|
|
|
|
|
|
| ESTIVEMOS NO DELTA DO EBRO, UN PARAISO PARA AS AVES. |
|
O delta fórmase pola depositación, nun espazo que adoita tomar unha forma triangular, do material arrastrado polos ríos ó se producir unha diminución brusca da velocidade do fluxo, que pode ser causada pola súa desembocadura no mar, nun lago, ou noutro río máis ancho e incluso nos océanos, aínda que isto último é menos frecuente. |
|
|
|
|
| O curso alto do Anllóns, como o protexemos? |
|
O río Anllóns percorre e define, xunto cos seus afluentes, a comarca de Bergantiños; desde o seu nacemento na Laracha, ata a desembocadura na ría de Corme e Laxe, pasando por Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana.
Dentro da Rede Natura atopamos como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais o seu curso medio e baixo. Nada atopamos do curso alto do río, xusto o tramo que discorre polo noso concello, desde o seu nacemento nas proximidades do monte Xalo. Pero as agresións a este ecosistema son continuas, no pasado e no presente: desde o asentamento dunha granxa porcina sobre unha das 3 fontes nas que nace o río, un encoro proxectado no seu principal afluente, o Acheiro (hoxe afortunadamente paralizado), talas indiscriminadas das árbores da ribeira, vertidos de augas residuais urbanas e puríns, introdución de especies invasoras, construción de áreas de ocio, etc., ata, nos últimos tempos, vertidos frecuentes de inxentes cantidades de sedimentos asociados ás obras do AVE en Cerceda.
A área de ocio de Gabenlle e o paseo fluvial, que se estende durante máis de 3 Km – desde a planta potabilizadora que proporciona auga ao núcleo da Laracha ata a EDAR que lle devolve as augas residuais do núcleo- achegou a numeroso público ao río, feito que non foi acompañado dunha valoración crítica das intervencións e usos, nin da difusión dos valores naturais do Anllóns.
Consideramos pois prioritario desde o IES Agra de Leborís da Laracha abordar a situación actual do curso alto do Anllóns.
Se tes información, fotos,... de agresións ao río, ou coñeces treitos nos que o bosque de ribeira estea especialmente ben conservado, ponte en contacto con nós. Estamos a recoller toda a información posíbel para valorar a situación do Anllóns ao seu paso polo noso concello. |
|
|
|
|
| Camiñando pola Costa da Morte: de Caión a Punta Nariga. |
|
A Costa da Morte non hai que inventala. Hai que protexela. No tempo dos parques temáticos, este é un parque máxico. A natureza fixo o seu traballo. Os deseños, as esculturas inimitables. Cada camiño convértese nun vieiro que revela segredos”.Manuel Rivas
O curso pasado realizamos dous roteiros percorrendo a costa entre Caión e Punta Nariga. O primeiro día dedicámosllo ao treito entre Caión e Baldaio-Razo. O segundo día visitamos o espectacular Rego dos Muíños, preto de Buño, para logo percorrer o sendeiro entre Malpica e cabo San Hadrián. Rematamos visitando Punta Narig: arte natural sobre granito. Clica aquí ou vai a "Fotos Bubela" para ver as diapositivas e comprobarás, como di Manuel Rivas, que se trata dun parque máxico, con esculturas naturais inimitábeis. |
|
|
|
|
| Onde queira que mires, en Baldaio atoparás vida. |
|
Este é o título dunha exposición que montamos hai xa dous anos para dar a coñecer o valor deste extraordinario espacio natural e as agresións que padeceu. Clica aquí ou vai a "Fotos Bubela" para ver as diapositivas deste traballo. A nosa mascota, unha area de seixo (como non podía ser doutro xeito, procedendo dun granito xenuinamente galego) achegarate a cada un dos hábitats que podes observar e disfrutar en Baldaio.
Porque Baldaio é moito máis que unha praia de veraneo!!! |
|
|
|
|
|
|