|
|
|
Nº 9 |
|
Charada 3 / 4 = 7 de Buli
MOITO CAMBIARON OS COCHES
Quen ía a ese número redondo
recibía un apelativo duro.
Nestes tempos sería para moitos
un cangrexo peludo.
|
|
|
|
Nº 8 |
|
Charada continuativa 4 3 7 de Buli
BONITA PLANTA
A que está preto de min
non é miña, del nin dela,
pero vémola tan bela
para poñer no xardín ...
|
|
|
|
Nº 7 |
|
Charada continuativa 4 3 7 de Buli
A SEMENTE PRODIXIOSA
Neste punto de ascensión
do tal feixón animal
púxose a cousa tan mal
que rematou a función.
|
|
|
|
Nº 6 |
|
Charada 4 / 4 = 8 de Buli
A VIDA DUNHA MISS
Non penses que vale pouco
ser unha miss afamada.
¡Poder viaxar por todo
o mundo en ondas de prata!.
|
|
|
|
Nº 5 |
|
Charada 3 / 5 = 8 de Buli
A primeira soa ben,
así tal como cho digo,
a segunda tena quen
fala, xoga, vai contigo,
o todo para a que vén
pasar un tempo comigo.
|
|
|
|
|
|
|