|
|
|
Nº 14 |
|
Charada 3 / 5 = 8 de Buli
Os vellos dinnos que as penas
con xxx parecen pequenas,
pero eu, mellor ca unha farta,
prefiro comer á yyyyy.
Nunha xxxyyyyy vou pór:
?Comede ben, por favor?.
|
|
|
|
Nº 13 |
|
Charada 3/2/3/2 = 10 de Buli
A primeira e mais a cuarta
están feitas de cristal,
a terceira coa segunda
para a tose non van mal,
e sempre vai camiñando
moi paseniño o total.
|
|
|
|
Nº 12 |
|
Charada 3 / 4 = 7 de Buli
A miña primeira clama
pola terra sen montañas,
a segunda dános fe
dunha ada que hai en se,
o meu todo é un brinquedo
que fai o lecer máis ledo.
|
|
|
|
Nº 11 |
|
Charada continuativa 2 5 7 de Buli
PRÁCTICAS DE TIRO
É plural mais definido
o carácter destes brancos.
Se afondas no seu destino
verás mortos sen atrancos.
|
|
|
|
Nº 10 |
|
Charada continuativa 4 3 7 de Buli
EXCURSIÓN BAIXO O SOL
Este é o punto no que
a pedra ¡non a toques! queima
nese lugar inzado de columnas
que falan de antigas xeiras.
|
|
|
|
|
|
|