|
|
|
Nº 9 |
|
Enigma de Buli
A INTERNET
Hai moitos que pasan dela
e pretenden estar ?in?,
e parecen non sentir
pechar esa ferramenta.
É unha cousa necesaria
(non a podes ignorar)
que, pra estar no mundo, cómpre
con certa frecuencia usar.
|
|
|
|
Nº 8 |
|
ENIGMA de Buli
A ÁRBORE DA VIDA
Esta ilusión da mente
continuamente os soños alimenta
con fantásticos froitos atraentes
e gaioleiras follas,
dálles lentura leda
a esas almas sensibles que o adoran.
|
|
|
|
Nº 7 |
|
ENIGMA de Buli
EDIFICIO INDUSTRIAL MODERNO
Esta obra sublime de impecable feitura
que ten tan boa vista por arriba
é unha mostra magnífica de industria.
Nos seus primeiros pisos marabilla
a grande empresa de locomoción,
noutros varios fabrícase enerxía
e logo nos seguintes produción
de osíxeno a cachón.
No penúltimo piso
sitúase o servizo
¡aéreo, como non! de provisión,
e no ático están as oficinas
que controlan o emporio totalmente
coa mellor e actual tecnoloxía:
¡trátase dun complexo intelixente!.
|
|
|
|
Nº 6 |
|
Enigma de Buli
MAGNÍFICO EBANISTA
Limpa, pule, fura, asenta.
Un traballador normal
que tapa con masa os ocos.
Mais cando manexa o torno
a súa habelencia é tal
que o miras coa boca aberta.
|
|
|
|
Nº 5 |
|
Enigma de Buli
O REI
Ese trono é real.
El, poderoso, aparecerá
axiña, resplandecente e seguro,
destacando no seu manto cerúleo
con borlas de algodón,
para impoñernos respecto e temor
xa que pode quitarnos axiña
a prezada facenda e mesmo a vida.
|
|
|
|
|
|
|