A páxina de BULI


A páxina dos xogos enigmísticos
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.

O meu perfil
buli-reino-i@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nº 4
Enigma de Buli

O CEO
Brilla no medio del unha luz cenital
que nos permite andar polo chan que pisamos.
Ponlle límite á vista cada vez que miramos
cara a arriba con ansia.
¿E qué hai máis alá?.
O sitio onde descansan
aqueles que se gastaron na batalla da vida
e que quizá algún día volverán.
Comentarios (1) - Categoría: ENIGMAS PUROS - Publicado o 14-04-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 3
Enigma de Buli

MÍTIN DOS VERDES
Se florece a esperanza, camiñamos
sen medo do futuro,
por iso os verdes son os máis seguros;
porque se a flor vermella
dos teus pasos errantes se apodera
ou o centro impreciso e dubidoso,
verás, ansioso,
o progreso que buscas, en espera.
Comentarios (1) - Categoría: ENIGMAS PUROS - Publicado o 14-04-2007 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 2
Enigma de Rex

XESÚS CAMIÑO DO CALVARIO
Baixo o cóncavo ceo, azul, divino,
coa súa cruz a costas, paso lento,
vai mostrando tras cada movemento
cansazo polo humano desatino.
Marcoulle o home duro e triste sino:
dolor de espiñas, mágoa e sufrimento.
Un mestre de bondade, sen lamento,
sen tempo de chorar o cruel destino.
Se detén un anaco a súa empresa
xa unha man o aguilloa ou lle dá presa,
xa lle berra unha voz inxusta e fría.
El, a cambio da dor, mentres avanza
vai deixando na terra unha esperanza
que ha de darnos o pan de cada día.
Comentarios (1) - Categoría: ENIGMAS PUROS - Publicado o 14-04-2007 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 1
Enigma de Buli

CONFESIONARIO EN ROMA
Sentes coma un peso interior
que te condena a andar desacougado,
un malestar incerto, unha opresión
por dentro, un algo
que che fai por fin berrar: ¡andiamo!.
Buscas, pois, o cubículo
no templo aquel de deus, romano,
e alí, con rouca voz
que parece xurdir a burbullóns,
libéraste do interno maleficio.
Comentarios (1) - Categoría: ENIGMAS PUROS - Publicado o 14-04-2007 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



contador de visitas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0