A páxina de BULI


A páxina dos xogos enigmísticos
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.

O meu perfil
buli-reino-i@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nº 8
Charada continuativa 4 3 7 de Buli

BONITA PLANTA
A que está preto de min
non é miña, del nin dela,
pero vémola tan bela
para poñer no xardín ...
Comentarios (1) - Categoría: CHARADAS - Publicado o 14-04-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 7
Charada continuativa 4 3 7 de Buli

A SEMENTE PRODIXIOSA
Neste punto de ascensión
do tal feixón animal
púxose a cousa tan mal
que rematou a función.
Comentarios (1) - Categoría: CHARADAS - Publicado o 14-04-2007 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 6
Charada 4 / 4 = 8 de Buli

A VIDA DUNHA MISS
Non penses que vale pouco
ser unha miss afamada.
¡Poder viaxar por todo
o mundo en ondas de prata!.
Comentarios (1) - Categoría: CHARADAS - Publicado o 14-04-2007 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 5
Charada 3 / 5 = 8 de Buli

A primeira soa ben,
así tal como cho digo,
a segunda tena quen
fala, xoga, vai contigo,
o todo para a que vén
pasar un tempo comigo.
Comentarios (1) - Categoría: CHARADAS - Publicado o 14-04-2007 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 4
Charada 4 / 3 = 7 de Buli

A primeira ten os ollos,
a boca e mailo nariz;
a segunda alá en Bruxelas
ten un primo moi feliz,
e o todo leva sempre
a casa enriba de si.
Comentarios (2) - Categoría: CHARADAS - Publicado o 14-04-2007 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



contador de visitas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0