|
|
|
Nº 7 |
|
Encaixe 5 / 5 = 10 de Il Fraticello
UN ARTISTA REFINADO PERO NON MÁIS
Chamarlle un gran xenio non sería xusto;
pero pode dicirse que sobre os demais brilla
porque a súa é unha arte de bo gusto.
|
|
|
|
Nº 6 |
|
Encaixe 3 / 3 = 6 de Buli
XOGANDO COA BONECA
Moi cativa e capicúa,
ten só tres esta rapaza;
hai que ver con que dozura
arrola, peitea e lava.
¡Escoitade!. ¡Que delicia
durmir con esta cantiga!.
|
|
|
|
Nº 5 |
|
Encaixe 4 / 5 = 9 de Buli
AVOGADO ESPECIALISTA EN DIVORCIOS
Sobre ti, coa miña pluma,
(despois gárdasme o segredo)
quitei, rompín ataduras,
rachei cadeas a centos.
Son gardián das aventuras.
¡Vaia paxaro estou feito!.
|
|
|
|
Nº 4 |
|
Encaixe 3 / 3 = 6 de Buli
ESTRAÑA CRIATURA
Ela ten cola e cabeza,
no medio cúrvase ben,
e non lle serve nin ela
nin eu nin el;
é case antiga
mais non leva ante posto, tía.
|
|
|
|
Nº 3 |
|
Encaixe 2 / 6 = 8 de Buli
ARQUEÓLOGO
Descifra xa esa escritura
que inda che han saír ampolas
investigando as figuras
que nos carreiros atopas.
|
|
|
|
|
|
|