A páxina dos xogos enigmísticos |
|
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nº 3 |
|
Enigma de Buli
MÍTIN DOS VERDES
Se florece a esperanza, camiñamos
sen medo do futuro,
por iso os verdes son os máis seguros;
porque se a flor vermella
dos teus pasos errantes se apodera
ou o centro impreciso e dubidoso,
verás, ansioso,
o progreso que buscas, en espera.
|
|
|
|
Nº 2 |
|
Enigma de Rex
XESÚS CAMIÑO DO CALVARIO
Baixo o cóncavo ceo, azul, divino,
coa súa cruz a costas, paso lento,
vai mostrando tras cada movemento
cansazo polo humano desatino.
Marcoulle o home duro e triste sino:
dolor de espiñas, mágoa e sufrimento.
Un mestre de bondade, sen lamento,
sen tempo de chorar o cruel destino.
Se detén un anaco a súa empresa
xa unha man o aguilloa ou lle dá presa,
xa lle berra unha voz inxusta e fría.
El, a cambio da dor, mentres avanza
vai deixando na terra unha esperanza
que ha de darnos o pan de cada día.
|
|
|
|
Nº 1 |
|
Enigma de Buli
CONFESIONARIO EN ROMA
Sentes coma un peso interior
que te condena a andar desacougado,
un malestar incerto, unha opresión
por dentro, un algo
que che fai por fin berrar: ¡andiamo!.
Buscas, pois, o cubículo
no templo aquel de deus, romano,
e alí, con rouca voz
que parece xurdir a burbullóns,
libéraste do interno maleficio.
|
|
|
|
Nº 9 |
|
Encaixe 5 / 3 = 8 de Buli
O TRAXE INVISIBLE
O vehículo forte e lento
vai debullando o rexo movemento;
dende el saúda cheo de fachenda
quen é amo da vida e da facenda.
Unhas nenas que vían, moi pequechas,
berraron: ?¡Que risa!. ¡Vai en bolechas!?.
|
|
|
|
Nº 8 |
|
Encaixe 7 / 2 = 9 de Mimmo
EN COCHE COA MULLER MELÓMANA
Para dicilo con moita claridade,
segue despois do dó poñendo música.
O destino tal vez o manda así:
é ela a que lle impón a onde ir.
|
|
|
|
|
|
|
|
|