A páxina de BULI


A páxina dos xogos enigmísticos
Con vocación de servir de alicerce, dende a mocidade, para a consolidación da actividade enigmística en galego.

O meu perfil
buli-reino-i@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR
Este blog está creado para fomentar a actividade enigmística en galego polo que a única condición para que as vosas achegas sexan publicadas é que estean neste idioma. Podedes participar, pois, sen límites de idade, nas dúas vertentes de creador e solucionador. No primeiro caso enviando as vosas colaboracións ao enderezo electrónico de contacto (buli-reino-i@mundo-r.com) e, despois de seren revisadas para que se adapten á normativa vixente, pasarán a seren expostas na sección correspondente baixo o nome ou pseudónimo co que queredes aparecer. No segundo caso, deixando as vosas propostas de solución en Comentarios. O blog revisarase cada mes e será entón cando entren as novas achegas. As solucións, se non aparecen antes pola colaboración dun participante, incluiranse mediante un “Comentario de Buli” na seguinte renovación, deixando así un tempo para que os cerebros traballen.

NOTA:
Existe un breve Manual de Enigmística que podedes baixar para saber como funcionan estes xogos.
Comentarios (1) - Categoría: - Instrucións - - Publicado o 11-04-2007 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



contador de visitas