Club Brigantium


O punto de encontro das actividades de promoción de lectura no Club Brigantium.
*****
Empezamos en outubro de 2007 un novo proxecto; as actividades de fomento da lectura no Club Brigantium. Aqui poderás expresar as túas opinións sobre as cousas que vaiamos facendo e atoparás todas as novidades deste proxecto.
*****

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Verán 2008
Un celtista no templo do DeporPois a pesar de que algún intentou respostar... realmente non foi Teodosio a personaxe do apartado !Quen é?".

Para rirnos un pouco do gañador Juan Leira, fixemos a entrega esta vez na Sala de Prensa do Real Club Deportivo.

Así Juan, pobre celtista, tivo oportunidade de facerse unha foto nas instalacións dun equipo de Primeira.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-08-2008 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Maio
José Alberto Ortega cun dos premios
Ata o vindeiro 6 de xuño temos o novo concurso do Club de Lectura Brigantium.

Para a próxima ocasión contaremos dobre de cara ós sorteos as respostas acertadas plantexadas en anteriores meses.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2008 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mais actividades en abril
Daniel CodesidoNo mes de abril temos moitas posibilidades para conseguir o regalo... tantas que igoal repartimos dous agasallos.

A edición anterior tamén a gañou Juan Leira... non pode ser con tanta xente participando.

Daniel Codesido (na foto) errou unha adiviña que é moi fácil...

Cal é? Cal é?
O que non o adiviña ben burro é
.


Case tan doada coma a que temos este mes.

Moitas preguntas para que vos animedes a repostar e entrar no concurso.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2008 03:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Aberto o prazo para os concursos de febreiro.
Juan Leira recibe o agasallo de xaneiroHoxe día 19 abrimos o prazo para os concursos do mes de febreiro. Certo que xa estaba publicado na web, pero no estaba actualizado este blog, pendente da foto do gañador do pasado mes de xaneiro; neste caso un socio de Palaestra.

Juan Leira, delegado do equipo de xadrez recibiu o agasallo pola solución do acertixo.

¿Para cando algunha das adiviñas?
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2008 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Segunda edición da animación á lectura.
Xa temos aqui a segunda parte da campaña da animación.

Unha nova adiviña (xa que a primeira non foi resolta), un novo acertixo (empezamos cos mais doados) e diferentes textos e libro recomendado.

Agardamos as respostas ás adiviñas e o acertixo e felicitamos a José Manuel Andión que gañou un xogo de boligrafo e chaveiro pola súa pronta resposta na ocasión anterior.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2008 02:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Primeira actividade do Club Brigantium
Xa está publicada na web a primeira edición da serie de actividades do Club de Lectura Brigantium

As actividades que propoñemos son estas:

- Adiviña
- Concurso de relatos de AGAX
- Axudando a facer o boletín da Sociedade.
- Acertixo

Entre as respostas que recibamos para a adiviña e o acertixo regalaremos algún detalle.

Anímate, participa e comenta.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2007 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal