mesma estrada xa existente en Roupar Darriba, na Casanova...
- Ten probas delo?
- Por suposto!! Temos probas contundentes.
- De qué tipo? Son probas demostrábeis, ou só faladurías?
- Temos probas oficiáis! Posuímo-lo mapa do anterior trazado da estrada selado polo Concello de Xermade.
- E por qué non actuaron entón antes de que se construíse a estrada polo novo trazado?
- Verá... o asunto da construcción da estrada foille moi complexo... Como nós xa sabíamos e tiñamos constancia do trazado que tiña non nos preocupamos... a sorpresa veu logo, cando comezaron a chegar os obreiros, enxeñeiros,... á República de Buscalte. E o colmo xa foi cando dixeron que tiñan que talá-los nosos carballos por non mové-la estrada 10 metros de merda.
- Pero vostedes non sabían que cambiaran o trazado?
- E por qué o tiñan que cambiar se era un bó trazado? Pase vostede pola estrada e verá unha curva caciquil do máis parvo... hai que ser pailarocos para facer curvas por gusto nos territorios chairegos. Ademáis na Casanova é onde están os bares de Roupar, alí para moita senté que vai de viaxe a tomarlle algo... agora esa xente vai perder unha parte importante do negocio.
Verá... isto é culpa da idiosincrasia do “galeguiño”... iso de tirar para a casa e mirar por ter cinco pesos no peto, aínda que se facendo as cousas mirando por todos remates ti e mailos teus vecinos con dez pesos máis. Iso pasou en tódolos montes galegos onde se puxeron eólicos e pasou agora coa Estrada Caciquil.
- E non tiñan máis xeitos de actuar... mediante a adiministración ou algo do xeito?
- Hahahaha... (rí ás gargalladas). E logo non se decata vostede de que a administración foi quen asinou para que se cambiase o trazado? A administración só se preocupa de que os mais cumplan as leis... os que gobernan pasan as leis polo forro dos collóns. O caciquismo baséase no amiguismo, en ter amigos canto máis arriba e máis caciques mellor.
Hai quen dí que hoxendía sería imposíbel facer tal manobra por mor do cambio de goberno... persoalmente penso que tanto ten Xan coma Pericán, mais sí é verdade que as condicións foron moi especiáis: Entre a cacicada toda puxéronse dacordo en que non querían que a estrada fose por onde ía, malia que xa estivese feito ese tramo, cun goberno local de dereitas (PP) era doado exercé-lo caciquismo e seguir erguendo o nivel de autoridades implicadas. Logo accedeuse á Deputación de Lugo, que xa se sabe o que aí hai... aínda moito queda por saír nos xornáis en asuntos de corrupción, e tendo a ise rabioso e vello can de palleiro coma presidente do País, o homiño de Vilalba, qué se había de agradar dunha petición que lle fixese un dos seus coleguiñas?
- Entón está vostede falando de caciquismo a nivel nacional?
- Nin que falase de ningunha novidade!!! Muxía, Barreiros, Foz,... en fin... toda a costa galaica está en mans de especuladores; i esta provincia de Lugo é bastión do caciquismo... falar da Terra Chá é falar de Rouco Varela e de Fraga. É unha mágoa que permitamos sermos gobernados por catro caciques fascistoides.
- Entón, e xa para finalizar, cales son as súas pretensións?
- As nosas pretensións son a recuperación dos nosos carballos e a eliminación da estrada caciquil... xa que a recuperación dos carballos é imposíbel, reivindicamos a Independenza dos Territorios Rouparianos, para que ninguén nos goberne e ningún cacique asine por nós por ónde queremos que pase unha estrada ou se constrúa unha casa ou se faga un pozo... Buscalte Ceibe!!!
- Moitas grazas por nos concedé-la enquisa.
- Graciñas a vostedes polo interese.
Os guerrilleiros buscaltianos escapan do control das autoridades polo feito de estaren inseridos na sociedade, non son un grupo revolucionario que se agoche nos montes, senón que as súas vidas transcurren nas súas vilas correspondentes. Pedíronnos que non puxesemos nin os seus nomes nin as súas iniciáis e respectarémolo.
Ó finalizá-la enquisa fomos a vé-la estrada da que falan e comprobamos que é unha estrada de dous carrís, exactamente igual á existente polo trazado anterior do que o guerrilleiro nos falaba, máis adiante da inexplicábel curva hai unha confusa rotonda e diversos cruces de camiños á saída de túneles... camiños con fortes baixadas/subidas repentinas,...
Eles continuarán coa súa anónima loita, coa que tratan de unir a tódolos veciños vítimas do caciquismo baixo unha única bandeira.
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
Non Pasarán!
O trato finou con éxito na capital da Galiza tomando uns licorcafés no Tarasca.
Os Caciques NON PASARÁN!!!
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!
Re-Armándonos
Estes guerrilleiros cangueses están a librar unha ardua batalla cos alcolitros que os invaden... din que todo comezou cando uns caciques talaron uns carballos e agora están aldraxados polas especies foráneas caciquís. Solidarizámonos coa súa causa!
Os Guerrilleiros da RIB veñen de facerse cunha nova arma anticaciquil... pode que non nos sirva pra recuperá-los carballos nin a tranquilidade, pero de seguro que co noso novo bazooka non se atreven nin a ampliá-la estrada nin a plantar alcolitos.
A loita continúa!!
<object width="425" height="350"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/ZppIIossPhY"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/ZppIIossPhY" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="350"></embed></object>
Forza ARPI!! Buscalte Ceibe!!