A páxina de BULI


A páxina dos xogos enigmísticos
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.

O meu perfil
buli-reino-i@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nº 10
Encaixe 4 / 4 = 8 de Buli

- Xxxx que ave tan enorme,
cóllea e yyyy nesa corte.
- Non digas tantas parvadas,
ela traballa con Sésamo
e chámase Xxyyyyxx
Comentarios (1) - Categoría: ENCAIXES - Publicado o 14-04-2007 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 9
Encaixe 5 / 3 = 8 de Buli

O TRAXE INVISIBLE
O vehículo forte e lento
vai debullando o rexo movemento;
dende el saúda cheo de fachenda
quen é amo da vida e da facenda.
Unhas nenas que vían, moi pequechas,
berraron: ?¡Que risa!. ¡Vai en bolechas!?.
Comentarios (1) - Categoría: ENCAIXES - Publicado o 14-04-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 8
Encaixe 7 / 2 = 9 de Mimmo

EN COCHE COA MULLER MELÓMANA
Para dicilo con moita claridade,
segue despois do dó poñendo música.
O destino tal vez o manda así:
é ela a que lle impón a onde ir.
Comentarios (1) - Categoría: ENCAIXES - Publicado o 14-04-2007 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 7
Encaixe 5 / 5 = 10 de Il Fraticello

UN ARTISTA REFINADO PERO NON MÁIS
Chamarlle un gran xenio non sería xusto;
pero pode dicirse que sobre os demais brilla
porque a súa é unha arte de bo gusto.
Comentarios (1) - Categoría: ENCAIXES - Publicado o 14-04-2007 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 6
Encaixe 3 / 3 = 6 de Buli

XOGANDO COA BONECA
Moi cativa e capicúa,
ten só tres esta rapaza;
hai que ver con que dozura
arrola, peitea e lava.
¡Escoitade!. ¡Que delicia
durmir con esta cantiga!.
Comentarios (1) - Categoría: ENCAIXES - Publicado o 14-04-2007 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



contador de visitas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0