A páxina dos xogos enigmísticos |
|
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nº 4 |
|
Charada 4 / 3 = 7 de Buli
A primeira ten os ollos,
a boca e mailo nariz;
a segunda alá en Bruxelas
ten un primo moi feliz,
e o todo leva sempre
a casa enriba de si.
|
|
|
|
Nº 3 |
|
Charada a incógnitas 4 / 6 = 10 de Buli
Vestiu con xeito o fidalgo
unha xxxx de veludo,
logo cavilou, paseando
pola yyyyyy, sisudo.
¿Resolveu algo?. ¡Calade!
¡Non tiña xxxxyyyyyy!
|
|
|
|
Nº 2 |
|
Charada a incógnitas 6 / 4 = 10 de Buli
Os de cuarto temos sede
e queremos varias xxxxxx,
eses refrescos con efe
que con te serían tantas.
Os de cuarto somos listos
e estudosos, e ademais
non nos quedamos no fácil
e queremos saber yyyy.
Envéxannos os de sexto
que Buli nos queira máis,
e por iso nos perseguen
coma seres xxxxxxyyyy.
|
|
|
|
Nº 1 |
|
Charada 1 / = 6 de Buli
A miña primeira clama
pola apertura bucal,
a miña segunda chama,
con es, o que a mañá fas,
o meu todo son cariños
que se dan canda os biquiños.
|
|
|
|
|
|
|
|
|