Bretema


un amencer único
A vida é o transcurso entre os nosos soños

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

amote
a letra desta presiosa cancion de Lara fabian demostra que te podo amar como un lobo, como un soladado ainda como o que non son.
amar e as veces tasn complicado de explicar que se podedes recomendovos a cancion ainda que non se entenda o idioma.
as veces non fai falta entender o que se di, so escoitar con sentimento

Je t'aime, Je t'aime
Comme un fou comme un soldat
Comme une star de cinéma
Je t'aime, je t'aime
Comme un loup, comme un roi
Comme un homme que je ne suis pas
Tu vois, je t'aime comme ça
D'accord, je t'ai confié tous mes sourires, tous mes
secrets
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
a forza do mar
a forza do mar levame hacia ti
e o mesmo tempo arredame da realidade.
a inmesidade vaime levando,
para nunca mais volver
Comentarios (0) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 09-08-2009 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SOIDADE NA NOITE


A soidade da noite lévame hacia ti,
hacia o teu sorrir.
A soidade da noite,
traime a tua lembranza,
mentres o teu aroma chega o meu soñar.

Quero estar contigo,
unha e outra vez,
quero levarte lonxe
onde o tempo no pase,
e non haxa dor nen penar.

Quixera pronunciar a palabra
que berra o meu corazón,
pero ti non crees
o que me ten tola de paixón.

Querote con todo o meu ser,
querote por ser como es,
querote porque son feliz o teu lado;
os meus ollos brilan por terte o meu carón.

Quixera berrarlle o mundo
que te quero con toda a ialma,
meu amor
Comentarios (2) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 08-07-2009 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
un paseo pola vida
as veces preguntome cal é o meu camiño, e se ise que sigo será o correcto; preguntome isto cada vez que vexo a cor branca das nuves pasar pola xanela e son elas as que mostran as dúbidas que pensaba esquecidas.
as veces so as veces pregunto se o camiño que sigo é o acertado?
so o tempo o dira, o tempo e as nuves que seguro volveran a miña xanela.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Preguntabas???
Morte e mais morte,
sangue e mais sangue,
loitas e mais loitas.
Cando e o fin?

Cando remata a loucura,
que nin sabemos
cando comezou,
nin como vai rematar.

Non teño respostas
a tantas preguntas,
pero non facemos
o posible para atopalas.

Só sabemos repetir,
morte e mais morte,
sangue e mais sangue,
loita e mais loita
Cando é o fin?
Comentarios (0) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 29-09-2008 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pensamentos
A carón de min vexo o leve fulxir
das aves cara o atardecer,
todo está quedo, coma morto
só se oe o leve murmuro da auga
que se vai abrindo camiño entre os xuncos.

E só o falcón voa, e nas suas as via surcando o ar.
Pero é a ledicia máis grande cando ó se por o sol,
observas como a natureza segue viva.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 22-09-2008 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Recordos dun pasado
Noite esquecida por todos
arroupame na tua escuridade,
quero perder o mundo de vista
non quero volver fuxir máis.

Son lembranzas dunha noite,
recordos dun pasado,
que nos parece tan loxano
pero que tan magoado
deixou o corazón.

Só a noite,
tenebrosa escuridade,
deixoume refuxiar
nas suas entranas,
cheas de misterio,
e oscura loucura
que a todos fai tolear.





Comentarios (2) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 04-08-2008 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SUSPIROS
Só suspiros,
só unha bagoa
e nada máis,
¿que é o que esperabas?,
sorrisos e unha boa apreta,
sinto decirche
que xa non sei
o que significa iso.

Ti, estás calado
i é tanto o silencio
que nos invade
que ata podo sentir
os latexos do teu corazón,
e como os suspiros
escapan dos teus beizos.

¿É que tes medo?
Pero non sabes de que telo.
Eu direiche de quen.
Tes medo de abrir
os ollos e estar so,
sen ninguén,
sen sorrisos
nen apretas,
só ti
e a soidade
Comentarios (4) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 02-07-2008 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Vida
É o sorriso dun neno
o máis fermoso agasallo,
xa que nel vese esperanza,
porque él non coñece a vida.

Cando o neno medre
e se converta en rapaz,
seguirá sorrindo,
un sorriso pícaro
que alegra a miña vista,
pero inda non coñece o sufrimento.

E despois
cando miro para él
xa é un home,
e xa non vexo
o seu fermoso sorrir.

¿Coñeziches a vida? Pregunteille.
Pero xa non fixo falta
que me respondera,
a sua face xa o fixera.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 01-07-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un triste adeus
Os meus ollos están tristes, por ti,
hoxe vin como morrias,
o teu lado van chorando
aqueles que tanto te adoraran.

Eu vou camiñando,
hacia ti,
cun no na gorxa,
que non me deixa falar,
quero mirar pero non podo,
non podo recordarte así,
haí sen sorrir.

Vou correndo
e mentres camiño
o ar
vaime dando na faciana
e as bagoas empezan a caer,
sen parar...

Enterraronte ,
eu non te vin,
perdoame,
sei que ti faralo,
porque ti es así.

O nó na gorxa desaparece e no seu lugar
estás ti e os teus recordos.
Comentarios (2) - Categoría: Poesía en galego - Publicado o 13-06-2008 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal
o solpor das nosas vidas mira deseguido